• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas

Concellería de Igualdade

31/10/2024
Programa de actos con motivo da conmemoración do 25N. Do 5 de novembro ao 3 de decembro
Programa de actos con motivo da conmemoración do 25N- Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Do 5 de novembro ao 3 de decembro
25N Non máis violencia por ser muller

18/10/2024
Aviso importante. Traslado do concerto "De Vacas" ao Cine Teatro Salesianos. Programa de actividades VigoFem, do 22 ao 25 de outubro
VigoFem é un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres que, na súa segunda edición, comeza o martes 22 de outubro.

13/09/2024
Programa de actividades do Centro de Documentación e Recursos Feministas (setembro a decembro)
Pograma de actividades que, durante o período de setembro a decembro de 2024 se organizarán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública "Juan Compañel". r/Joaquin Yáñez,6-2º andar)

. CLUB DE LECTURA
. FALADOIROS
. PRESENTACIÓNS DE LIBROS
. AULA DE CREACIÓN LITERARIA
. CHARLAS TEMÁTICAS E ENCONTROS VIRTUAIS DE ESCRITORAS CON ALUMNADO DE CENTROS DE ENSINO

12/09/2024
Programa de actividades da Casa das Mulleres para o período:setembro a decembro. Aberto prazo de inscrición
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de setembro ao mes de decembro de 2024.

. OBRADOIRO DE CANTO “CON VOZ PROPIA”
. OBRADOIRO DE AUTOESTIMA: TI O VALES
. OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”
. FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS DO EIDO EDUCATIVO E SOCIAL

10/07/2024
Espazo aberto á Igualdade no Festival TAC! de arquitectura urbana
Este venres, 12 de xullo, convidámosvos a coñecer o Espazo aberto á Igualdade que o Concello de Vigo organiza con motivo do Festival TAC! de Arquitectura urbana.

20/05/2024
Xornadas formativas contra a violencia vicaria. 29 e 30 de maio
Xornadas formativas contra a violencia vicaria
29 e 30 de maio na sala de conferencias da Sede Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 26

25/03/2024
Aviso importante: cambio de lugar da celebración do concerto de LONTREIRA
Debido ás previsións de chuvia que dan para este mércores, o concerto de LONTREIRA celebrarase no Auditorio Municipal e non na Porta do Sol como estaba previsto inicialmente.
Mércores, 27 de marzo ás 21:00 h Auditorio Municipal. Praza do Rei s/nº .
Entrada libre ata completar a capacidade do local.

14/03/2024
Aberto o prazo de inscrición para asistir ás xornadas formativas "As políticas públicas de igualdade"
Aberto o prazo de inscrición para asistir ás xornadas formativas "As políticas públicas de igualdade"

Terán lugar o mércores 20, e o xoves 21 de marzo, na sala de conferencias da Sede Afundación. (Rúa Policarpo Sanz, 26).

Para asistir é preciso inscrición previa. As persoas interesadas deberán encher o formulario de inscrición e envialo a xornadas.igualdade@vigo.org

Programa completo e formulario de inscrición (descargar arquivos)




01/03/2024
Programa de actos organizado en marzo con motivo do 8M- Día Internacional da Muller
Aviso importante: debido ás previsións de chuvia que dan para este mércores, o concerto de LONTREIRA celebrarase no Auditorio Municipal e non na Porta do Sol como estaba previsto inicialmente. Mércores, 27 de marzo ás 21:00 h Auditorio Municipal. Praza do Rei s/nº .Entrada libre ata completar a capacidade do local.

16/01/2024
Programación do Centro de Documentación e Recursos Feministas: xaneiro - marzo 2024
O Servizo de Igualdade informa do programa de actividades que, durante o período de xaneiro a marzo de 2024 se organizarán no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública "Juan Compañel". r/Joaquin Yáñez,6-2º andar)

16/01/2024
Aberto o prazo de inscrición para participar na programación da Casa das Mulleres (xaneiro a abril 2024)
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de xaneiro ao mes de abril de 2024.

21/12/2023
Campamentos lúdicos de igualdade no Nadal
Campamentos lúdicos de Igualdade no Nadal
Sen inscrición previa para nenas e nenos de 3 a 12 anos

05/12/2023
Programación cultural a prol da igualdade para público familiar (+4 anos)
Programación cultural a prol da igualdade para público familiar os días 12, 13 e 14 de decembro no Auditorio Municipal

14/11/2023
Aberto o prazo de inscrición para participar nas Xornadas Formativas 25N "O negacionismo é machismo
Aberto o prazo de inscrición para participar nas Xornadas Formativas 25N "O negacionismo é machismo". Luns, 27 e martes, 28 de novembro


03/11/2023
Programa de actos con motivo da conmemoración do 25N- Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres- 8 de novembro a 2 de decembro.
Programa de actos con motivo da conmemoración do 25N- Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres- 8 de novembro a 2 de decembro.

12/10/2023
Programa de actos VIGOFEM (aviso importante pola modificación do lugar do concerto de Wöyza)
Aviso importante: con motivo das condicións metereolóxicas adversas previstas para este venres, 20 de outubro, comunicámosvos que o concerto de "Wöyza & The Galician Messengers" previsto para esa data, terá lugar, á mesma hora 21 h no Cine Teatro Salesianos. Rúa Venezuela, 3. Entrada libre ata completar a capacidade do local.

O Servizo de Igualdade informa do programa de actividades que, no marco do proxecto VIGOFEM, desenvolveranse na cidade durante a semana do 16 ao 20 de outubro.

VIGOFEM é un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres que comeza a andar o luns 16 de outubro, coincidindo co Día das Escritoras.

17/09/2023
Programa de actividades do Centro de Documentación Feminista para o período setembro a decembro 2023
O Servizo de Igualdade do Concello de Vigo informa do programa de actividades que, durante o período de setembro a decembro de 2023 se desenvolverá presencialmente no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. (2º andar da Biblioteca Pública "Juan Compañel". r/Joaquin Yáñez,6-2º andar).

26/02/2023
Programa de actos con motivo do 8M. Día Internacional das Mulleres
Programa de actos que a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller organizamos en marzo con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres.

15/11/2022
Programa de actos con motivo do 25N- Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
Desde a Concellería de Igualdade difundimos o programa de actos que, xunto co Consello Municipal da Muller, organizamos no mes de novembro e decembro con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia que se exerce sobre as mulleres.

02/09/2022
Programa de actividades na Casa das Mulleres. Período:setembro a decembro 2022
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán presencialmente na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de setembro e o mes de decembro de 2022.

OBRADOIRO “HISTORIAS DE VIDA DAS MULLERES PARA XOGAR NO TEATRO"

OBRADOIRO "ESCRITA AUTOBIOGRÁFICA"

CURSO "INTRODUCIÓN Á TEORÍA CRÍTICA FEMINISTA. APROXIMACIÓN AOS DEBATES CONTEMPORÁNEOS"

OBRADOIRO "COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS"

OBRADOIRO "FALAMOS?"

CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS

ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO:CREANDO SORORIDADE

28/12/2021
Instalado na Alameda un Punto Lila, posto de información e atención especializada para a prevención do acoso e a violencia sexual en zonas de ocio
Desde o mércores 22 de decembro ata o 9 de xaneiro temos instalado na Alameda o Punto Lila, posto de información e atención especializada para a prevención do acoso e a violencia sexual en zonas de ocio.
Emprazado na Praza de Compostela, catro axentes de igualdade informan e conciencian fronte ás agresións contra as mulleres.

10/12/2021
Neste Nadal "A volta ao mundo desde a mirada das mulleres", obradoiros lúdicos de Igualdade para nenas e nenos de 3 a 12 anos
O Servizo de Igualdade oferta para as nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade uns obradoiros lúdicos neste Nadal baixo o título "A volta ao mundo desde a mirada das mulleres"

17/11/2021
Xornadas formativas 25N "Contra a Violencia Machista. Pacto Feminista". 1 e 2 decembro
A Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller organizamos os días 1 e 2 de decembro as Xornadas formativas do 25N "Contra a violencia machista. Pacto Feminista"

Terán lugar no Auditorio Municipal o mércores 1 de decembro e o xoves 2 de decembro en horario de tarde.

12/11/2021
Programa de actos con motivo da conmemoración do 25N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
Programa de actos organizado pola Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller con motivo do pŕoximo 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres"

17/09/2021
Curso en liña: Introdución á Teoría Crítica Feminista e aproximación aos debates contemporáneos (aberto o prazo de inscrición)
Aberto o prazo para a inscrición no curso "Introdución á Teoría Crítica Feminista. Aproximación aos debates contemporáneos" que se desenvolverá en liña a través de ZOOM.
15 horas.

