• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Concellería de Igualdade |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Concellería de Igualdade
Detectando as dificultades diarias das mulleres en facer valer os seus dereitos nos ámbitos profesional, social e familiar, o Concello puxo á súa disposición recursos e instrumentos que fornezan a confianza nelas mesmas para esixir unha convivencia en igualdade.
As distintas necesidades e demandas foron identificadas a través dos servicios municipais de atención ás mulleres, prestando unha especial atención aos casos de agresións á súa integridade física e psíquica. Emporiso, consciente de que é necesario combinar o labor asistencial co traballo formativo, o Concello desenvolve diversos programas destinados a educar as novas xeracións nos valores que garanten a igualdade de oportunidades. A Oficina de Igualdade, emprazada na Casa do Concello, xestiona a programación da concellería, avalía as políticas de igualdade e fomenta a participación das mulleres en todos os ámbitos apoiando o seu asociacionismo. Oficina de Igualdade: Concello de Vigo. |