• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Aberto o prazo para participar na Convocatoria de Subvencións
05/06/2009    Máis novas
Tras a publicación o día 4 de xuño de 2009 no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller no ano 2009 (aprobada pola Xunta de Goberno local o 11 de maio), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes.

As entidades interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes establécese en vinte días
naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 5 ata o 24 de xuño de 2009, ambos incluídos.

As bases e os impresos para participar na convocatoria pódense descargar nesta web ou tamén solicitalos na Oficina de Información do Concello.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
bases_convocatoria.pdf  171 KB
anexo_2_programacion.pdf  193 KB
anexo_3_declaracion__xurada.pdf  104 KB
anexo_4_memoria.pdf  170 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100