• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Actividades no Centro de Documentacion e Recursos Feministas. Xaneiro-Abril 2019
04/02/2019    Máis novas
O Centro de Documentación e Recursos Feministas dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo difunde o seu programa de actividades que se desenvolverán no dito centro ata o vindeiro mes de abril.

Entre as numerosas e diversas actividades atoparedes as seguintes: presentacións e faladoiros de libros, club de lectura, visitas escolares, formación de usuarias, etc.

Ademais, ofértase unha nova iniciativa que o Centro de Documentación vai poñer en práctica: "Editando e sumando mulleres na Wikipedia" comezando coa organización do "Obradoiro de edición en Wikipedia" que impartirá Montserrat Boix
O obxectivo desta actividade é formar mulleres para que aprendan a editar na Wikipedia e Galipedia e que colaboren na incorporación de contidos, reducindo así a brecha de xénero e aumentando o número de mulleres editoras nestas enciclopedias colaborativas.
A iniciativa, que consta de varias actuacións que se describen no documento adxunto, comenza coa seguinte actividade:
OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á EDICIÓN EN WIKIPEDIA
impartido por Montserrat Boix
Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Martes 26 de febreiro, de 16:30 a 20:30 horas

Montserrat Boix é a creadora en 1997 de Mujeres en Red, unha red internacional e un espazo pioneiro en internet na defensa dos dereitos das mulleres e cofundadora de “Wikimujeres” un grupo oficial de usuarias que recibiu o recoñecemento oficial da Fundación Wikimedia en 2015.
Requisitos para participar:
Actividade gratuíta e prazas limitadas
Prazo de inscrición: do 1 ao 19 de febreiro
Recoméndase levar o propio equipo informático para editar e activar previamente, no caso de non ter, unha conta en Wikipedia.
Máis información e inscrición previa:
teléfonos 986436441 - 631179252
centro.documentacion.feminista@vigo.org

Nos arquivos adxuntos pódese consultar o programa completo de actividades do Centro así como obterase información ampliada para participar no grupo de edición de Wilipedia.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Programa_CDRF_2019_1.pdf  257 KB
Poster_CDRF_2019_1.pdf  195 KB
Poster_CDRF_2019_1.jpg  315 KB
Wikimulleres_Carta.pdf  807 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100