Novas
Obradoiro "Galegas na Historia"
0-60/0/1600 Máis novasA Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Galegas na Historia", actividade organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Este obradoiro quere ser unha humilde homenaxe a todas as mulleres galegas que polo seu labor artístico, cultural, social, científico, etc. contribuíron dunha maneira decisiva ao desenvolvemento da nosa Comunidade.
Farase un achegamento ás figuras femininas galegas na Historia, para que se coñeza a realidade histórica de Galicia a través das súas mulleres, na procura dunha visualización da figura da muller galega ao través do tempo, nos diferentes ámbitos públicos: Cultura, Arte, Ciencia e Sociedade.
Destinatarias/os:
Dirixido a mulleres e homes interesadas/os na temática.
Metodoloxía:
Empregarase unha metodoloxía dinámica e participativa, na que as e os participantes levarán a cabo un labor investigador das diferentes figuras femininas estudadas, traballando en equipo, buscando material gráfico, empregando material audiovisual para elo, elaborando dossieres, etc.
Contidos:
A figura da muller en Galicia a través do tempo: un recorrido histórico.
A muller na Cultura.
A muller na Arte.
A muller na Ciencia.
A muller na Sociedade.
Debate e traballo en grupo.
Elaboración de dossier.
Duración:
O obradoiro ten 4 horas de duración, que se realizara nunha única xornada. Esta sesión terá lugar o mércores 9 de decembro de 17:30 a 21:30 horas.
Lugar: "Casas das Mulleres" na rúa Romil 20. Vigo
Inscricións:
As inscricións poderán realizarse presencialmente na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello ou a través do teléfono 986 810284 en horario de 8 a 15 h ata completar o número de prazas. Prazas limitadas
www.igualdadevigo.org