Novas
3.000 prazas de formación e tempo libre dirixidas a mulleres
24/09/2009
Máis novasIolanda Veloso anuncia que Igualdade ofrece 3.000 prazas de formación e tempo libre dirixidas a mulleres
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o departamento que dirixe ofrece un total de 3.000 prazas que forman parte do Programa de Formación e Tempo Libre dirixido a mulleres. Segundo afirmou a edil, con este programa, que se desenvolve en colaboración con máis de 50 asociacións ata xuño de 2010, quérese "cubrir as demandas de todas as mulleres e pensando en todas as idades das demandantes".
A Concellería de Igualdade é a única que ofrece un espazo propio para mulleres, que todavía é moi demandado", apuntou Iolanda Veloso. A concelleira nacionalista explicou que as materias dos cursos nos que as mulleres maiores de 18 anos poden participar son moi variadas e abarcan dende actividades físicas, nutrición ou masaxe ata risoterapia ou pintura. Asemade, salientou que o traballo coas asociacións é fundamental e dende a concellería se busca a "maior flexibilidade posible para que todas poidan impartir os cursos".
ARQUIVOS ADXUNTOS:
folla_de_presentacion.pdf 1212 KB
folleto.pdf 248 KB
relacion_cursos.doc 109 KB