09/09/2021
Convocatoria de actividades que se desenvolverán na Casa das Mulleres no período setembro a decembro 2021
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (Romil 20):

- OBRADOIRO INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA

- ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE

- OBRADOIRO CREATIVIDADE COTIÁ-O MAPA DOS DÍAS: ESPERTAR A CREATIVIDADE QUE HAI EN TI

- CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS

09/09/2021
Programa de actividades no Centro de Documentación Feminista. Setembro a decembro 2021
Difundimos o programa de actividades que, durante o período de setembro a decembro de 2021, se organizarán en formato virtual (Plataforma Google Meet) no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo

03/09/2021
Programación do Servizo de Igualdade: proxeccións dos filmes " Nación" de Margarita Ledo, "A poeta analfabeta" de Sonia Méndez e "Persoas S.A." de Carmen PG Granxeiro
Durante este mes de setembro, o Servizo de Igualdade programa no Auditorio Municipal, a proxección de tres filmes dirixidos por cineastas galegas con posterior coloquio coas directoras.

18/02/2021
Programa de actos en marzo con motivo do 8M- Día Internacional das Mulleres
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, en colaboración co Consello Municipal da Muller, programamos unha serie de actos e actividades en marzo con motivo da conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional das Mulleres"

14/01/2021
Programación no Centro de Documentación e Recursos Feministas: xaneiro a marzo 2021
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa do programa de actividades que, durante o período de xaneiro a marzo de 2021 se organizarán en formato virtual (Plataforma Google Meet) no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
(2º andar da Biblioteca Pública "Juam Compañel". r/Joaquin Yáñez,6)

Retomaremos actividades como: Club de lectura , Faladoiros, Espazo Wikimulleres , Laboratorio de lectura e escritura , etc.

13/01/2021
Programación actividades Casa das Mulleres: xaneiro a xuño 2021
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán (en formato virtual e/ou presencial con grupos reducidos) na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20):

OBRADOIRO “INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

ESCOLA FEMINISTA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS (en liña, 26 horas, febreiro 2021)
Destinado a: homes e mulleres maiores de 18 anos con perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.

OBRADOIRO “COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.

CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO LIBRE
Destinado a: monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.

17/11/2020
Aberto prazo de inscrición das Xornadas de Coeducación " Perspectivas e retos para a prevención da violencia de xénero"
Xornadas de Coeducación: "Perspectivas e retos para a prevención da violencia de xénero" que a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo organiza os días 2 e 3 de decembro de 2020, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Relatoras como Mª Sonia Fernández Casal, Luz Castro Pena, Marián Moreno Llaneza e Carmen Ruíz Repullo compartirán con nós experiencias e ferramentas para acadar os obxectivos da xornada.

30/10/2020
Curso de Formación en Igualdade para monitorado de Animación Sociocultural e de Ocio e Tempo Libre (online e presencial) 26 horas
Destinado a: monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre

Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades

Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo nos eidos da animación sociocultural e do tempo libre.

16/10/2020
Curso de Formación en Igualdade para profesionais (online e presencial) 26 horas
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no

"Curso de Formación en Igualdade para profesionais".
Este curso terá unha duración total de 26 horas , que se desenvolverán nos meses de outubro e novembro de 2020 de forma online e presencial.

Persoas destinatarias:
Poderán inscribirse homes e mulleres maiores de 18 anos que teñan perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.

15/09/2020
Programación no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Setembro a decembro 2020
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo difunde o programa de actividades que realizará durante o período de setembro a decembro de 2020

11/06/2020
Formacion Online en Igualdade para monitorado de Animación Sociocultural e de Ocio e Tempo Libre
Formación Online en Igualdade para monitorado de Animación Sociocultural e de Ocio e Tempo Libre

A Concellería de Igualdade reanuda o prazo de inscrición para participar no curso de formación en Igualdade dirixido ao monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.

O curso ten unha duración de 20 horas que se realizará 100% de forma online

12/03/2020
Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Autoprotección para mulleres
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos empadroadas en Vigo, agás alumnas derivadas polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

Obxectivos e contidos:
O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que poida acontecerlles na súa vida particular.



11/03/2020
Actos aprazados.Programa de actos en marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres
Aprázanse as actividades programadas e pendentes de realizar previstas en marzo dentro do programa de actos polo Día Internacional das Mulleres
Co obxecto de previr, na medida das nosas posibilidades, contaxios do virus Covid-19 na nosa cidade, e facendo un exercicio de responsabilidade, comunicamos que as actividades que quedan pendentes de realizar dentro do programa de actos que o Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo tiñan organizado no mes de marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres quedan aprazadas.
Así, a entrega do VIII Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a María Xosé Porteiro, a visita guiada á ruta en feminino "Sons de Mulleres", a proxección do filme "La directora de orquesta" e a actuación musical do grupo "DE VACAS" quedan aprazadas.

A organización fixará novas datas para estas actividades que serán difundidas coa suficiente antelación nesta paxina web www.igualdadevigo.org e nas redes sociais da Concellería de Igualdade "IgualdadeVigo"

11/03/2020
Aviso:aprázanse as actividades programadas, e pendentes de realizar, previstas en marzo dentro do programa de actos polo Día Internacional das Mulleres
Aprázanse as actividades programadas, e pendentes de realizar, previstas en marzo dentro do programa de actos polo Día Internacional das Mulleres

Co obxecto de previr, na medida das nosas posibilidades, contaxios do virus Covid-19 na nosa cidade, e facendo un exercicio de responsabilidade, comunicamos que as actividades que quedan pendentes de realizar dentro do programa de actos que o Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo tiñan organizado no mes de marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres quedan aprazadas.

10/03/2020
Actividade aprazada.Visita guiada á ruta en feminino "Sons de mulleres" a cargo de María Casar
Aplázanse as actividades programadas e pendentes de realizar previstas en marzo dentro do programa de actos polo Día Internacional das Mulleres
Co obxecto de previr, na medida das nosas posibilidades, contaxios do virus Covid-19 na nosa cidade, e facendo un exercicio de responsabilidade, comunicamos que as actividades que quedan pendentes de realizar dentro do programa de actos que o Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo tiñan organizado no mes de marzo con motivo do Día Internacional das Mulleres quedan aprazadas.
Así, a entrega do VIII Premio de Igualdade "Ernestina Otero" a María Xosé Porteiro, a visita guiada á ruta en feminino "Sons de Mulleres", a proxección do filme "La directora de orquesta" e a actuación musical do grupo "DE VACAS" quedan aprazadas.

A organización fixará novas datas para estas actividades que serán difundidas coa suficiente antelación nesta paxina web www.igualdadevigo.org e nas redes sociais da Concellería de Igualdade "IgualdadeVigo"




21/01/2020
Programa de actividades do Centro de Documentación Feminista xaneiro/xullo 2020
A Concellería de Igualdade informa da programación de actividades que se desenvolverá no noso Centro de Documentación e Recursos Feministas desde o mes de xaneiro ata o mes de xullo de 2020.

14/10/2019
Listado de cursos que a Concellería de Igualdade desenvolve nas asociacións e vogalías da muller no periodo de outubro a decembro 2019
Relación de cursos aprobados pola Concellería de Igualdade para realizar nas asociacións e vogalías da muller das asociacións veciñais dentro do programa municipal: “Ser Muller é unha boa idea” desde o 14 de outubro ata o 20 de decembro de 2019.

09/10/2019
Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro de Autoprotección para mulleres
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos empadroadas en Vigo, agás alumnas derivadas polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
Obxectivos e contidos:
O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que poida acontecerlles na súa vida particular.

04/10/2019
Xornadas: "Co-educa. Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en Igualdade"
Xornadas: "Co-educa. Coeducación para previr a violencia de xénero e para a promoción dunha cultura en Igualdade" , que se desenvolverán en Vigo durante os días 6 e 7 de novembro pola tarde.

Organiza: Concellería de Igualdade do Concello de Vigo

Persoas destinatarias: preferentemente a profesorado, persoal docente e comunidade educativa en xeral, así como a  persoas e entidades que realizan a súa intervención no eido educativo.

Obxectivos:
.- Fomentar a coeducación para previr a violencia de xénero e a promoción dunha cultura en        igualdade , que detecte e rexeite as novas formas de violencias machistas, e permita        visibilizar á comunidade educativa novos modelos de relación baseados na igualdade.

.- Difundir as experiencias de traballo en igualdade desenvolvidas nos centros de ensino coa finalidade de expor as boas prácticas a todo o profesorado da contorna e propiciar o intercambio de coñecemento.

