Novas
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS. Programa actividades abril e maio
01/04/2011
Máis novasA concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este xoves aos medios o programa de actividades que acollerá o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo durante os meses de abril e maio.
As actividades propostas enmárcanse nas actuacións do IV Plan integral de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo e se suman aos servizos que ofrece este espazo, aberto hai un ano: xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade.
Entre as variadas actividades programadas, están:
. Ciclo de charlas sobre mulleres con discurso feminista "Mulleres con Historia": Olimpe de Gouges, Mary Wollstonecraft, Urania Mella e María Barbeito
. Videofórum da Rede de Mulleres veciñais contra os malos tratos: "Precious" e "El erizo"
. Presentación de Libros: "Parir a liberdade: o movemento feminista en Galicia" e "Lidia Senra: a historia dun liderado entrañable"
. Obradoiro literario "Nós tamén escritoras"
Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas
Biblioteca Pública Central
R/ Joaquín Yañez 6-2º
Programa completo e máis información sobre o ciclo de charlas "Mulleres con Historia", nos arquivos adxuntos:
ARQUIVOS ADXUNTOS:
FOLLETO_CDRF_V3.pdf 1635 KB
Folleto_charlas_V3.pdf 65 KB