Novas
III Xornadas Municipais Unidas contra as violencias machistas.16 e 17 novembro
27/10/2018
Máis novasA Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller organizan unha nova edición das Xornadas Municipais Unidas contra as Violencias Machistas que este ano levan por título "Deconstruamos a violencia cun enfoque feminista".
Ditas xornadas desenvolveranse en Vigo durante os días 16 e 17 de novembro. Venres en sesión de mañá e tarde e sábado en sesión de mañá.
Lugar de realización: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/ Policarpo Sanz, nº 26. Vigo
Nos arquivos adxuntos pódese descargar o díptico informativo en formato .pdf e .jpg co programa das xornadas e a ficha de inscrición. No caso de querer participar, deberase cubrir a ficha de inscrición ( o arquivo .pdf está en formato editable para que, unha vez descargado, se poida cubrir directamente no dispositivo electrónico) e enviar a través do fax nº 986 430 082 ou enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org
Inscrición gratuíta. Aforo limitado. As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición. A organización comunicará a confirmación da praza.
Entregarase diploma acreditativo da asistencia
ARQUIVOS ADXUNTOS:
diptico_programa_xornadas_Igualdade_Vigo_2.pdf 2285 KB
Diptico_programa_xornadas_Concelleria_Igualdade_Vigo.jpg 382 KB
diptico_programa_xornadas_Igualdade_Vigo_1.jpg 326 KB