• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de actos con motivo da conmemoración do 25N. Do 12 ao 28 de novembro
10/11/2025    Máis novas
Programa de actos con motivo da conmemoración do 25N- Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Do 12 ao 28 de novembro

Informámosvos do programa de actos, que, con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, organiza o Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller.

O programa inclúe numerosos e diversos actos de interese desde o mércores 12 de novembro, ata o venres 28 de novembro: charlas divulgativas, actuacións musicais, proxección de filmes , obras de teatro, xornadas formativas, sesións para escolares, etc.

O programa comeza este mércores 12 de novembro coa actuación musical de "XOANA" no Auditorio Municipal (Praza do Rei) ás 19:00 h.

Agás indicación contraria todas as actividades teñen entrada libre ata completar a capacidade do local.

As xornadas formativas sobre "A cosificación e a mercantilización do corpo das mulleres" celebraranse de forma presencial as tardes dos días 17 e 18 de novembro. Será necesaria a inscrición previa enviando o formulario adxunto (está en formato editable para encher os datos) ao enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org
A organización confirmará a dispoñibilidade de praza. Ao remate das xornadas entregase diploma de asistencia ás persoas que asistisen á totalidade das sesións formativas.

Descarga de documentos anexos para obter información completa do programa de actos e do programa específico das xornadas formativas dos días 17 e 18 de novembro así como o seu formulario de inscrición.

ARQUIVOS ADXUNTOS:
formulario_inscricion_xornadas_.pdf  260 KB
programa_xornadas_formativas_17_e_18_novembro.pdf  2051 KB
programa_de_actos_novembro_25N.pdf  2577 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100