Lugar: salón de actos da UNED. Auditorio Mar de Vigo

09/09/2019
Programa de actividades do Centro de Documentación Feminista setembro/decembro 2019
A Concellería de Igualdade informa da programación de actividades que se desenvolverán no noso Centro de Documentación e Recursos Feministas desde o mes de setembro ao mes de decembro de 2019

06/09/2019
Programa de actividades da Casa das Mulleres setembro/decembro 2019
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil 20):

- OBRADOIRO “TEATRO PARA A VIDA”
Destinado a mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: María Rodríguez Salgueiro .

- OBRADOIRO “ARTE, PAISAXE E XÉNERO”
Destinado a mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Iria Vázquez López.

- ESCOLA DE EMPODERAMENTO: CREANDO SORORIDADE
Destinado a mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.

- CURSO DE INTRODUCIÓN Á IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE HOMES E MULLERES PARA PROFESIONAIS
Destinado a homes e mulleres maiores de 18 anos con perfil profesional nos eidos social e de educación formal e non formal.
Formadora: Cristina Rodríguez Ramos.

Máis información sobre obxectivos, contidos, datas e horarios nos arquivos adxuntos







06/05/2019
Concerto "Enredadas. Coplas e alalás" .10 de maio no Auditorio Mar de Vigo
O venres 10 de maio, o Auditorio Mar de Vigo acollerá ás 20:30 h o concerto "Enredadas". Coplas e alalás con Uxía, Ugía Pedreira, Carmen París e Martirio.

02/05/2019
Programa de actividades do Centro de Documentación Feminista. Maio a xullo de 2019
Programa de actividades do Centro de Documentación e Recursos Feministas

Desde maio a xullo de 2019 o Centro de Documentación Feminista acollerá as seguintes actividades: faladoiros, obradoiros de edición en wikipedia, laboratorio de lectura e escritura, presentacións de libros e cafés literarios.
Ademais, por primeira vez o Centro estará na Feira do libro de Vigo durante o período do 27 de xuño ao 6 de xullo


26/04/2019
Obradoiro de iniciación á Wikipedia.Edición en Galipedia no Centro de Documentación Feminista
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informamos do comezo de prazo de inscrición para a participación na seguinte actividade:

II OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á WIKIPEDIA: EDICIÓN EN GALIPEDIA
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Xoves 9 de maio, de 16:30 a 20:30 horas impartido por María Zaos, editora da Wikipedia en galego.

26/04/2019
Laboratorio de lectura e escritura no Centro de Documentación Feminista
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informamos do comezo de prazo de inscrición para a participación na seguinte actividade:
LABORATORIO DE LECTURA E ESCRITURA
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Mércores 8 de maio e Xoves, do 16 maio a 27 xuño  de 19:00 a 20:00 h

Imparte: María Carrazoni (escritora e formadora)

-

07/03/2019
Abre o prazo de inscrición para o Obradoiro de Autoprotección para mulleres
A Concellería de Igualdade organiza un Obradoiro de Autoprotección para mulleres que se desenvolverá durante os días 26 de marzo, 1, 2, 4, 5, 8 , 9 , 11 e 12 de abril.

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos empadroadas en Vigo, agás alumnas derivadas polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

15/02/2019
Mª Xosé Queizán distinguida polo Consello Municipal da Muller de Vigo, Premio de Igualdade "Ernestina Otero" 2019
O Consello Municipal da Muller de Vigo outorga na súa sétima edición, o Premio de Igualdade "Ernestina Otero" á escritora Mª Xosé Queizán Vilas.

08/02/2019
Curso de formación en Igualdade para monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no curso de formación en Igualdade dirixido ao monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.
Ofértanse en dúas quendas; unha en horario de mañá e outra en horario de tarde.

04/02/2019
Actividades no Centro de Documentacion e Recursos Feministas. Xaneiro-Abril 2019
O Centro de Documentación e Recursos Feministas dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo difunde o seu programa de actividades que se desenvolverán no dito centro ata o vindeiro mes de abril.

22/01/2019
Actualizado 2019- Listado de cursos gratuítos que programa a Concellería de Igualdade e que se realizarán nos locais das asociacións veciñais
Un ano máis, a Concellería de Igualdade pon en marcha o programa formativo "Ser muller é unha boa idea" por medio do cal ofértanse 52 horas de formación ás vogalías da muller das asociacións veciñais.


22/01/2019
Apertura do prazo de inscrición para participar nas actividades formativas da Casa das Mulleres
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil 20).

.- Proceso de inscrición:
Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición e unha vez firmada deberá enviarse á Concellería de Igualdade ou a Casa das Mulleres, ben en persoa ou por email. Enviarase unha ficha por cada unha das actividades solicitadas.

Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
Lugar de inscrición: na Casa das Mulleres (Romil 20, de luns a venres, 17:30-21:30h; ou casadasmulleres@vigo.org); na Concellería de Igualdade (1º andar do Concello de Vigo, de luns a venres, 9:00-13:30; ou ofi.muller@vigo.org)

.- Criterios de admisión nas actividades con límite de prazas: terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran algún curso sobre a mesma materia. Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono/whatsapp

27/10/2018
III Xornadas Municipais Unidas contra as violencias machistas.16 e 17 novembro
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mailo Consello Municipal da Muller organizan unha nova edición das Xornadas Municipais Unidas contra as Violencias Machistas que este ano levan por título "Deconstruamos a violencia cun enfoque feminista".

09/10/2018
Apertura do prazo de inscrición para participar no obradoiro de Autoprotección para mulleres
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no OBRADOIRO DE AUTOPROTECCIÓN PARA MULLERES

Dirixido a: mulleres maiores de 18 anos empadroadas en Vigo, agás alumnas derivadas polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

Obxectivos:

O obxectivo deste obradoiro é proporcionarlles ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de autoprotección que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan de seguridade con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, senón fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para que poidan ser de utilidade ante calquera imprevisto de carácter violento que poida acontecerlles na súa vida particular.

02/10/2018
Apertura prazo inscrición obradoiros na Casa das Mulleres
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizaran esta formación (ou similar) con anterioridade.

Inscrición previa desde o martes 3 de outubro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do teléf. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h.

Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .

21/09/2018
A Concellería de Igualdade promove na cidade a exposición A SAIA RAÍÑA. Testemuñas. Mulleres galegas enloitadas no século XXI
Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo temos o prazer de informar que o martes, 25 de setembro, ás 20:00h, terá lugar na Casa das Artes a inauguración da exposición "A SAIA RAÍÑA". Testumuñas. Mulleres galegas enloitadas no século XXI

Durante o acto realizarase unha visita guiada a cargo de Rita Más, directora e creadora da mostra.


16/07/2018
Boletín de novidades do Centro de Documentación e Recursos Feministas
O Centro de Documentación e Recursos Feministas, centro dependente da Concellería de Igualdade, publica o boletín de novidades que recolle os últimos documentos adquiridos e incorporados ao fondo bibliográfico do Centro.

13/03/2018
CONTACONTOS DE IGUALDADE PARA CATIVAS E CATIVOS
Contacontos de Igualdade a cargo de Raquel Queizás o mércores, 21 de marzo no espazo de lecer infantil de Coia

09/03/2018
Suspensión actos aire libre nesta fin de semana: contacontos e carreira "Vigo móvese pola Igualdade"
Atendendo ás condiciones metereolóxicas adversas previstas para este fin de semana comunicamos que se suspenden as seguintes actividades:
Contacontos de Raquel Queizás que ía realizarse o sábado 10 de marzo na Praza "8 de marzo" e a Carreira "Vigo móvese pola Igualdade" prevista para este domingo 11 de marzo.

21/02/2018
VI Premio de Igualdade Ernestina Otero a Dna Ana Gandón Menduiña
Desde a Concellería de Igualdade comunicamos que o Consello Municipal da Muller de Vigo outorga neste ano 2018 o

VI Premio de Igualdade Ernestina Otero a Dna Ana Gandón Menduiña

20/02/2018
Programa de actos no mes de marzo con motivo da conmemoración do 8 de marzo "Día Internacional das Mulleres"
Desde o Concello de Vigo organizamos no mes de marzo numerosos e diversos actos e actividades con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.

Na organización e desenvolvemento da meirande parte deste programa colabora o Consello Municipal da Muller.

14/02/2018
Programa de actividades do Centro de Documentación Feminista e Casa das Mulleres (xaneiro-xuño 2018)
Programa de actividades da Casa das Mulleres e do Centro de Documentación Feminista.
Ata o mes de xuño organizamos numerosas e diversas actividades, como son: presentacións de libros, club de lectura, obradoiros, exposicións, faladoiros, etc

25/01/2018
Programa de cursos do primeiro semestre na Casa das Mulleres. Aberto o prazo de inscrición
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres durante o primeiro semestre de 2018.

