Novas
CONTACONTOS PARA NENOS E NENAS DE 6 A 12 ANOS
26/03/2009
Máis novasO sábado 4 de abril o Verbum acollerá a realización do contacontos
“O MENIÑO NITO. Entón, os homes choran ou non?
Esta actividade organizada pola Concellería de Igualdade en colaboración co Servizo Galego de Igualdade está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade preferentemente.
O conto narra o dilema no que se encontra Nito, un neno moi chorón, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas.
Este espectáculo conxuga este e outros contos en formato de música e voz, relacionando a non violencia co dereito que tamén teñen os homes a chorar.
Colección “Contos da igualdade”, historias ilustradas coas que se pretende romper a tendencia de asignar roles estereotipados a nenas e nenos, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.
Apto para todos os públicos. Indicado para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Editado por Bahía na Colección Contos da Igualdade
Autora Sonia Rosa
Ilustracións de Macus Romero.
Data: 4 DE ABRIL, SÁBADO
Hora: 12,00h
Lugar: VERBUM (AVDA. DE SAMIL, 17 VIGO)
Entrada libre ata completar a capacidade