• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
![]() |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Novas
Exposición "VERMELLAS. Chamábanlles rojas" 23/02/2011 ![]() Coa próxima inauguración da exposición "VERMELLAS. Chamábanlles rojas", o Consello Municipal da Muller e maila concellería de Igualdade damos comezo aos distintos actos e actividades que ao longo de febreiro e marzo organizamos co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. "VERMELLAS. Chamábanlles rojas" é unha exposición que pon nome e rostro ás mulleres represaliadas en Galicia tras o golpe de estado de 1936. Sitúanos no escenario de conculcación dos dereitos humanos que se estableceu tras o golpe militar de 1936, no que a muller é vítima dunha cotidianidade caracterizada por rexistros domiciliarios acompañados de ameazas, saqueos ou maltratos. A exposición deixa constancia documentada dun número significativo de mulleres vítimas directas da represión. Unhas sancionadas, enxuízadas, postas ante pelotóns de fusilamento, atopadas tiroteadas nas cunetas ou desaparecidas; outras rapadas e purgadas nun contexto de abusos e escarnio dos vencedores. Pero tamén mostra mulleres capaces de rebelarse contra a pretendida vergoña social, que posiblemente como unha forma de amosar desrpezo tanto polo castigo como polos que o levan a cabo, mostran publicamente a súa cabeza pelada e se fan fotos que negan o esquecemento dunha época non ltan lonxana na que a socialización do terror precedeu a unha longa ditadura.
ARQUIVOS ADXUNTOS: |