Novas
Neste Nadal "A volta ao mundo desde a mirada das mulleres", obradoiros lúdicos de Igualdade para nenas e nenos de 3 a 12 anos
10/12/2021
Máis novasO Servizo de Igualdade oferta para as nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade uns obradoiros lúdicos neste Nadal baixo o título "A volta ao mundo desde a mirada das mulleres"
Nun percorrido polo mundo a través da mirada das mulleres, as nenas e os nenos poderán participar na realización de 4 obradoiros: papiroflexia, animais fantásticos, modelaxe e pasaporte.
Desde o 18 ata o 30 de decembro en horario de mañana e tarde, a xente miúda poderá gozar dun espazo de entretemento e didáctica con perspectiva de xénero. Os obradoiros desenvolveranse en diferentes espazos e zonas da cidade: Teis, Bouzas, Samil, Casco Vello e zona Centro.
NORMAS XERAIS:
- Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos
- Inscrición por orde de chegada
- Prazas limitadas segundo a capacidade de cada local e atendendo ás normas de prevención e protección fronte á COVID-19
- Uso obrigatorio de máscara
- Non está permitido comer durante a participación na actividade
Información completa de datas, horarios e espazos onde se desenvolverán os obradoiros nos seguintes arquivos adxuntos en formato .pdf e .jpg
ARQUIVOS ADXUNTOS:
cartel_programacion_obradoiros_igualdade_en_Nadal.jpg 5834 KB
cartel_programa_obradoiros_Igualdade_en_Nadal.pdf 209 KB