Novas
Apertura prazo inscrición obradoiros na Casa das Mulleres
02/10/2018 Máis novasA Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizaran esta formación (ou similar) con anterioridade.
Inscrición previa desde o martes 3 de outubro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do teléf. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .
Obradoiro de escritura. “Escribir a nosa historia” (iniciación)
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos: propiciar a visibilidade do colectivo de mulleres; favorecer o empoderamento da nosa expresión e o recoñecemento das mulleres como protagonistas e fortalecer a súa identidade.
Contidos:
A actitude creativa. Técnicas de desbloqueo: xogos para desaprender. Como percibimos: a información dos sentidos. O ritmo da escritura: a respiración dun texto. Argumento, trama e estrutura dunha historia. Quen escribe? Tipo de narradoras e narradores. As poboadoras e poboadores do pasado: creación de personaxes. A paisaxe dos nosos recordos: técnicas descritivas. O subconsciente e os soños.
Formadora: Graciela Baquero Ruibal
Período e horarios: martes de 18:00 a 20:30 h, do 16 de outubro ao 18 de decembro. 25 horas
Prazas limitadas
Obradoiro de pintura. “O obxecto e o espazo cotiá na arte do s. XX na obra de mulleres artistas”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos:
Coñecer a relevancia do obxecto na arte do s. XX, como lugar de reflexión e interpretación da realidade social, así como, reflexo, corpo e manifestación dun espazo interior dende a perspectiva do traballo realizado por mulleres artistas. Fomentar a interpretación e creación a partir de espazos comúns, marxinais e próximos realizando propostas individuais e colectivas. Coñecer e xogar coas posibilidades plásticas que nos ofrecen os diferentes soportes e materiais cotiás, da nosa contorna. Potenciar e invitar á experimentación, á creación e ao xogo dende a nosa subxectividade, mirada e propia experiencia, a través da dimensión que adquire e caracteriza a arte do século XX. Desenvolver a nosa capacidade expresiva, creativa, experimental, atenta e crítica coa contorna.
Contidos:
Un obxecto imposible; tecidos -des- comunais; obxecto de desexos – o poder da caída; a marxinalidade do sagrado; o obxecto da sombra, escenas da memoria; o estraño e o familiar; a palabra, obxecto de poder,enunciados; a morfoloxía dun ouveo.
Formadora: Iria V. López
Período e horario: luns e xoves de 18:30 a 21:00h, desde o 18 de outubro ao 22 de novembro. 25 horas
Prazas limitadas