• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Semana Orgullo 25-29 xuño Vigo 2013
25/06/2013    Máis novas
A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, presentou os actos da Semana do Orgullo, que comezan hoxe martes e rematan o sábado cunha manifestación ás 19:30 horas con saída na farola de Urzáiz convocada pola Asociación Nós Mesmas. Hoxe, ás 20 horas, inaugúrase o programa con "Visibilidade e activismo. Obras da Colección Visible de arte LGTB", mostra que estará na Casa das Artes ata o 21 de xullo.

Isaura Abelairas compareceu este martes en rolda de prensa para presentar o programa da Semana do Orgullo, con José Ángel Santoro -coordinador do grupo LGTB Sete Cores de Vigo- e Pablo Peinado -coordinador da Colección Visible-. A concelleira explicou que estes actos inciden no "recoñecemento" dos gais, lesbianas, transexuais e bisexuais, "que teñen exactamente os mesmos dereitos" que calquera outro cidadán, e amosan o "apoio" do goberno de Vigo á igualdade.

Hoxe martes da comezo as actividades da reivindicativa Semana do Orgullo na cidade coa mostra "Visibilidade e activismo. Obras da Colección Visible de arte LGTB", que se inaugura ás 20 horas na Casa das Artes. A exposición, con obras inéditas, poderá ser visitada ata o próximo 21 de xullo e, entre o 26 e o 28 deste mes, ofrecerá percorridos guiados para as persoas asistentes.

O mércores 26, ás 19:30 horas, proxectarase o documental "Arte Gay busca casa", na Casa Galega da Cultura, na praza da Princesa. O xoves, 27 de xuño, ás 19:30 horas, está programada a conferencia "A crise e os valores" a cargo de Ángeles Álvarez Álvarez, no salón de actos do MARCO.

Ás 19:00 horas, performance "Over de rainbow" e actuación da escola de danza Media Punta con "Breackthru" na rúa do Príncipe. Ás 22:00 horas, Orgullo Vigo 2013 con Shangay Lily e Djs: Samantha Calvario e Lano del Rey, na praza da Constitución.

Programa nos arquivos adxuntos:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
flyer.pdf  754 KB
A3.jpg  633 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100