Asesoramento e Asistencia Psicolóxica. Proxecto de Atención Psicolóxica a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero.
Valoración ingreso Casa de Acollida, Asesoramento, Terapia individual, Derivación, Formación a profesionais, Prevención, Intervención en asociacións, colexios...
Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller
Servizo de información e asesoramento as mulleres no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás víctimas da violencia. O CMIDM é atendido por unha psicóloga, unha traballadora social, unha avogada e unha auxiliar administrativa. É a vía de entrada á Casa de Acollida para Mulleres Maltratadas de Vigo, así como ao Servicio de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI).
Consulta Xurídica On-line para Mulleres
O Concello de Vigo pon a disposicición das mulleres que estean interesadas un correo electrónico para que poidan facer consultas xurídicas sobre dereito de familia, malos tratos, dereito penal, dereito civil, discriminación sexual, acoso laboral, etc.
As consultas serán respostadas directamente pola avogada do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.
Información de Servizos e Programas para Mulleres
Servizo de información de recursos non económicos que faciliten a incorporación das mulleres, vítimas de violencia, a nivel sociolaboral e mellorar a súa calidade de vida.
Información e Asesoramento sobre Axudas Económicas para Mulleres
A traballadora social informará do procedemento e das condicións para acceder a estas axudas por parte das mulleres vítimas de violencia e as persoas que dependan dela.
Ingreso na Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas
Dependente da Concellería da Muller do Concello de Vigo, é xestionada polo Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín, contando co labor de distintas profesionais, unha educadora infantil e unha educadora do Piso de Saída.
Ofrécelles ás mulleres víctimas da violencia e ás súas fillas e fillos un espacio alternativo de convivencia e un tempo de reflexión para tomar decisións sobre a súa vida.
Durante a súa estadía na Casa de Acollida, a través dos programas de atención ás vítimas da violencia do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, CMIDM, contan co apoio e asistencia social, xurídica e psicolóxica. A Casa de Acollida dispón ademais dun Piso de Saída dependente e dun Programa de Apoio Económico á saída da Casa.
Servizo de Asesoramento Xurídico a Mulleres
Mediante este servizo, as mulleres reciben asesoramento e orientación xurídica referida a calesquera procedementos xurídicos e xudiciais que teñan en trámite, e calquera tipo de información e consulta xurídica referidas o dereito de familia, penal e civil. Asimesmo se lles informa do dereito á xustiza gratuíta, e acerca de outras cuestións ou servizos relacionados con estes temas.
Tamén, dende este servizo se lles deriva a aqueles outros que procedan e conveñan á usuaria.
Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia
Este servizo adícase, exclusivamente, ao coidado da prole das mulleres, con escasos recursos económicos e falta de apoios socio-familiares. Denomínase servizo ós desprazamentos que a coidadora realiza ao domicilio da beneficiaria ou lugar indicado para o coidado dos menores.
Teléfono da Muller
Servizo municipal de información e asesoramento telefónico para mulleres, dirixido especialmente ás vítimas da violencia.
Atendido as 24 horas do día por persoal especializado, asegura unha orientación inmediata e precisa sobre recursos e servizos existentes na comunidade, achegándolles ás mulleres víctimas da violencia información urxente sobre recursos legais e sociais ao seu alcance e apoio e atención en situacións de angustia.