1º Encontro de Consellos Municipais da Muller - 9 de abril de 2011
Actos do 8 de marzo de 2011 co gallo do Día Internacional da Muller
Actividades complementarias do 8 de marzo en conmemoración do Día Internacional da Muller
Actividades Novembro 2010
Exposición Escola Oficial de Idiomas: "No sólo duelen los golpes" de Pamela Palenciano Jódar
Fotos Premios 25 de novembro- Auditorio municipal (24 de novembro de 2010)
Programa de actividades que a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan durante o mes de novembro co gallo da conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.
A Concellería de Igualdade promove anualmente a convocatoria dun programa de formación e tempo libre en colaboración con asociacións promotoras de igualdade da cidade. Os cursos desenvólvense nestas entidades, que son as asociacións de mulleres e vogalías da muller das asociacións veciñais adheridas ao programa.
A Concellería oferta 72 horas de formación durante o período do programa que abrangue desde o mes de outubro de 2010 a xuño de 2011 dirixido especialmente ás mulleres maiores de 18 anos, aínda que no módulo de igualdade de oportunidades poden participar tamén os homes.
As persoas interesadas en realizar algún curso deberán poñerse en contacto coas asociacións e vogalías da muller das asociacións veciñais para solicitar información dos módulos formativos elixidos polas entidades. As inscricións formalizaranse nos locais das asociacións e terán prioridade as mulleres (e os homes no caso do módulo de igualdade) que pertenzan ao barrio.
8 de marzo 2010. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
DEREITOS DAS MULLERES A REVOLUCIÓN CREACTIVA
DIA INTERNACIONAL DA MULLER * Encontro na Praza 8 de marzo (Camelias). Día 7 de marzo 2010
* Ourtras Actividades Complementarias durante todo o mes de marzo
Programa EMPATÍA. Programa de Educación para a Iguadade
A oficina de Igualdade do Concello, dentro da súa actividade promotora da igualdade entre mulleres e homes, presenta EMPATÍA, un progama de accións educativas que ten como principais protagonistas as mozas e mozos de Vigo, mais tamén principais axentes socializadores: nais/pais, profesorado e aquelas persoas que desexen formarse para educar á xuventude na igualdade de oportunidades para mulleres e homes.
Educación para unha cultura da igualdade de oportunidades
Cursos de formación para o profesorado: "Igualdade no centro e na acción titorial"
Sesións de traballo con pais, nais ou persoas que posúan a tutela:"Axudando a vivir na igualdade"
Obradoiros para o alumnado: "Todas e todos"
Igualdade ofrece 3.000 prazas de formación e tempo libre para as mulleres.
PROGRAMA DE FORMACIÓN E TEMPO LIBRE para asociacións promotoras da Igualdade. Outubro 2009/ xuño 2010
A Concellería de Igualdade anunciou que ofrece un total de 3.000 prazas que forman parte do Programa de Formación e Tempo Libre dirixido a mulleres con este programa, que se desenvolve en colaboración con máis de 50 asociacións ata xuño de 2010, quérese "cubrir as demandas de todas as mulleres e pensando en todas as idades das demandantes".
A Concellería de Igualdade promove anualmente a convocatoria dun programa de formación e tempo libre en colaboración con asociacións promotoras da igualdade da cidade. Os cursos desenvólvense nestas entidades, que son as asociacións de mulleres e vogalías da muller das asociacións veciñais adheridas ao programa.
A Concellría oferta 72 horas de formación durante o período do programa que abrangue desde o mes de outubro de 2009 a xuño de 2010 dirixido especialmente ás mulleres maiores de 18 anos, aínda que no módulo de igualdade de oportunidades poden participar tamén os homes.
As persoas interesadas en realizar algún curso deberán poñerse en contacto coas asociacións e vogalías da muller das asociacións veciñais para solicitar información dos módulos formativos elixidos polas entidades. As instricións formalizaranse nos locais das asociacións e terán prioridade as mulleres (e os homes no caso do módulo de igualdade) que pertenzan ao barrio.
Información. Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Tel. 986 810 284
“Módulo formativo: “DEREITO E RELACIÓNS DE XÉNERO”
A Concellería de Igualdade informa que en breve se abrirá o prazo de inscrición para participar no módulo: “Dereito e relacións de xénero” do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta concellería.
