Novas
Programa de actos en Vigo con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
26/02/2016
Máis novasA Concellería de Igualdade do Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller, organiza unha serie de actos e actividades no mes de marzo con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres.
O programa, baixo o lema: "Tempos sen exclusión das mulleres" recolle diversas actividades: proxeccións de documentais, cine infantil, contacontos, recital aberto de poesía, encontro do Consello cos medios de comunicación, actuación musical e entrega do IV Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a Dona. Coral del Río Otero.
Todas as actividades, agás o encontro cos medios e a entrega do Premio de Igualdade, son abertos ao público ata completar o aforo dos locais.
O IV Premio de Igualdade "Ernestina Otero" entregarase no transcurso dunha cea no Hotel Coia o venres, 11 de marzo ás 22h. Prezo do menú: 25 €. As persoas interesadas en asistir deberán realizar a reserva ata o día 9 de marzo contactando por teléfono con Ángeles Arias Tlf. 654401709 ou Elena Rodríguez Tlf. 679151339
En arquivos adxuntos pódese consultar a programación completa.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_actos.pdf 1072 KB
IV_premio_igualdade_Ernestina_Otero.pdf 1344 KB
programa.pdf 1563 KB