• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
MULLER E DEPORTE: beneficios para a saúde
18/05/2011    Máis novas
O vindeiro mércores 25 de maio ás 20.00 h, finaliza o ciclo "Muller e saúde integral" que a concellería de Igualdade está a organizar na Casa das Mulleres desde o mes de abril co obxectivo de promover a mellora da calidade de vida e a saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas.

Nesta ocasión colabora con nós a Fundación VIDE para a exposición do relatorio: "Muller e deporte: beneficios para a saúde".

Contarase coa intervención de:

Dona Iolanda Veloso Ríos, concelleira de Igualdade

Dona Natividad Pérez e Dona Marta Goce (fisioterapeutas de POVISA)

Don Elias Festa (traumatólogo)

Dona Marta Fernández (atleta e psicóloga)

Dona Mercé Barrientos (presidenta da Federación Galega de Taekwondo)

Dona Tamara Abalde (xogadora internacional de baloncesto)

Dona Mila Alonso (xornalista)


Data: mércores 25 de maio ás 20.00 h
Lugar: CASA DAS MULLERES. R/ Romil, 20 baixo. Vigo


Actividade enmarcada nas actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo (2009-2012).

ARQUIVOS ADXUNTOS:
muller_e_deporte.pdf  144 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100