Novas
Cursos nas asociacións veciñais do programa de formación persoal "Ser muller é unha boa idea"
06/02/2015
Máis novasPrograma de Formación Persoal nas asociacións promotoras da Igualdade Outubro 2014/ xuño 2015
Acadar a igualdade real entre mulleres e homes é un fin que todas e todos deberíamos perseguir, pois só así conseguiremos unha sociedade máis xusta e igualitaria.
A Concellería de Igualdade promove anualmente a convocatoria dun programa de formación persoal en colaboración con asociacións promotoras de igualdade da cidade. Os cursos desenvólvense nestas entidades, que son as asociacións de mulleres e vogalías da muller das asociacións veciñais adheridas ao programa.
A Concellería oferta 52 horas de formación en cada asociación durante o período do programa que abrangue desde o mes de outubro de 2014 a xuño de 2015 dirixido especialmente ás mulleres maiores de 18 anos, aínda que o módulo de igualdade de oportunidades é mixto.
Os cursos son gratuítos. As mulleres interesadas en realizar algún deberán poñerse en contacto coas asociacións e vogalías da muller das asociacións veciñais para solicitar información dos módulos formativos elixidos polas entidades.
As inscricións formalizaranse nos locais das asociacións e terán prioridade as mulleres (e os homes no caso do módulo de igualdade) que pertenzan ao barrio, sexan ou non socias da asociación veciñal.
Periódicamente, en función das solicitudes que vaian presentando as vogalías da muller, iremos actualizando a listaxe con novos cursos.
En arquivo adxunto pódese consultar a relación de cursos aprobados ata o de agora e as entidades nas que se van impartir.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
5_listado_cursos_asociacions_vecinais_2015.pdf 167 KB