Contidos:
- Os diferentes rostros da Violencia de xénero. Alternativas xurídicas e avaliación dos recentes esforzos lexislativos en pro da igualdade efectiva e, en consecuencia, para a erradicación das distintas formas de violencia de xénero.
- O corpo feminino e o seu tratamento xurídico: a reprodución asistida, a interrupción voluntaria do embarazo e a doazón e/ou merca de óvulos.
- Os fundamentos do dereito patriarcal. A análise de xénero do fenómeno legal. O dereito antidiscriminatorio e o feminismo. O contrato social e matrimonial. As normas sobre a identidade sexual, a dependencia, o uso do tempo...
Profesorado:
Juana María Gil Ruíz. Profesora Titular de Filosofía do Dereito da Universidade de Granada.
Ascensión Cambrón Infante. Profesora Titular da Facultade de Dereito da Universidade de A Coruña.
Arantza Campos Rubio. Profesora Titular da Facultade de Dereito da Universidade do País Vasco.-Euskal Herriklo Unibertsitatea.
Prazas: 25 prazas gratuítas. Inscricións: As persoas interesadas en participar deberán realizar unha inscrición previa mediante correo electrónico ofi.muller@vigo.org ou fax 986 430 082 indicando o nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico. Pódese descargar o impreso aquí:
Folla de inscrición O prazo de inscrición comeza o 23 de setembro e finaliza o 2 de outubro. NON ENVIAR ANTES DO 23 DE SETEMBRO
Número de horas: 42
Datas e horarios:8,9 e 10 de outubro, 19,20, 21, 26, 27 e 28 de novembro.
Os xoves e venres de 16,00 a 21,00 horas e os sábados de 10,00 a 14,00 h.
Máis información: antes do comezo das sesións a Concellería de Igualdade confirmará as prazas, dando prioridade a aquelas persoas empadroadas no Concello de Vigo.
Máis información sobre o profesorado, os contidos, prazo de inscrición e lugar de realización no tfno. 986 810 284
A Saúde Reproductiva das Mulleres
Encontro: A Saúde Reproductiva das Mulleres
Vigo (Casa das mulleres - Rúa Romil, 20)
26 e 27 de Xuño de 2009
Neste curso preténdese proporcionar informacións relativas ao tema na perspectiva de facer máis cualificada a atención médica a mulleres, fomentando a responsabilidade entre este colectivo profesional. Tamén preténdese unha descrición de pautas de actuación que contribúan á toma de decisións coa suficiente información. Por último, promover un marco de discusión crítica sobre prácticas sanitarias controvertidas por incidir nelas os diversos valores relativos á vida e á saúde, que sosteñen os profesionais sanitarios e as usuarias de sanidade.
INFORMACIÓN, MATRÍCULAS E BECAS
Secretaría de Alumnos da UIMP
C/San Francisco, S/N (Fundación Luis Seoane, 2ª Planta) - 15001 A CORUÑA
Teléfono 981 140 830 – Fax 981 140 825
Correo electrónico: galiciasa@uimp.es www.uimp.es
Matrícula gratuíta logo de inscrición (con dereito a diploma)
Valor académico: 10 horas
Recoñecemento en Créditos de Libre Elección
Teatro
Sesións Formativas de Economía e Xénero
Iolanda Veloso, concelleira delelegada de Igualdade do Excmo. Concello de Vigo ten o pracer de convidar a vostede as sesións formativas que se van celebrar no mes de maio dentro do módulo: "Economía e Xénero" do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta Concellería
Módulos: "Traballo e Xénero"
"Política Fiscal e Xénero"
"Xénero, Familia, Traballo: construcción das subxectividades femeninas e masculinas"
A concellería ofrece 50 plazas gratuítas.
No módulo impartiranse as seguintes sesións formativas: "Traballo e Xénero"impartida por Coral del Río Otero. Profesora Titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.
xoves 14 de maio de 16 a 21 h.
venres 15 de maio de 16 a 21 h
sábado 16 de maio de 10 a 14 h.
"Política Fiscal e Xénero" impartida por María Pazos Morán. Xefa de Estudos de Investigación no Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Economía e Facenda.
xoves 21 de maio de 16 a 21 h.
venres 22 de maio de 16 a 21 h
sábado 23 de maio de 10 a 14 h.
