Novas
Programa de actos con motivo do 8M. Día Internacional das Mulleres
26/02/2023 Máis novasPrograma de actos que a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller organizamos en marzo con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres.
Diferentes espazos da cidade acollerán durante o mes de marzo unha ampla e variada programación de actividades:
AVISO IMPORTANTE sobre modificacións do programa:
Debido as condicións metereolóxicas previstas para este martes 7 de marzo a actividade prevista ao aire libre sufre a seguinte modificación:
- Contacontos de igualdade para nenas e nenos a partir de 4 anos, a cargo de Beatriz Campos, trásladase ao espazo de lecer da Casa de Xuventude. (R/ López Mora, 31).
Só entrarán as cativas e os cativos na actividade, quedando baixo a supervisión do persoal do espazo de lecer. Mantense a mesma hora do programa: 17:30 h. Aforo limitado.
O mércores 8 de marzo, celebrarase o Pleno específico do Consello da Muller na sala de plenos do Concello. Pola tarde, o Feminismo Unitario de Vigo convoca a manifestación que sairá ás 20:00 desde a Praza de España.
O xoves 9 de marzo, a Casa Galega da Cultura acollerá o recital aberto de poesía de xénero conducido por Iolanda Zúñiga.
O venres 10 de marzo, terá lugar o acto de entrega do XI Premio de Igualdade "Ernestina Otero" que nesta edición 2023 distingue a Paz Filgueira Paz.
O sábado 11 de marzo realizarase a visita guiada polo percorrido do roteiro "Sons de Mulleres " a cargo de María Casar.
O martes 14 e o mércores 15 de marzo, proxectaremos no Auditorio Municipal os filmes "La boda de Rosa" e "Retrato de una mujer en llamas".
O xoves 16 de marzo, representarase no Auditorio Municipal a peza teatral "As que limpan", escrita, dirixida e interpretada por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Unha creación de A Panadaría
E o sábado 18 de marzo, no salón de actos do MARCO , pecharemos o programa coa actuación musical de HABELAS HAINAS
Para obter máis información sobre os actos, descarga o programa completo nos seguintes arquivos adxuntos:.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Acto_de_entrega_do_XI_Premio_de_Igualdade_Ernestina_Otero_a_Paz_Filgueira.pdf 1294 KB
8M_Cartel.pdf 1740 KB
Octavilla_8M.pdf 1685 KB