• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Obradoiro de iniciación á Wikipedia.Edición en Galipedia no Centro de Documentación Feminista
26/04/2019    Máis novas
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informamos do comezo de prazo de inscrición para a participación na seguinte actividade:

II OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á WIKIPEDIA: EDICIÓN EN GALIPEDIA
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Xoves 9 de maio, de 16:30 a 20:30 horas impartido por María Zaos, editora da Wikipedia en galego.

II OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á WIKIPEDIA: EDICIÓN EN GALIPEDIA
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Xoves 9 de maio, de 16:30 a 20:30 horas

Imparte o obradoiro: María Zaos, editora da Wikipedia en galego.

Obxectivo do Obradoiro:
Formar mulleres para que aprendan a editar na Wikipedia e que colaboren na incorporación de contidos, reducindo así a fenda de xénero e aumentando o número de mulleres editoras nestas enciclopedias colaborativas. Se ben moito do que se dará nesta sesión de edición é aplicable a outras wikipedias, o obradoiro tratará ás políticas propias e libro de estilo da Wikipedia en galego (Galipedia)


Requisitos para participar:
Actividade dirixida a mulleres, gratuíta e con prazas limitadas
Terán preferencia as participantes que tivesen realizado o I Obradoiro

Prazo de inscrición: 26 de abril a 6 de maio

Recoméndase levar o propio equipo informático para editar e activar previamente, no caso de non ter, unha conta en Wikipedia.


Inscricións:
As inscricións realizaranse entregando a ficha de inscrición cuberta e asinada ( ficha adxunta en formado .pdf editable), a través dun destes medios:

Centro de Documentación e Recursos Feministas: r/ Joaquín Yañez, 6-2º andar ( Vigo) persoalmente en horario: luns e venres de 10:30 a 13:30 h. - martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30 h ou a través do enderezo electrónico centro.documentacion.feminista@vigo.org

Concellería de Igualdade do Concello de Vigo . 1º andar do Concello de Vigo, persoalmente en horario de luns a venres de 9:00 a 13:30 h ou a través do enderezo electrónico ofi.muller@vigo.org


Máis información:
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. T. 986 436 441 centro.documentacion.feminista@vigo.org
Horario: luns e venres de 10:30 a 13:30 h. - martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30h
Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel"
R/ Joaquín Yañez, 6-2º
36202 Vigo
T. 986 436 441

Ficha de inscrición en formato .pdf editable en arquivo adxunto

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Ficha_inscricion_actividades_CDRF_EDITABLE.pdf  348 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100