09/11/2017
Sábado 18 de novembro proxección do filme " A palabra xusta" no Auditorio municipal
O sábado 18 de novembro ás 20:30h a Concellería de Igualdade proxectará no Auditorio municipal o filme " A palabra xusta", un documental de Miguel Piñeiro.

19/10/2017
II XORNADAS MUNICIPAIS: Unidas contra as violencias machistas. O camiño cara ao Pacto de Estado

Os días 3 e 4 de novembro de 2017 desenvolveranse en Vigo as "II Xornadas municipais: Unidas contra as violencias machistas. O camiño cara ao Pacto de Estado"

Estas xornadas están organizadas pola Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo.

08/09/2017
Programa de actividades no Centro de Documentación Feminista e na Casa das Mulleres (setembro/decembro 2017)
Programa de actividades que a Concellería de Igualdade desenvolverá na Casa das Mulleres e no Centro de Documentación e Recursos Feministas desde o mes de setembro ata o mes de decembro de 2017

02/06/2017
Boletin Coeducativo nº1 da Concellería de Igualdade. xuño 2017
A Concellería de Igualdade difunde o 1º Boletín Coeducativo elaborado co obxecto de dar a coñecer os programas implementados pola Concellería de Igualdade dirixidos ao alumnado, nas súas diferentes etapas educativas, coa finalidade de fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas para promover a coeducación e previr a violencia de xénero.

04/05/2017
Obradorio de autoprotección para mulleres
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de Autoprotección para mulleres que se realizará nos meses de maio e xuño durante nove sesións formativas

14/03/2017
A Casa das Artes acolle a exposición "Con A de Astrónomas"
As áreas de Igualdade do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra promoven a exposición "Con A de Astrónomas" que se poderá visitar desde o día 22 de marzo ata o 14 de maio de 2017 na primeira planta da Casa das Artes.

Esta é unha aventura dobre. Por unha banda esta exposición permítelle ao público mergullarse na ciencia da Astronomía: galaxias, estrelas, planetas, cometas... os obxectos que poboan o Cosmos son os seus protagonistas, como tamén o son as miles de mulleres que investigaron sobre este eido.

13/03/2017
Nova data para a actividade : Contacontos de Igualdade
O contacontos que tiñamos previsto realizar na praza da Princesa o pasado sábado, 11 de marzo e cancelado polo mal tempo, trasládase a este venres, 17 de marzo, ás 17:00h.

11/03/2017
AVISO: cancelación do contacontos de hoxe con motivo do mal tempo
Aviso importante: con motivo do mal tempo que temos hoxe, suspéndese o contacontos que tiñamos previsto realizar na praza da Princesa ás 17:30h da mán da narradora Cris De Caldas

21/02/2017
Programa de actos con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres
A Concellería de Igualdade, en colaboración co Consello Municipal da Muller de Vigo, organiza unha serie de actos e actividades no mes de marzo con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres

16/12/2016
Proxección de curtas seleccionadas polo festival Cortoespaña no auditorio municipal
A Concellería de Igualdade convida a asistir ás proxeccións de curtas seleccionadas polo festival Cortoespaña os vindeiros días 16 e 29 de decembro.

16/12/2016
Pases para o ciclo de cine infantil no Auditorio Municipal
A Concellería de Igualdade convida a asistir ás proxeccións de cine infantil os días 27 e 28 de decembro no auditorio municipal.

18/10/2016
Xornadas "Unidas contra as violencias machistas"
Desde a Concellería de Igualdade informamos que os días 4 e 5 de novembro (venres e sábado) organizamos en Vigo unhas Xornadas, que baixo o título "Unidas contra as violencias machistas" tratarán sobre a Violencia de Xénero.

Organización: Concellería de Igualdade e Consello Municipal da Muller de Vigo.
Lugar: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/ Policarpo Sanz, 26. Vigo

15/09/2016
Programa de actividades outono 2016 na Casa das Mulleres e no Centro de Documentación Feminista
Desde o mes de setembro ata o mes de decembro a Casa das Mulleres e o Centro de Documentación Feminista acollen diversas actividades: obradoiros, exposicións, faladoiros e presentacións de libros, cafés literarios...

15/07/2016
Comunicado do Consello Municipal da Muller
O Consello Municipal das Mulleres do Concello de Vigo denuncia o horario insuficiente e o peche una quincena en agosto do punto de encontro de Vigo, dependente da Xunta de Galicia

12/05/2016
Presentación do libro "ELAS" de Aurora Marco e inauguración da exposición que o acompaña
A Concellería de Igualdade convídavos a asistir ao acto de presentación do libro “Elas “ da escritora Aurora Marco, acto que inaugurará a mostra que baixo o mesmo título estará exposta na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura desde o día 18 de maio ata o día 19 de xuño.

12/04/2016
Resultado do sorteo de 3 lotes de libros do ciclo de cine infantil
Ás 10h do día de hoxe a Concellería de Igualdade procedeu a realizar o sorteo de 3 lotes de libros entre os nenos e as nenas que asistiron ao ciclo de cine infantil e presentaron a correspondente folla de participación.

08/04/2016
Anuncio da data de sorteo para @s participantes do ciclo infantil
O vindeiro martes, 12 de abril, ás 10h, nas dependencias da Concellería de Igualdade (1ª planta da casa do concello) procederase a realizar o sorteo de 3 lotes de libros infantís e/ou xuvenís entre as nenas e os nenos que cubriron e entregaron a folla de participación, que se lles facilitou en cada unha das proxeccións dos filmes do ciclo de cine infantil. Ciclo organizado en marzo, no Verbum, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres.

01/03/2016
Ciclo de cine infantil
Un ano máis, desde a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller, organizamos un ciclo de cine infantil, que proxectaremos no Verbum-Casa das Palabras durante 3 domingos do mes de marzo.

26/02/2016
Programa de actos en Vigo con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller, organiza unha serie de actos e actividades no mes de marzo con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres.

05/02/2016
Comunicado do Consello Municipal da Muller
Hoxe, na casa do Concello, representantes do Consello Municipal da Muller difunden aos medios un comunicado de repulsa e indignación contra os comentarios sexistas realizados polo exconcelleiro de Igualdade do Concello de Moraña

21/01/2016
Programación de obradoiros na Casa das Mulleres
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizaran esta formación con anterioridade.
Inscrición previa desde o día 22 de xaneiro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .

Dirixidos a mulleres maiores de 18 anos.


01/12/2015
Representación no auditorio municipal da obra teatral "Té con kant" da compañía Inversa Teatro
Da man da Concellería de Igualdade a compañía Inversa Teatro representará no auditorio municipal a peza teatral "té con kant" o vindeiro mércores, 9 de decembro ás 21h.

Entrada libre ata completar o aforo

10/09/2015
Comunicado do Consello Municipal da Muller
O Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada o día 8 de setembro de 2015 acordou elaborar e difundir un comunicado contra o tratamento que están a facer os distintos medios de comunicación sobre a noticia do asasinato da nosa veciña Divina Mendes

12/05/2015
Difusión do traslado ao Reitor da Universidade de Vigo da queixa formulada no Observatorio Municipal de Xénero
O Observatorio Municipal de Xénero é un instrumento municipal, dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, que ten como función recoller as queixas e suxestións da cidadanía e organizacións en relación coa igualdade de xénero


O Observatorio pretende recibir as reclamacións cidadás sobre calquera situación que vulnere o dereito da igualdade de oportunidades na cidade de Vigo, e difundir datos e estudos específicos sobre a situación das mulleres no noso contorno.

Entre as súas funcións están:

- A recepción, canalización e investigación das reclamacións e denuncias de situacións de discriminación por razón de sexo realizadas pola cidadanía.
- Formulación de recomendacións, e propostas destinadas ás iniciativas públicas e privadas.
- Proporcionar datos, informacións e estudos realizados sobre a situación das mulleres no noso contorno.
- Identificar e analizar as desigualdades existentes nos distintos ámbitos da vida das cidadás de Vigo.
- participar e articular o seguimento e avaliación do IV Plan de Igualdade Municipal.
- Dar conta periodicamente da xestión levada a cabo ao Consello Municipal da Muller.
- A avaliación do impacto na sociedade viguesa das políticas de igualdade que se están poñendo en marcha.

06/05/2015
Obradoiro "A ciberviolencia sexual na mocidade"
Co obxectivo de reflexionar, debater, entender e rexeitar a ciberviolencia sexual e o acoso que principalmente sofren as rapazas nos contornos dixitais desde a Concellería de Igualdade organizamos o obradoiro: "A ciberviolencia sexual na mocidade" dirixido a: nais, pais, e familiares interesad@s.

