• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
![]() |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Coeducación
Programa municipal "Querémonos. Construíndo unhas relacións libres de violencia"
Programa municipal "Querémonos. Construíndo unhas relacións libres de violencia"A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convida aos centros de ensino secundario da cidade a a participar no programa didáctico municipal “QUERÉMONOS. Construíndo unhas relacións libres de violencia” destinado ao público escolar de Educación Secundaria.
Finalidade: concienciar e sensibilizar sobre a importancia e influencia da educación afectivo sexual nas súa vidas e o impacto causado neste ámbito polos roles socialmente establecidos. Asemade, búscase previr a violencia nestas idades incidindo nos primeiros sinais de maltrato que son máis sutís aínda na adolescencia. O programa está financiado co apoio do Fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero transferidos a este municipio. Trátase dunha actividade práctica na que o alumnado, a través de diversas situacións e xogos de roles, interpretará unhas escenas propostas polo equipo que dirixe a actividade. Establecerán o punto de partida para iniciar un debate acerca das relacións afectivo sexuais tóxicas. Traballarase cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que as persoas participantes lles resulte fácil falar das súas propias emocións, preocupacións e vivencias. Ao remate da actividade repartirase entre o alumnado un folleto informativo de reforzo sobre os contidos e obxectivos que persegue o programa: “Queremos un Bo Trato/ Detectamos o Mal Trato/ Rexeitamos o Mal Trato”. . Alumnado destinatario: Alumnado da ESO. . Quen desenvolverá a actividade?: Unha técnica especializada en dinamización de grupos e programas educativos e unha técnica diplomada en Educación Social e Saúde Sexual e reprodutiva e dinamizadora de Igualdade. . Período e datas de realización da actividade: luns pola tarde e/ou venres pola mañá durante o curso escolar. . Horario: venres pola mañá en dúas quendas de 9:30 a 11:30 h e de 11:45 a 13:45 h e o luns pola tarde de 16:15 a 18:15 h (Este horario poderá adaptarse ás circunstancias propias de cada centro) . Nº de participantes: Un grupo/aula por obradoiro. . Duración da actividade: 120 minutos . Lugar de realización: No propio centro educativo coa presenza das titoras/titores do grupo (ou profesorado substituto). . Como participar no programa: Os centros que queiran participar nesta iniciativa deberán remitir a ficha de inscrición que se achega cuberta e asinada á Concellería de Igualdade a través do noso fax 986 430082 ou ben, por correo electrónico: ofi.muller@vigo.org . Concesión da actividade: A medida que a Concellería de Igualdade vaia recibindo solicitudes de participación irase planificando e concedendo os obradoiros enviándolles escrito coa proposta de calendario para a implementación da actividade nos centros. Dado que o número de actividades que se desenvolverán é limitado, atenderase ao criterio de rigorosa orde de solicitude e dispoñibilidade de datas solicitadas.
“ CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE” é un programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
Benvidas/Vanakkam O Concello de Vigo repartirá 500 unidades didácticas en diversos centros de ensino da cidade co obxectivo de facilitar ao profesorados ferramentas coas que profundizar na igualdade entre nenos e nenas, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso. Iolanda Veloso salientou que Implicadas/os no Desenvolvemento se centra no traballo coas mulleres para promover a súa autonomía "proporcionando ferramentas para que poidan cambiar a súa vida e o seu contorno". Neste sentido, indicou que a unidade didáctica elaborada por esta entidade proporciona un amplo material ao profesorado para que poida traballar nos diferentes temas propostos dun xeito dinámico. Segundo sinalou a concelleira nacionalista, a proposta inclúe exemplos de situacións similares de mulleres de diferentes culturas, como pode ser no tocante a roupa e o papel que xoga a saia en occidente e o sari na India. A escritora María Reimóndez, pola súa banda, explicou que a unidade didáctica que se repartirá nos centros educativos está baseada nun libro no que se recollen textos de autoras galegas e tamiles nos que se poñen en dúbida diversos estereotipos relacionados coas mulleres. Segundo a representante de Implicadas/os no Desenvolvemento, que desenvolve o seu traballo intercultural coa India e Etiopía, os obxectivos da unidade didáctica inclúen achegarse á literatura feita dende outras culturas, entender os problemas derivados do xénero cun enfoque global, desmitificar algúns aspectos existentes sobre a India e provocar unha reflexión crítica sobre as diferenzas por causa do xénero.
|