"Xénero, Familia, Traballo: construción das subxectividades femeninas e masculinas".
Impartida por Mabel Burin. Doutora en Psicoloxía clínica pola Universidade de Belgrano, Bos Aires. Directora do Programa de Estudos de Xénero e Subxectividade na Universidade de Ciencias Empresariais e Sociais de Bos Aires. Arxentina.
xoves 28 de maio de 16 a 21 h.
venres 29 de maio de 16 a 21 h
sábado 30 de maio de 10 a 14 h.
As persoas interesadas en participar deberan realizar unha inscrición previa, antes do 13 de maio, mediante correo electrónico ofi.muller@vigo.org ou fax 986 430 082 indicando o nome completo, enderezo, teléfono, e correo electrónico, engadindo ademais se está interesada ou interesado en asistir ao módulo completo ou polo contrario especificar en que sesión formativa ten interese en participar.
Antes do comezo das sesións a Concellería de Igualdade confirmará as prazas dando prioridade a aquelas persoas que se inscriban na totalidade do módulo.
Acreditarase a asistencia cun diploma.
Lugar de celebración: Facultade de Filoloxía e Tradución. Campus Universitario. Pavillón B- Aula B-6. Vigo
Con motivo da celebración do día internacional da muller, a Concellería de Igualdade, pon en marcha a representación da obra de teatro: "Razóns de Peso".
Directora: Anabel Gago. Textos: Clara Gayo
Reparto: Chelo de Rejo e Ana Puente. Día: Venres, 20 de marzo.
Hora: 20,00 horas Entrada libre e gratuíta ata completar o aforo
Lugar: Conservatorio Superior de Música.
Fotógrafo Felipe Prósperi s/n. Vigo (no entorno da avda da Florida)
Plano de situación, ver mapa:
Con motivo da celebración do día internacional da muller, a Concellería
de Igualdade, pon en marcha a representación da obra de teatro: "Razóns
de Peso".
Directora: Anabel Gago. Textos: Clara Gayo
Reparto: Chelo de Rejo e Ana Puente.
Día: Venres, 20 de marzo.
Hora: 20,00 horas
Entrada libre e gratuíta ata completar o aforo
Lugar: Conservatorio Superior de Música.
Fotógrafo Felipe Prósperi s/n. Vigo (no entorno da avda da Florida)Plano
de situación: ver mapa: http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/imagenes/mapa.jpg
8 de marzo. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O Consello Municipal da Muller e a concellería de igualdade do Concello de Vigo organizan a FESTA _CRE*ACTIVAS* _que baixo o lema "Imaxinar a
Igualdade non abonda. CREA ACTÚA!" celebrará este domingo, 8 de marzo, na praza "8 de marzo" de Vigo (rúa Camelias entre números 89 e 91) unha
gran festa co obxectivo de gozar dunha xornada de convivencia e de reivindicación.
A festa transformará a centrica praza nun lugar de encontro das mulleres da cidade e do público en xeral , xa que no programa están incluídos
actos para nenas e nenos e persoas adultas.
As actividades previstas desenvolveranse de xeito ininterrumpido de 10,00 h a 20,00 horas e perseguen a participación activa das persoas que
asistan. Así, o público poderá contribuír coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados
relativos á situación da muller.
Contaremos con animación da praza durante todo o día , Graffiti, exposicións, mostra de traballos tradicionais de mulleres, música en
directo a cargo de Dj, rap, folk, cantareiras...
Haberá agasallos para quen asista. VÉMONOS NA PRAZA!
10:00 a 20:00 horas
Animación da praza a cargo de Pepa Yáñez e “La Chus”, co seuespectáculo “Pepa e Chus e outras mozas do baúl”.
Grafitti.
Lectura de textos seleccionados.
Exposición “Muller e Ciencia”.
Mostra de traballos tradicionaisde mulleres.
Música en directo a cargo de Djs, rap, folk, cantareiras….
Entremeses Salgados (skeches cómicos),a cargo de Rosa Rodríguez, actriz.
11:00 horas.“Cantareiras do alba”do Centro Cultural de Valladares.
11:30 horas. Música rap a cargo de AÍD.
12:00 horas. Saída da manifestaciónconvocada pola Marcha Mundial das Mulleres.