24/04/2015
Ciclo de conferencias: Tempo de seu: "Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial"
A Concellería de Igualdade organiza, durante os días 4, 5, 6 e 7 de maio, o ciclo de conferencias Tempo de seu: "Mulleres, historia e saúde na 1ª Guerra Mundial".

“Tempo de Seu” é un ciclo de relatorios que trata sobre as mulleres como suxeitos históricos cuxo devir implica a adaptación dos seus corpos e as súas continxencias.


13/04/2015
xornadas formativas: "O contexto educativo.Clave para previr a violencia de xénero e sexual na mocidade"
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo informa que durante os días, 24 e 25 de abril, organiza as xornadas formativas: "O contexto educativo.Clave para previr a violencia de xénero e sexual na mocidade"

Esta acción enmárcase no programa "Irene" de información, formación e prevención da violencia sexual na mocidade e adolescencia que o Concello de Vigo ten conveniado co Instituto da Muller para o período 2014/2015.


22/02/2015
Programa de actos con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
Baixo o lema: "Mulleres en loita, xuntas contra a desigualdade", a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller, organizan una serie de actos con motivo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres

06/02/2015
Cursos nas asociacións veciñais do programa de formación persoal "Ser muller é unha boa idea"
Programa de Formación Persoal nas asociacións promotoras da Igualdade Outubro 2014/ xuño 2015

Acadar a igualdade real entre mulleres e homes é un fin que todas e todos deberíamos perseguir, pois só así conseguiremos unha sociedade máis xusta e igualitaria.

06/02/2015
Programación do primeiro semestre na Casa das Mulleres e Centro de Documentación Feminista
A Concellería de Igualdade, dirixida por Isaura Abelairas, difunde o programa de actos e actividades que se desenvolverán no primeiro semestre no Centro de Documentación Feminista e na Casa das Mulleres

05/12/2014
Relatorio "Xogos, xoguetes e contos que nos fan máis iguais"
No marco da Campaña Municipal para favorecer o Uso non Sexista de Xogos e Xoguetes a Concellería de Igualdade organiza a seguinte actividade:

Relatorio: "Xogos, xoguetes e contos que nos fan máis iguais",

21/11/2014
Conferencia de Marcela Lagarde "A Violencia Feminicida e os Dereitos Humanos das Mulleres"
O martes, 2 de decembro, estará en Vigo Marcela Lagarde y de los Ríos, convidada pola Concellería de Igualdade para impartir a conferencia " A Violencia Feminicida e os Dereitos Humanos das Mulleres"

18/11/2014
EnlazaVigo contra a Violencia de Xénero 2014
Con motivo da conmemoración do 25 de novembro "Día Internacional contra a violencia de xénero" a Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller poñen en marcha un ano máis a iniciativa EnlazaVigo contra a Violencia de Xénero.

Esta edición de 2014 estará centrada na ciberviolencia de xénero na mocidade co obxecto de previla, recoñecela, e non ser cómplices destas actitudes e comportamentos. Son formas de violencia reproducidas en dixital, coas mesmas caractarísticas na súa raíz de desigualdade e sexismo que a violencia de xénero, pero en novos formatos e coa inmediatez que facilitan as novas tecnoloxías.

29/10/2014
Conclusións das Xornadas municipais "As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo"
Durante os días 24 e 25 de outubro celebráronse en Vigo as xornadas municipais "As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo" organizadas pola Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller.



03/10/2014
Xornadas municipais "As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo"
A Concellería de Igualdade de Vigo xunto co Consello Municipal da Muller organiza unhas xornadas sobre a Violencia de Xénero que baixo o título: " As violencias contra as mulleres a estudo. O patriarcado. Respostas do feminismo" terán lugar en Vigo os días 24 e 25 de outubro

Lugar de realización: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/Policarpo Sanz, 24

02/10/2014
Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro "OS NOVOS FEMINISMOS"
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.

Inscrición previa desde o día 3 de outubro ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

19/09/2014
Programa de actividades da Casa das Mulleres e Centro de Documentación Feminista. Periodo setembro/decembro
A Concellería de Igualdade pon en marcha unha nova programación para o Centro de Documentación Feminista e Casa das Mulleres que se realizarán durante o período de setembro a decembro de 2014.

18/09/2014
Aberto prazo de inscrición para obradoiro "Libro de recordos. Recuperando a identidade das mulleres"
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa das Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.

Inscrición previa desde o día 19 de setembro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.

Lugar de realización do obradoiro: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .

12/09/2014
Aberto o prazo de inscrición para o curso "UNHA VIAXE COAS PINTORAS DAS VANGARDAS”
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa as Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.

Inscrición previa desde o día 12 de setembro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .

11/09/2014
Aberto o prazo de inscrición para o curso LIDERADO FEMININO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa as Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.

Inscrición previa desde o día 12 de setembro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .


29/08/2014
Aberto prazo de inscrición para curso gratuito de Risoterapia
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o seguinte obradoiro de carácter gratuíto que se impartirá na Casa as Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.

Inscrición previa desde o día 29 de agosto e ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 horas.

30/06/2014
Entrega dos agasallos @s premiad@s no sorteo do ciclo de cine de Igualdade
A Concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, entregou hoxe os cinco lotes de libros ao neno e ás nenas premiadas no sorteo que realizou o noso departamento entre @s menores que asistiron ao ciclo de cine infantil no mes de maio e presentaron a folla de participación.

24/06/2014
RESULTADO DO SORTEO CICLO CINE INFANTIL E XUVENIL
RESULTADO DO SORTEO de 5 lotes de libros entre os nenos e nenas que asistiron ao ciclo de cine infantil e xuvenil que organizou a Concellería de Igualdade no mes maio no Auditorio Municipal e presentaron a folla de participación:

25/04/2014
Sesións matinais de cine infantil durante os sábados do mes de maio
A Concellería de Igualdade promove un ciclo de cine dirixido a público infantil e xuvenil durante os cinco sábados do mes de maio.

11/04/2014
Formación: Xénero e Igualdade de Oportunidades.
Obradoiro formativo sobre " Xénero e Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade"

11/04/2014
Formación: Liderado feminino a través da comunicación
A Concellería de Igualdade abre hoxe o prazo de inscrición para o obradoiro gratuíto "Liderado feminino a través da comunicación" que se impartirá na Casa das Mulleres, rúa Romil, 20.

25/03/2014
Programa de actividades na Casa das Mulleres e no Centro de Documentación Feminista (marzo/xuño 2014)
Desde marzo ata xuño, a Casa das Mulleres e o Centro de Documentación Feminista serán a sede de numerosas e diferentes actividades que a Concellería de Igualdade organiza a prol da Igualdade.

13/03/2014
Relatorio: "Saúde e dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres"
Relatora: Isabel Blanco Domínguez. Xinecóloga. Premio de Igualdade "Ernestina Otero" 2014

Presenta: Isaura Abelairas, concelleira de Igualdade

10/03/2014
Obradoiros na Casa das Mulleres
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.

21/02/2014
Actos polo "8 de marzo" Día Internacional das Mulleres
Con motivo da conmemoración do "8 de marzo", Día Internacional das Mulleres, a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo en colaboración co Consello Municipal da Muller organiza unha serie de actos na cidade baixo o lema " Pola defensa dos dereitos sexuais, reprodutivos e aborto".


29/11/2013
20 aniversario do Consello Municipal da Muller (1993/2013)
O Consello Municipal da Muller de Vigo, co motivo da celebración dos seus 20 anos de constitución organiza diversos actos na cidade o luns, 2 de decembro.

19/11/2013
ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo volvemos poñer en marcha a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista.

23/10/2013
Exposición "Mujeres bajo sospecha. Memoria y sexualidad (1930-1980)"
O Concello de Vigo e a Universidade de Vigo a través das súas correspondentes departamentos de Igualdade inaugurarán o vindeiro 28 de outubro a exposición Mujeres bajo sospecha. Memoria y sexualidad (1930-1980), comisariada por Raquel Osborne e María Rosón, que acollerá ata o 30 de novembro a primeira planta da Casa das Artes.

01/10/2013
Relatorio na Casa das Mulleres a cargo da doutora Marité Puga, presidenta de FUPADE
A Concellería de Igualdade convídavos a asistir á conferencia que a Doutora María Teresa Puga impartirá mañá mércores ás 18,00h na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, nº 2 Vigo)

A Doutora María Teresa Puga, Directora Xeral de Violencia Familiar do Ministerio de Familia de Córdoba, é tamén fundadora e coordinadora da ONG FUPADE, Fundación "Mujer, Paz y Desarrollo", e ocupou numerosos cargos nos parlamentos da provincia de Córdoba e da lexislatura da nación Arxentina.

