• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Programa de actos con motivo da conmemoración do 25N- Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Do 10 ao 26 de novembro
06/11/2026    Máis novas
Programa de actos que, con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, organiza o Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller.

O programa inclúe numerosos e diversos actos de interese desde o martes 10 de novembro ata o xoves 26 de novembro: pezas teatrais, actuación musical, proxección de filmes e documentais, espectáculos de danza, xornadas formativas, sesións para escolares, etc.
O programa comeza este martes 10 de novembro coa representación da obra de teatro “Crisálidas” da compañía Atrezo Teatro, no Auditorio Municipal (Praza do Rei) ás 20:00 h.

Salvo indicación en contrario, todas as actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade do local.
As xornadas formativas sobre "Ocupar a palabra. Habitar as redes" celebraranse de forma presencial as tardes dos días 23 e 24 de novembro. Será necesaria a inscrición previa a través de formulario específico que se difundirá nos vindeiros días.


Descarga de documentos anexos para obter información completa do programa de actos

ARQUIVOS ADXUNTOS:
cartel_programa_actos_25N.jpg  3533 KB
DIPTICO_PROGRAMA_ACTOS_25n.pdf  1377 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100