• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Aberto o prazo de inscrición para asistir ás xornadas formativas "A violencia económica exercida sobre as mulleres", 19 e 20 de marzo
10/03/2025    Máis novas
Aberto o prazo de inscrición para asistir ás Xornadas Formativas "A violencia económica exercida sobre as mulleres. Control económico, sabotaxe laboral e explotación económica" que organiza o Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller.

As xornadas desenvolveranse durante os días 19 e 20 de marzo, en horario de tarde, na sala de conferencias da sede Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26.

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, emitirá diploma acreditativo ás persoas que asistan á totalidade das xornadas.

Prazas limitadas. É preciso inscrición previa enviando o formulario de inscrición cuberto ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org

A organización confirmará as prazas por orde de inscrición.

En arquivos adxuntos pódese descargar o díptico co programa completo así como o formulario de inscrición en formato editable.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
Formulario_de_inscricion.pdf  455 KB
diptico_con_programa_.pdf  547 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100