• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Charla-coloquio: ENREDÁMONOS NAS REDES...?
15/11/2012    Máis novas
O martes, 20 de novembro, o Auditorio municipal acollerá a charla-coloquio "Enredámonos nas redes...?", organizada pola Concellería de Igualdade co obxecto de transmitir a información necesaria para previr a violencia de xénero nas redes sociais entre a mocidade

Esta charla pretende transmitir a información necesaria para previr a violencia de xénero nas redes sociais entre a mocidade.

Está dirixida a todas as persoas interesadas e especialmente a aquelas que teñan fillas e fillos ou traballen/colaboren con xente nova, ben no ensino ou en colectivos sociais e/ou xuvenís.


Relatora: Ianire Estébañez Castaño (Psicóloga), especialista en violencia de xénero na xuventude e autora do blog minoviomecontrola...lonormal

Contidos:
.- Como empregan as rapazas e os rapaces as redes sociais (para que, con quen...). Análise dos riscos aos que están expostos/as

.- Que significa ser acosada/acosado polas redes, que é o cibercontrol.

.- Como se manifesta a violencia sexista a través das redes. Exemplos de ciberviolencias.

.- A utilización de internet como medio para educar nas novas tecnoloxías en igualdade.

.- Boas prácticas para o emprego dunha linguaxe axeitada que favoreza unha boa comunicación, sen nos enredar...!


Data e horario: martes, 20 de novembro de 18,30 a 20,30 h.

Lugar de realización: Auditorio Municipal, praza do Rei, 1.


Entrada libre ata completar o aforo.
Non se require inscrición previa. Ver programa no arquivo adxunto.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Enredamonos_nas_redes_20_nov.pdf  350 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100