16/09/2013
Programa de actividades desde setembro a decembro na Casa das Mulleres e no Centro de Documentación e Recursos Feministas
A Concellería de Igualdade oferta un numeroso e diverso grupo de actividades dentro da programación que acollerá o Centro de Documentación e Recursos Feministas e a Casa das Mulleres para o último cuatrimestre de 2013.


16/09/2013
Memoria das emigradas. Apuntamentos para un filme
O mércores, 18 de setembro, ás 19:30h, a Casa das Mulleres acollerá o acto "Memoria das emigradas. Apuntamentos para un filme"

25/06/2013
Semana Orgullo 25-29 xuño Vigo 2013
A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, presentou os actos da Semana do Orgullo, que comezan hoxe martes e rematan o sábado cunha manifestación ás 19:30 horas con saída na farola de Urzáiz convocada pola Asociación Nós Mesmas. Hoxe, ás 20 horas, inaugúrase o programa con "Visibilidade e activismo. Obras da Colección Visible de arte LGTB", mostra que estará na Casa das Artes ata o 21 de xullo.

23/05/2013
Obradoiro "Xénero e Igualdade. Análise dos factores que interveñen na desigualdade"
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto:

“XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE”

16/05/2013
Manifesto do Consello Municipal da Muller contra a reforma da lei do aborto
O Consello Municipal da Muller, na sesión extraordinaria celebrada o mércores 15 de maio, aprobou o seguinte manifesto contra a reforma da lei do aborto:

15/04/2013
Informe territorial desde a perspectiva de xénero sobre a situación social de mulleres e homes de Vigo
Lembramos que este mércores, 17 de abril, a Casa das Mulleres acollerá a seguinte actividade:

Relatorio: "Informe territorial dende a perspectiva de xénero sobre a situación social de mulleres e homes de Vigo"

03/04/2013
Xornadas de apoio ao emprendemento e liderado empresarial feminino
A Concellería de Igualdade organiza as "Xornadas de apoio ao emprendemento e liderado empresarial feminino" que se celebrarán na Casa das Mulleres durante seis sesións: 11, 18, 25 de abril e 2, 9 e 16 de maio.

26/03/2013
Ciclo de charlas. Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas
CICLO DE CHARLAS. Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas
Entrevistas a catro mulleres que fixeron historia na cidade de Vigo

Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
R/ Joaquín Yañez 6. Biblioteca Pública Central. 2º andar

18/03/2013
Programación xaneiro/xuño da Casa das Mulleres e do Centro de Documentación e Recursos Feministas
A Concellería de Igualdade oferta un numeroso e diverso grupo de actividades dentro da programación que acollerá o Centro de Documentación e Recursos Feministas e a Casa das Mulleres para o primeiro semestre de 2013.

04/03/2013
Actos en Vigo polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan unha serie de actividades e actos na cidade.

01/03/2013
Maratón de chíos pola Igualdade!
Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade de Vigo convocan o Maratón de tweets pola Igualdade de xénero #VigoIguala.

28/02/2013
Carmen Segurana distinguida co Premio Ernestina Otero 2013 polo Consello Municipal da Muller
O Consello Municipal da Muller de Vigo, na sesión celebrada o día 27 de febreiro de 2013 acordou distinguir co Premio Ernestina Otero a Dona Carmen Segurana.

O premio otorgarase no transcurso dunha cea no Hotel Coia, o venres 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

28/02/2013
Comunicado do Consello Municipal da Muller contra as manifestacións de Toni Cantó
Na sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2013, o Consello Municipal da Muller acordou difundir un comunicado de repulsa contra as manifestacións de Toni Cantó


07/02/2013
A Actriz Uxía Blanco impartirá o obradoiro: "A Voz: unha ferramenta para triunfar"
Este venres 8 de febreiro a Concellería de Igualdade abre o prazo para que as mulleres que o desexen poidan inscribirse no Obradoiro "A Voz: unha ferramenta para triunfar" impartido pola actriz Uxía Blanco.
Preténdese facilitar as claves para elaborar as nosas mensaxes dun xeito conciso, auténtico e eficaz, vencendo o medo a falar en público.

12/12/2012
Programa de Charlas na Casa das Mulleres. semana do 17 ao 21 de decembro
A Concellería de Igualdade dá a coñecer a programación de charlas que terán lugar na Casa das Mulleres durante a semana do 17 ao 21 de decembro:

Charla: “ XOGOS, XOGUETES E CONTOS QUE NOS FAN MÁIS IGUAIS”

Charla: “ A VOZ: UNHA FERRAMENTA PARA TRIUNFAR”

12/12/2012
Sinalización do Roteiro en Feminino "Sons de Mulleres"
A iniciativa de Mulheres Nacionalistas Galegas, o Concello de Vigo, a través da Concelería de Igualdade, asumiu a sinalizacións dos 15 puntos que integran este roteiro, que ten como obxectivo visibilizar ás mulleres que, individual ou colectivamente, teceron a historia de Vigo.

O acto terá lugar o sábado 15 de decembro ás 12:00 h

15/11/2012
ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo volven poñer en marcha a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista

15/11/2012
Charla-coloquio: ENREDÁMONOS NAS REDES...?
O martes, 20 de novembro, o Auditorio municipal acollerá a charla-coloquio "Enredámonos nas redes...?", organizada pola Concellería de Igualdade co obxecto de transmitir a información necesaria para previr a violencia de xénero nas redes sociais entre a mocidade

08/06/2012
Comeza o prazo para presentar solicitudes á convocatoria de subvencións da Concellería de Igualdade para a realización de programas de promoción da muller durante o ano 2012
Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións da Concellería de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller no ano 2012.

08/05/2012
Resolución do Concurso de microvídeos polo Día Internacional das Mulleres
O vídeo "Tí" de José Araujo Pérez gañador do concurso de microvídeos "8 de marzo. Día Internacional da Muller 2012"

13/04/2012
Presentación do libro "Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano"
O xoves 19 de abril ás 20:00 h, a Casa Galega da Cultura acollerá a presentación do libro "Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano", editado pola concellería de Igualdade no marco das actuacións recollidas no IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes de Vigo.

19/03/2012
Este xoves comeza o ciclo HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA
No marco das actuacións do IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes do Concello de Vigo 2009/2012, o Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza un CICLO DE CHARLAS SOBRE A HISTORIA DAS MULLERES EN GALICIA

15/03/2012
CICLO DE CINE INFANTIL
Co gallo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller organizamos un ciclo de cine infantil

10/03/2012
Concurso de microvídeos polo Día Internacional das Mulleres
Con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o concurso de MICROVÍDEOS "8 de marzo, Día Internacional da Muller- 2012"

13/02/2012
ACTIVIDADES NO CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS
Xa está disponible o programa de actividades que desde o mes de febreiro e ata o mes de xuño organiza a concellería de Igualdade no Centro de Documentación e Recursos Feministas.

13/02/2012
PROGRAMACIÓN CASA DAS MULLERES FEB/XULLO
Desde o mes de febreiro ata o mes de xullo, a Concellería de Igualdade organiza numerosas e variadas actividades na Casa das Mulleres.

16/12/2011
Campaña municipal "Por un uso non sexista dos xogos e xoguetes"

14/12/2011
FALLO DO XURADO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL E MICROVÍDEOS
A concelleira de Igualdade, Chus Lago xunto con algunha das persoas integrantes do xurado, fixo público o fallo do xurado do Concurso de fotografía dixital e microvídeos que o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de igualdade convocaron co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

12/12/2011
Club de lectura no Centro de Documentación e Recursos Feminists

28/10/2011
Concurso de Fotografía dixital e Microvídeos: 25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de xénero
Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de xénero o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o concurso de FOTOGRAFÍA DIXITAL e MICROVÍDEOS “ co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá en contra da violencia que se exerce sobre as mulleres.

07/10/2011
A mostra "Con A de astrónomas" pode visitarse na Casa das Mulleres
A Casa das Mulleres acolle durante todo o mes de outubro a exposición "Con A de astrónomas".

04/10/2011
Programa actividades da Casa das Mulleres
A Concellería de Igualdade presenta o programa de actividades que acollerá a Casa das Mulleres nos meses de outubro, novembro e decembro

29/09/2011
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS
O Centro de Documentación e Recursos Feministas, servizo adscrito á concellería de Igualdade, ten programado numerosas e diversas actividades para os vindeiros meses. Un exemplo destas actividades, son as seguintes: ciclo de charlas sobre "Mulleres con historia", obradoiros literarios, presentacións de libros, cafés literarios...


