Novas
Programa de actos en marzo, con motivo da conmemoración do 8M- Día Internacional da Muller
27/02/2026
Máis novasPrograma de actos con motivo da conmemoración do 8M- Día Internacional da Muller. Do 5 ao 25 de marzo
Infórmase do programa de actos, que, con motivo da conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller, organiza o Concello de Vigo, en colaboración co Consello Municipal da Muller.
O programa inclúe numerosos e diversos actos de interese desde o xoves 5 ata o mércores 25 de marzo: actuacións musicais, proxección de filmes , obras de teatro e danza, monólogos teatrais, recital aberto de poesía de xénero, pleno específico do Consello Municipal da Muller, presentación de libro, visitas guiadas, finalizando cunhas xornadas formativas.
O programa de actos comeza o xoves 5 de marzo coa actuación musical a cargo de "Gala e Ovidio" no Auditorio Municipal (Praza do Rei) ás 19:00 h.
Agás indicación contraria no programa, as actividades teñen entrada libre ata completar a capacidade do local.
As xornadas formativas sobre "A igualdade e o feminismo. Entre os avances acadados e os novos desafíos" celebraranse de forma presencial as tardes dos días 24 e 25 de marzo. Será necesaria a inscrición previa. Nos vindeiros días poderase descargar o programa completo das xornadas, así como o formulario de inscrición, nesta web
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Cartel_programa_actos_8M.pdf 1331 KB
Diptico_programa_actos_8M.pdf 1264 KB