• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de coeducación EMPATÍA
15/10/2010    Máis novas
A concelleira de Igualdade e Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este mércores a segunda edición do programa Empatía, que o ano pasado chegou a 761 alumnos e alumnas e 15 profesores e profesoras. Segundo a concelleira nacionalista, o proxecto ten o obxectivo de "fomentar a educación no valor da igualdade" mediante a participación de toda a comunidade educativa dos centros de ensino de Vigo de ESO e Bacharelato

Iolanda Veloso explicou que unha parte importante do Plan de Igualdade do Concello de Vigo é o traballo no eido educativo, polo que a Concellería de Igualdade puxo en marcha hai dous anos o programa Empatía tendo en conta a situación específica do alumnado de ESO e Bacharelato, cando os rapaces e rapazas teñen que construír a súa propia identidade e escoller os seus valores entre mensaxes moitas veces contraditorias.

A escola ten que xogar o papel cara á posibilidade de vivir nunha sociedade na que non haxa desigualdades e discriminación de xénero. Queremos que os rapaces e rapazas se constitúan en axentes de cambio da sociedade, fuxindo dos estereotipos.

O programa inclúe catro módulos, dirixido cada un deles a cada ámbito da comunidade educativa, alumnado, profesorado, pais, nais e titores, e finalmente un módulo que inclúe obradoiros breves "axustados á duración das sesións escolares" e conferencias sobre cuestións como a violencia de xénero, o sexismo nos medios de comunicación ou as mulleres na ciencia.

Os centros da ESO que desexen participar tendrían que cubrir a folla de inscripción e enviala por fax ao 986 430 082 ou ao seguinte enderezo electrónico: ofi.muller@vigo.org

Adxuntamos un dossier e a folla de inscripción.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Dossier.pdf  135 KB
empatia_folla_de_inscripcion.pdf  177 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100