21/09/2011
Exposición "Emigración de mujeres valientes"
A CASA DAS ARTES, acolle ata o día 30 de setembro a exposición "Emigración de mujeres valientes" ; proxecto do Instituto da Muller que se expón por primeira vez na cidade de Vigo.

14/06/2011
Videoforum da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o xoves 16 de xuño ás 18.0 horas a proxección do filme: "Pequena Miss Sunshine"

14/06/2011
Campaña "A educación non é un conto:polos dereitos das nenas e das mulleres"
A Casa das Mulleres acolle desde o día 20 ao 24 de xuño diversas actividades arredor da Campaña Mundial de Educación " A educación non é un conto:polos dereitos das nenas e das mulleres"

06/06/2011
A exposición "Un mar de Mulleres" visita a Casa das Mulleres
Desde o 6 ata o 17 de xuño do 2011 poderase visitar a exposición fotográfica dos traballos realizados no mar polas mulleres da zona Grupo de acción costeira Ría de Vigo – A Guarda, na Casa das Mulleres

27/05/2011
Obradoiro de escrita creativa coa poeta Támil Salma
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o venres, 3 de xuño de 17.00 a 19.00 h. o obradoiro de escrita creativa coa poeta Támil Salma.

A finalidade deste obradoiro é promover un intercambio de puntos de vista, dende a perspectiva literaria e a humana, que manifeste que malia pertencer a culturas aparentemente moi distintas, as persoas asistentes poden descubrir que son máis as cousas que as achegan que as que as separan.

Organiza: Implicadas No Desenvolvemento
Colabora: Concellería de Igualdade
Coordinan: Salma e María Reimondez (escritoras)

20/05/2011
Presentación do libro "Lidia Senra, a historia dun liderado entrañable"
O martes, 31 de maio, o Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle a presentación do libro "Lidia Senra, a historia dun liderado entrañable" de Tareixa Ledo Regal (Edicións Laiovento, 2010)

O libro fai un percorrido pola figura da que fora secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego durante 18 anos.

19/05/2011
O Consello Municipal da Muller rexeita a Lei de Familia por considerala "regresiva, patriarcal e anticonstitucional"
O Consello Municipal da Muller aprobou un comunicado de rexeitamento ao anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia, por consideralo "regresivo, patriarcal e anticonstitucional".

18/05/2011
MULLER E DEPORTE: beneficios para a saúde
O vindeiro mércores 25 de maio ás 20.00 h, finaliza o ciclo "Muller e saúde integral" que a concellería de Igualdade está a organizar na Casa das Mulleres desde o mes de abril co obxectivo de promover a mellora da calidade de vida e a saúde integral das mulleres potenciando o seu benestar físico e psíquico en todas as etapas das súas vidas.

11/05/2011
Mulleres con historia: María Barbeito
O xoves, 12 de maio, ás 19 h, o Centro de Documentación e Recursos Feministas pechará o ciclo sobre MULLERES CON HISTORIA coa presenza de Aurora Marco que nos falará sobre unha galega con historia: María Barbeito, pioneira da renovación pedagóxica no primeiro terzo do século XX.

04/05/2011
2º Boletín de Novidades do Centro de Documentación e Recursos Feministas
O Centro de Documentación e Recursos Feministas publica un novo boletín de novidades que reflicte as adquisicións de volumes e obras adquiridas polo Centro nos meses de marzo e abril.

04/05/2011
Mulleres con historia: Urania Mella
O xoves, 5 de maio, ás 19 h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas contarase coa presenza de Eva Vieites Salmonte que nos falará sobre unha viguesa con historia: Urania Mella, presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo.

03/05/2011
Clausura do programa Camiña con nós pola Igualdade no CEIP García Barbón
Este martes, 3 de maio, a concelleira de Igualdade, clausurou a sexta edición do programa "Camiña con Nós pola Igualdade" no CEIP García Barbón

27/04/2011
O MARCO acolle a presentación do nº 26 da Revista Festa da Palabra Silenciada
Este xoves, 28 de abril,terá lugar no MARCO a presentación do novo volume da revista FESTA DA PALABRA, que leva por título "Actualizar a Rosalía"

25/04/2011
Presentación do ensaio "PARIR A LIBERDADE. O movemento feminista en Galicia"
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo acollerá este martes, 26 de abril, a presentación ao público da obra PARIR A LIBERDADE. O movemento feminista en Galicia, da xornalista Elvira Fente Gómez.

25/04/2011
Emtrega de premios do concurso de fotografía dixital e microvídeos "Os dereitos das mulleres. A revolución creactiva"
O día 14 de abril presentamos aos medios as obras gañadoras do concurso:

Na modalidade de fotografía dixital concedeuse o premio a Yolanda Martínez Suárez pola presentación da súa obra: "Deixame ceibes as mans"

Na modalidade de microvídeos concedeuse o premio a Julián Maguna Lago pola presentación da súa obra: "Microvídeos con macromensaxe"

12/04/2011
Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL"
A Concellería de Igualdade lembra que este mércores, 13 de abril ás 20.30 da comezo na Casa das Mulleres o Ciclo "MULLER E SAÚDE INTEGRAL" coa impartición do obradoiro "Alimentación Saudable"


01/04/2011
Convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de promoción da muller
Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, no ano 2011.

01/04/2011
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS. Programa actividades abril e maio
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este xoves aos medios o programa de actividades que acollerá o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo durante os meses de abril e maio.

31/03/2011
CASA DAS MULLERES programa de actividades para abril/maio
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este xoves as actividades programadas por esta concellería para os meses de abril e maio na Casa das Mulleres (rúa Romil,20)

31/03/2011
Presentación do libro "Vivir, unha aventura irrepetible. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg"
A Casa Galega da Cultura acolle este martes, día 5 de abril ás 20.00 h, a presentación do libro "Vivir, unha aventura irrepetible. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg"

28/03/2011
Últimos días para participar no Concurso de Microvídeos e Fotografía dixital
Os dereitos das mulleres.
A revolución creactiva

18/03/2011
CICLO DE CINE INFANTIL
O Verbum-Casa das palabras acollerá os sábados 19 e 26 de marzo o ciclo de cine infantil promovido polo Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade dentro das diversas actividades que se promoven no mes de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller

17/03/2011
Presentación do documental DIGNA RABIA
O vindeiro martes, 22 de marzo ás 19:00 h terá lugar a presentación do documental DIGNA RABIA no MARCO (rúa do Priíncipe, 54)

O Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade organizan este acto enmarcado nas actividades organizadas ao longo do mes de marzo co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller

17/03/2011
Xornadas "Lingua, xénero e comunicación"
Durante os días 4 e 5 de abril a Casa das Mulleres acollerá as xornadas "Lingua, xénero e comunicación"

Organizadas pola concellería de Igualdade estas xornadas enmárcanse nas actuacións do IV Plan integral de Igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo (2009-2012), aprobado pola corporación municipal en novembro de 2009, e teñen como obxectivo promover a utilización dunha linguaxe e imaxe non sexista, que visibilice e represente ao conxunto da cidadanía dun xeito igualitario e non sexista

16/03/2011
"22 documentos do feminismo galego"
Este xoves 17 de marzo ás 19:00 h. terá lugar a presentación do libro "22 documentos do feminismo galego" no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Acto organizado pola Fundación Galiza Sempre en colaboración coa concellería de Igualdade



14/03/2011
A prensa de hoxe recolle a Festa da praza "8 de marzo"
A prensa de hoxe recolle a Festa da praza "8 de marzo"

07/03/2011
ACTIVIDADES DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade do Concello de Vigo organizan numerosas e diversas actividades e actos ao longo do mes de marzo.

02/03/2011
Cine Clube LUMIÈRE - ELAS SON ASÍ
O 8 DE MARZO NO MUNDO

23/02/2011
Exposición "VERMELLAS. Chamábanlles rojas"
Coa próxima inauguración da exposición "VERMELLAS. Chamábanlles rojas", o Consello Municipal da Muller e maila concellería de Igualdade damos comezo aos distintos actos e actividades que ao longo de febreiro e marzo organizamos co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

"VERMELLAS. Chamábanlles rojas" é unha exposición que pon nome e rostro ás mulleres represaliadas en Galicia tras o golpe de estado de 1936. Sitúanos no escenario de conculcación dos dereitos humanos que se estableceu tras o golpe militar de 1936, no que a muller é vítima dunha cotidianidade caracterizada por rexistros domiciliarios acompañados de ameazas, saqueos ou maltratos.

