• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Violencia de xéneroBoas Prácticas |
Web Concellería de Igualdade
Web Violencia
Violencia Sexualde Xénero na Xuventude |
Violencia de xénero - Boas Prácticas
Boas prácticas contra a violencia de xénero da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo ------------------------------------- Actividades Novembro 2010 Programa de actividades que a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan durante o mes de novembro co gallo da conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero. Descargar programa de Actividades 1. Boas prácticas contra a violencia de xénero da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo Campaña Municipal contra a Violencia de Xénero dirixido á mocidade (NON É NON) - Nov. 2009 A Concellería de Igualdade e a Tenencia de Alcaldía de Vigo veñen de pór en marcha, co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a campaña “NON é NON. Eu teño a chave”. Dirixida ás alumnas e alumnos de ESO e Bacharelato, esta iniciativa pretende que a mocidade reflexione sobre as relacións amorosas e de amizade que manteñen xa que un importante número de rapazas son vítimas dunha violencia encuberta que as converte en seres sumisos e coarta a súa liberdade. Nenas e mozas sofren e toleran, nas súas relacións amorosas ou de amizade, comportamentos violentos, abusivos e agresivos que se agochan baixo unha apariencia de normalidade, sen decatarse do que iso supón de menoscabo da súa autoestima, a súa independencia e, en definitiva, a súa liberdade individual. A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e a Tenencia de Alcaldía queren lembrar á mocidade que aínda que os golpes son a expresión máis visible e radical da violencia sobre as mulleres existen outro tipo de comportamentos que se producen nas súas relacións e que non poden ser considerados “normais” aínda que sexan habituais, e, polo tanto, non poden consentilos. “NON é NON. Eu teño a chave” pretende, pois, darlle á palabra NON todo o seu sentido. “Non é non” significa que os mozos deben respetar sempre unha negativa e que as mozas deben rexeitar aquilo que non desexan. --------------------------------------------------------------------------------------------------------- Campaña Municipal contra a Violencia de Xénero - Nov. 2008 A Concellaría de Igualdade está desenvolvendo a campaña "Na Violencia de Xénero non hai tregua", co obxectivo de representar de xeito directo e efectiva a magnitude da traxedia que supón a Violencia contra as Mulleres. Iniciativa que pretende recordar á cidadanía que non se trata de tráxicos sucesos persoais e illados, senón dun grave problema social en cuxa erradicación debemos implicarnos todas e todos: participando activamente na denuncia de casos coñecidos, rexeitando toda clase de comportamentos violentos e participando na prevención desta a través das actividades e programas de educación para a igualdade. -O Marcador Dixital instalado na confluencia das rúas Ronda de Don Bosco e Príncipe, recorda ás mulleres asasinadas por Violencia de Xénero, indicando o número de mulleres asasinadas en España e actualizándose cada vez que se produce unha nova vítima. - Siluetas de Mulleres de cor branca e tamaño natural, instaladas na Lonxa do Concello desde maio do 2007. Cada silueta representa unha nova vítima, e, xuntas, representan un grave problema social. - Dossier da "Campaña Municipal contra a Violencia de Xénero": Arquivo en formato pdf no que se concretan as accións municipais e plans específicos, detállanse os servizos propios e recompila a lexislación vixente. (9 páxinas, 1,30 Mb). - Díptico "Na Violencia de Xénero non hai tregua" : Arquivo en formato pdf editado con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro, no que se informa á cidadanía das iniciativas municipais tomadas en contra da Violencia de Xénero (2 páxinas, 0,52 Mb). - Guía "Como actuar ante a Violencia de Xénero": Arquivo en formato pdf, con información e pautas de actuación en caso de ser vítima de violencia de xénero. (24 páxinas, 3,11 Mb). - Anuncio: Denuncia (MOV) -Anuncio: Non hai tregua (MOV) -Anuncio: Ti podes axudar (MOV) --------------------------------------------------------------------------------------------------------- Protocolo Municipal nos funerais das Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero A Corporación Municipal Corporación municipal de Vigo, a proposta do Consello Municipal da Muller , aprobou no pleno do mes de decembro de 2007 o seguinte protocolo de actuación ante os casos de mulleres asasinadas a causa da violencia de xénero. Protocolo de actuación --------------------------------------------------------------------------------------------------------- Amores que deixan pegada
25 de Novembro, Día Internacional Material Campaña Municipal --------------------------------------------------------------------------------------------------------- Programa de teleasistencia móbil para as vítimas da violencia de xénero. --------------------------------------------------------------------------------------------------------- |
|