Novas
A mostra "Con A de astrónomas" pode visitarse na Casa das Mulleres
07/10/2011 Máis novasA Casa das Mulleres acolle durante todo o mes de outubro a exposición "Con A de astrónomas".
Con A de astrónomas, é froito do traballo de 9 mulleres astrónomas de distintos centros de investigación, atopándose entre elas Josefina Ling, profesora de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, que exerce ademais como comisaria da exposición xunto a astrónoma Eulalia Pérez Sedeño.
A dita exposición presenta un percorrido polo papel da muller na Astronomía, a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astrofísica, onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días. A descuberta dos púlsares, a estrutura a gran escala do universo ou a medida das distancias estelares pasearán ante os nosos ollos explicados dunha meneira divulgativa e amena. Os paneis que conforman a exposición tratan conceptos astronómicos, contextualizan a historia da astronomía mostrándonos a relación entre a astronomía e a cultura, visibilizando a achega das mulleres a esta ciencia.
A mostra, estará aberta á cidadanía e pódese visitar durante todo o mes de outubro, de luns a venres de 17:30 h. a 21:30 horas,
Lugar: sala de exposicións da Casa das Mulleres. R/Romil,20
Outras actividades complementarias relacionadas co papel das mulleres na astronomía son:
☼Relatorio, “ O papel da muller na Astronomía”, o venres, 21 de outubro ás 19:00 horas.
☼Proxección e debate da película “ Ágora “, o venres 28 de outubro ás 18:30 horas.
As actividades están dirixidas a toda a cidadanía (ata completar aforo do local) e a participación será será libre e gratuíta. Contarase coa presenza da profesora de Astronomía e Astrofísica da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago e comisaria da exposición, Dona Josefina Ling.