• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaPublicacións  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Publicacións

 

10/05/2019
Datas e datos para lembrar en pé de igualdade
Unha das accións que recolle o IV Plan municipal de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes do Concello de Vigo no eido da Educación en Igualdade é a elaboración e edición dun manual con perspectiva de xénero sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar: Día da Muller, Día do Libro, Día do Medio Ambente, Día dos Dereitos Humanos, Día da Paz, ..

Co obxecto de dar cumprimento a esta medida, no ano 2011 a Concellería de Igualdade editou o libro: “Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano”, elaborado por profesionais con ampla e recoñececida experiencia no eido da cultura de igualdade e do ensino. Así, as autoras son: Mercedes Oliveira Malvar, Esther Mato Méndez e Luisa Abad Abad.

Esta publicación recolle as doce datas conmemorativas que teñen que abordar os centros de ensino durante o curso escolar: Día da Paz, Día das Mulleres, Día do Consumo responsable, Día Mundial da Saúde, Día do Libro, Día da Libertade de Prensa, Día de Europa, Día das Letras Galegas, Día do Medio Ambiente, Día contra a violencia de xénero, Día da Constitución e do Estatuto de Autonomía de Galicia e Día dos Dereitos Humanos. O manual contén deste xeito 12 unidades didácticas como proposta de intervención con perspectiva de xénero para o alumnado de secundaria

 

05/05/2015
Resumo do informe de avaliación do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo
O IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Vigo é o documento de traballo que marcou as liña de actuación das políticas de igualdade do municipio dende o ano 2009 ata o 2014. Este documento foi aprobado por unanimidade polo Pleno da Corporación Municipal o día 25 de novembro de 2009.
O Plan está estruturado en 3 eixes estratéxicos que orientan o seu desenvolvemento a través de 5 áreas de intervención, das que se desprenden 5 obxectivos xerais e 104 medidas específicas, que teñen como finalidade promover as condicións básicas para acadar a plena participación das mulleres nos diversos ámbitos da vida.
Constitúe o instrumento que facilitou traballar e avanzar firme e continuadamente a favor da igualdade de oportunidades para as mulleres e homes de Vigo, feito que implicou a actuación sobre os principais obstáculos que impiden que dita igualdade sexa real e efectiva.

 

11/03/2015
Estudo "Mulleres desempregadas e mercado laboral"
O estudo "Mulleres desempregadas e mercado laboral" levouse a cabo no ano 2014 pola asociación Vereas de Iniciativas Sociais co financiamento da Concellería de igualdade

 

26/02/2014
Guia Información Xeral sobre Violencia de Xénero en 5 idiomas
Coa edición desta guia informativa o Concello de Vigo, a través da Concellería de Igualdade, achégalle á cidadanía información precisa sobre:

.- Os distintos tipos da violencia de xénero
.- Os procedementos para seguir ante unha situación de violencia
.- Os dereitos, servizos e recursos que teñen á súa disposición as mulleres maltratadas
.- A violencia sexual
.- A violencia exercida sobre as mulleres de orixe estranxeiro
.- Teléfonos de urxencia...

 

07/01/2014
Guia Conectamos ben? Mozos e mozas que se tratan ben e de = a =
Esta publicación está dirixida ao alumnado matriculado nos Ciclos Medios e enmárcase nas actuacións recollidas no IV Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Vigo, aprobado polo Pleno da corporación municipal.

O Plan recolle diversas accións que teñen como obxectivo implicar a toda a sociedade na loita contra a violencia de xénero, sensibilizando especialmente a xente moza sobre as novas formas de violencia simbólica e real sobre as mulleres.






 

10/09/2013
Informe territorial desde a perspectiva de xénero de mulleres e homes de Vigo 2012
Dito informe é o resultado dun convenio de colaboración entre a Asociación Mulleres Progresistas de Vigo e a Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado dentro do Plan de Emprego do Concello de Vigo 2012.

O Informe que a continuación se presenta ten como finalidade reflectir a situación sociodemográfica das mulleres e homes de Vigo dende a perspectiva de xénero, co obxectivo de proporcionar á Administración Local unha panorámica acerca das diferenzas e desigualdades existentes entre mulleres e homes da cidade, coa finalidade de facilitar o deseño e planificación de programas públicos adaptados á realidade social do municipio.

 

11/01/2010
Plan de Igualdade 2009-2012
IV PLAN INTEGRAL DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DE MULLERES E HOMES DE VIGO 2009-2012

 

09/06/2009
"Resume do 3º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Vigo
"Resumo do Informe de
avaliación do 3º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre
Mulleres e Homes do Concello de Vigo"

 

19/04/2008
II Plan de Acción Municipal para combater a Violencia contra as mulleres
Departamento de Muller
Concellería de Área de Promoción Económica
Concello de Vigo

 

18/04/2008
III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes
III Plan Municipal de IO entre Mulleres e Homes
2005-2007

 

17/04/2008
Corresponsabilidade
O traballo e as responsabilidades domésticas e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Guía didáctica

 

17/04/2008
Guía de Servicios e Recursos para as mulleres de Vigo
Compilación de todos os servizos e recursos sociais públicos, ou dependentes de asociacións, destinados a mulleres en Vigo. ( 70 páxinas, 274 Kb)

 

17/04/2008
II Plan Municipal para a Igualdade de Oportunidades
II Plan Municipal para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Vigo.

 

16/04/2008
Guía de linguaxe non sexista
A linguaxe fainos igual

 

16/04/2008
Axenda e trípticos 2008 Concellería de Igualdade
A principios de ano a Concellería de Igualdade realizou axendas e folletos cos servizos da concellería para informar á cidadanía.

 

16/04/2008
Relación respectuosas entre mozos e mozas
Proxecto "Relacións respectuosas sen xénero de dúbidas"

 

15/04/2008
Con nome de Muller
Unidade didáctica

 

01/04/2008
Guía sobre discriminación sexual laboral
O principio de igualdade de trato e a prohibición de discriminación por razón de sexo CONSTITÚEN "DEREITOS FUNDAMENTAIS"

TODAS AS MULLERES TRABALLADORAS TEÑEN ... DEREITOS LABORAIS BÁSICOS

 

17/03/2008
Estudo de emprego e cidadanía
Emprego e cidadanía activa das mulleres

 

18/01/2008
Plan de Acción Municipal para combater a violencia contra as mulleres
I Plan de Acción Municipal para combater a violencia contra as mulleres 2000-2003.

 

15/01/2008
Memoria
Memoria do ano 2001 do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100