• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Observatorio municipal de xénero |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Observatorio municipal de xénero
O Observatorio Municipal de Xénero é un instrumento do Concello de Vigo que ten como función recoller as queixas e suxestións da cidadanía en relación coa igualdade de xénero. Este instrumento responde tamén á necesidade de avanzar cara á obtención de diagnose e análise sobre a situación das mulleres na cidade de Vigo. A creación deste observatorio ven recollida na área 1 “Educación en Igualdade” do IV plan de Igualdade Municipal de Oportunidades entre mulleres e homes 2009/2012, aprobado polo pleno da corporación municipal no mes de novembro de 2010. Por isto, someterase aos mesmos mecanismos de seguimento e avaliación que o conxunto de este. O Observatorio pretende recibir as reclamacións cidadás sobre calquera situación que vulnere o dereito da igualdade de oportunidades na cidade de Vigo, e difundir datos e estudos específicos sobre a situación das mulleres no noso contorno. Entre as súas funcións estarán: - A recepción, canalización e investigación das reclamacións e denuncias de situacións de discriminación por razón de sexo realizadas pola cidadanía. - Formulación de recomendacións, e propostas destinadas ás iniciativas públicas e privadas. - Proporcionar datos, informacións e estudos realizados sobre a situación das mulleres no noso contorno. - Identificar e analizar as desigualdades existentes nos distintos ámbitos da vida das cidadás de Vigo. - participar e articular o seguimento e avaliación do IV Plan de Igualdade Municipal. - Dar conta periodicamente da xestión levada a cabo ao Consello Municipal da Muller. - A avaliación do impacto na sociedade viguesa das políticas de igualdade que se están poñendo en marcha. Estudos e informes que analizan a situación das mulleres na cidade de Vigo:
|