Novas
Aberto o prazo de inscrición para participar nas Xornadas Formativas 25N "O negacionismo é machismo
14/11/2023 Máis novasAberto o prazo de inscrición para participar nas Xornadas Formativas 25N "O negacionismo é machismo". Luns, 27 e martes, 28 de novembro
Difundimos o programa das xornadas formativas que organizamos xunto co Consello Municipal da Muller, que se realizarán durante os días 27 e 28 de novembro de 2023 pola tarde, na sala de conferencias da sede Afundación (rúa Policarpo Sanz, 26).
Baixo o lema "O negacionismo é machismo" as xornadas teñen por obxecto:
. Fomentar a participacion e a implicación da poboación na promoción dunha cultura igualitaria e na prevención da violencia de xénero.
. Habilitar un espazo e tempo de formación e reflexión persoal en relación á igualdade e a violencia de xénero.
. Visibilizar a violencia de xénero como manifestación extrema da desigualdade coa finalidade de acadar un cambio de modelo de relación social baseado na igualdade.
Contaremos coa presenza das seguintes relatoras: Yolanda Domínguez Rodríguez, Paz Filgueira Paz, Cira García Dominguez, Silvia Buabent Vallejo, Priscila Retamozo Ramos, Cristina Louzán García, As Peaky Branders (Iria Otero e Sara Piñeiro), e Silvia Pérez Freire.
As prazas son limitadas. As persoas que desexen asisitir deberán realizar unha inscrición previa enviando cuberto o formulario de inscrición (está en formato editable) a xornadas.igualdade@vigo.org
A organización confirmará praza por rigoroso orde de inscrición.
As persoas que asistan á totalidade das xornadas recibirán diploma acreditativo da súa asistencia emitido pola Concellería de Igualdade.
Para obter información completa do programa así como o formulario de inscrición en formato editable débense descargar os seguintes arquivos.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Formulario_inscricion_xornadas_formativas25N___Editable_.pdf 695 KB
Diptico_25N___2023_definitivo.pdf 1150 KB