12:15 horas. Actividades circensespara nenas e nenos. Bolas, malabares, diábolos... a cargo de Raquel Oitavén e Mercé Solé (Asociación Pista Cinco).
16:30 horas. Actividades circenses para nenas e nenos. Bolas, malabares, diábolos...a cargo de Raquel Oitavén e Mercé Solé (Asociación Pista Cinco).
17:30 horas. Representación do monólogo “Extresss”, a cargo de Clara Gayo Pérez, actriz de teatro, dramaturga e educadora.
18:15 horas.Representación de “Os Dildos”. Acción músico-teatral.Grupo Chévere. Actrices: Natalia Outeiro “Pajarito” e Patricia de Lorenzo.
19:00 horas.Lectura do Manifesto do Consello Municipal da Muller.
Ser muller é unha boa idea Programa de Formación e Tempo Libre para asociacións promotras da Igualdade.
Outubro 2008/ Xuño 2009
Reciclaxe e restauración
Encadernación
Taller de escritura e literatura
Informática básica e novas tecnoloxías
Hábitos de vida saudable
Actividade e sexualidade
Técnicas de relaxación
Decoración de obxectos
Igualdade
Teatro
Marqueteria
Pintura.... e moitas máis!!
Vivir en parella é cousa de 2.
7ª Edición. Outono 2008
Cursos participativo-formativos.
CURSOS PARA HOMES: "Os coidados que necesita a nosa roupa", "Preparo, cociño e comparto"
CURSOS PARA MULLERES: "Reparacións domésticas básicas", "Mecánica e electricidade do automóbil"
CURSOS MIXTOS: " Podo comunicarme mellor", "O coidado das persoas dependentes"
Os requisitos son: ser maior de idade, estar empadroado/a no Concello de Vigo e inscribirse nalgún curso que non realizara outras edicións.
Prazo para inscribirse, desde o 10 de Outubro Máis información.
CURSO AUTOESTIMA / A NOSA VALORACIÓN PERSOAL
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para este curso de carácter gratuíto, dirixido a todas as mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo.
DESTINATARIAS:
Mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo. Terán preferencia as mulleres que non realizaran o curso a través do Concello nos últimos cinco anos.
OBXECTIVOS:
-Coñecer a construción e a evolución da identidade psicosexual.
-Reflexionar sobre a influencia das crenzas e dos modelos na imaxe e na estima persoal.
-Descubrir e valorar os recursos internos.
CONTIDOS:
-Desenvolvemento evolutivo do proceso de identidade.
Mandatos, crenzas, estereotipos, modelos de identificación, roles.
-Condicionantes internos: auto esixencias, idealizacións, medos, culpas.
-Niveis de conciencia mental, emocional, corporal e social. Contradicións.
-Integración saudable da identidade como requisito da propia estima: saber valorarse adecuadamente.
MAIS INFORMACIÓN:
A exposición do temario instrumentarase con técnicas que operativicen a aprendizaxe e realizaranse exercicios vivenciais con dinámicas de grupo que permitan a elaboración na toma de conciencia da valoración persoal.
O desenvolvemento do programa constará de 15 h distribuídas en 5 obradoiros de 3 h de duración cada un.
Datas, luns 16 , mércores 18 , luns 23 , mércores 25 e luns 30 de xuño
Horario, de 18,00 a 21,00 h
INSCRICIÓNS: Departamento de Igualdade.1ª planta Casa do Concello. Praza do Rei,1, dende o día 6 ao 13 de xuño de 2008 (ambos incluídos). Teléfono 986 810 284.
LUGAR DE REALIZACIÓN: Centro Cívico Casco Vello (rúa Oliva, 12).
SERVIZO DE COIDADORAS INFANTÍS: Para as mulleres que o necesiten contarase cun servizo de coidadoras infantís para atender aos fillos e as fillas menores de 12 anos durante a realización do curso. As mulleres que necesiten solicitalo deberán facelo constar no momento da inscrición.
Prazas limitadas
Taller: "Os praceres de Lola"
Os praceres de Lola é un obradoiro tuppersex feminista cun fin formativo ademais de lúdico, no que se pretende quitar de encima os mitos, tabús e prexuízos e permitir que as mulleres poidan gozar, coñecerse, reivindicar e descubrir a súa sexualidade.
Curso gratuíto. Prazas limitadas.