A exposición deixa constancia documentada dun número significativo de mulleres vítimas directas da represión. Unhas sancionadas, enxuízadas, postas ante pelotóns de fusilamento, atopadas tiroteadas nas cunetas ou desaparecidas; outras rapadas e purgadas nun contexto de abusos e escarnio dos vencedores. Pero tamén mostra mulleres capaces de rebelarse contra a pretendida vergoña social, que posiblemente como unha forma de amosar desrpezo tanto polo castigo como polos que o levan a cabo, mostran publicamente a súa cabeza pelada e se fan fotos que negan o esquecemento dunha época non ltan lonxana na que a socialización do terror precedeu a unha longa ditadura.

16/02/2011
75 prazas ofertadas para participar no programa Tanto Monta, Monta Tanto
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que este venres 18 de febreiro, se abrirá o prazo de inscrición para participar na nova edición do programa "Tanto monta, monta tanto", que ten por obxectivo fomentar a corresponsabilidade doméstica e familiar.

03/02/2011
XORNADAS SOBRE A IMPLEMENTACIÓN DE PLANS LOCAIS DE IGUALDADE
Os días 7 e 8 de febreiro, o Centro Cultural Novacaixagalicia acollerá una xornada informativa e formativa sobre a implementación de plans locais de gualdade.

Esta actividade está organizada polo Instituto da Muller e a Federación Española de Municipios e Provincias, e ten como finalidade a realización de programas e actividades dirixidas a fomentar a implementación de plans de igualdade nas entidades locais.

02/02/2011
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO OBRADOIRO LITERARIO "NÓS TAMÉN ESCRITORAS"
A Concellería de Igualdade, en colaboración coa editorial Galaxia, organiza o OBRADOIRO LITERARIO “NÓS TAMÉN ESCRITORAS” dirixido a mulleres mozas.

Actividade formativa centrada na escrita literaria enfocada dende unha perspectiva lúdica e participativa. Dende o primeiro instante as participantes estarán creando textos literarios que serán publicados electronicamente ao remate da actividade. Todas as mulleres asistentes recibirán como agasallo dous volumes de obras escritas por mulleres do catálogo Galaxia.

21/12/2010
CAMPAÑA PARA FAVORECER UN USO NON SEXISTA DOS XOGUETES
A concelleira de Igualdade e Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este luns unha nova edición da campaña para favorecer o uso non sexista de xogos e xoguetes, baixo o lema "Regala/Comparte igualdade".

10/12/2010
Implicadas no Desenvolvemento presenta a CAMPAÑA 1 DE 200
A CANTANTE UXÍA E IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO PRESENTAN A CAMPAÑA 1 DE 200:
200 PERSOAS PODEN ERRADICAR O INFANTICIDIO FEMININO

A ONG Implicadas no Desenvolvemento convoca o vindeiro 11 de decembro ás 11.30 horas, no Centro Sociocomunitario do Calvario (R/ Numancia nº 3) unha rolda de prensa para presentar ós medios a campaña 1 de 200, na que colabora a concellería de Igualdade.
A presentación correrá a cargo da cantante Uxía; e Iolanda Veloso, Concelleira de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo ademais de María Reimóndez e Blanca Rodríguez, Presidenta e Secretaria, respectivamente, de IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO.

09/12/2010
Campamento de Nadal para nenas e nenos de 5 a 10 anos
A Casa das Mulleres acollerá un campamento de Nadal para nenas e nenos de 5 a 10 anos de idade durante os días 27, 28 e 29 de decembro na primeira quenda e os días 3, 4 e 5 de xaneiro na segunda quenda.

Con esta actividade a concellería de igualdade pretende axudar á conciliación da vida laboral e familiar, eliminar estereotipos sexistas e educar en valores.

30/11/2010
Servizos técnicos para a implementación de plans locais de igualdade
O Instituto da Muller, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias, como entidade comprometida coas políticas de igualdade de xénero, no marco do convenio de colaboración subscrito entre ambas as dúas entidades, pon en marcha un proxecto de Servizos técnicos para a implementación de plans locais de igualdade.

26/11/2010
Performance contra a Violencia de Xénero
Esta performance tivo lugar en diferentes puntos da cidade: Museo MARCO, Mercado do Calvario, Centro Comercial Travesía, Centro Comercial Gran Vía.

23/11/2010
Entrega premios concurso carteis e microvídeos
A Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller de Vigo
comunican que este mércores, 24 de novembro, terá lugar a entrega de
premios ás persoas gañadoras do concurso de carteis e microvídeos
organizados co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día
Internacional contra a Violencia de Xénero.

Durante o acto estarán expostos os carteis aceptados a concurso e se
proxectarán os microvídeos participantes

16/11/2010
Inaugurada a exposición "Non só doen os golpes"
Onte, 15 de novembro de 2010, a concelleira de Igualdade Iolanda Veloso, xunto con membras do Consello Municipal da Muller, inauguraron a exposición fotográfica "Non so doen os golpes" de Pamela Palenciano, na Escola Oficial de Idiomas.

A concelleira destacou que esta mostra, incluída na programación dos actos do Día internacional contra a violencia de xénero e que poderá visitarse ata o 29 de novembro, ten o obxectivo de "sensibilizar á cidadanía sobre este problema que causa demasiadas mortes no noso país e situacións moi duras na nosa cidade".




10/11/2010
CINEMA INFANTIL E XUVENIL PROGRAMADO PARA O MES DE NOVEMBRO
En arquivo adxunto pódese obter información das catro películas que a Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller proxectarán no Verbun durante o mes de novembro.

Hai tres películas dirixidas a público infantil e unha película dirixida a público xuvenil

03/11/2010
Actividades mes de Novembro
Programa de actividades que a Concellería de Igualdade e mailo Consello Municipal da Muller de Vigo organizan durante o mes de novembro co gallo da conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.

02/11/2010
Colgada na web a cuarta relación de cursos nas asociacións e vogalías da muller

02/11/2010
Aberto o prazo para participar no curso de nanas
Os servizos de Igualdade e Normalización Lingüistica do Concello de Vigo abren o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto:

“Curso de Nanas.Contos de berce, arrolos, nanas.... práctica, valores e composición”, dirixido a futuros pais/nais e a homes e mulleres que teñen fillas/os menores dun ano.

22/10/2010
Xornadas de Mulleres Veciñais - 28 e 29 de outubro
Iolanda Veloso anima a participar nas Xornadas de Mulleres Veciñais que se celebrarán os días 28 e 29 de outubro.

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este martes unha nova edición das Xornadas de Mulleres Veciñais, organizadas en colaboración coa Federación Veciñal, e que terán lugar os días 28 e 29 de outubro, de 16 a 20 horas, no hotel Coia. Na presentación das Xornadas, que se desenvolverán baixo o título "Educación, familia e igualdade", tamén participaron a presidenta da Federación, María Pérez, e a vogal de Muller, Ana Pérez.

15/10/2010
Programa de coeducación EMPATÍA
A concelleira de Igualdade e Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este mércores a segunda edición do programa Empatía, que o ano pasado chegou a 761 alumnos e alumnas e 15 profesores e profesoras. Segundo a concelleira nacionalista, o proxecto ten o obxectivo de "fomentar a educación no valor da igualdade" mediante a participación de toda a comunidade educativa dos centros de ensino de Vigo de ESO e Bacharelato

08/10/2010
Colgada na web a terceira relación de cursos nas asociacións e vogalías da muller

06/10/2010
FALADORIO DO LIBRO “Prostitución: clientes e outros homes”
Xoves, 7 de outubro ás 19.30 horas
no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo

No seo do ciclo “Faladoiros dos libros” do CDRF, da Concellería de Igualdade, o xoves 7 de
setembro ás 19.30h falaremos do libro Prostitución: clientes e outros homes coas autoras do
mesmo, Agueda Gómez e Silvia Pérez.

05/10/2010
Presentación do programa "Camiña con nós pola igualdade" deste ano
Iolanda Veloso anima a participar no programa "Camiña con nós pola igualdade", co obxectivo de previr a violencia

01/10/2010
Certame de micro vídeos do Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade
Con motivo da celebración do Día internacional contra a violencia de xénero que se conmemora o día 25 de novembro, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o concurso de micro vídeos “Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas”.
Este concurso pretende concienciar a toda a sociedade acerca da violencia machista e fomentar unha maior implicación social para que non se esconda, non se escuse e non se ignore a violencia de xénero.

30/09/2010
Colgada na web a segunda relación de cursos nas asociacións e vogalías da muller

28/09/2010
CONTACONTOS de IGUALDADE
“Tanga e o gran leopardo”
e actividades para nenas e nenos a partires de 4 anos
Xoves, 30 de setembro de 18.00 a 19.00 horas
na sala infantíl da Biblioteca Pública Central

23/09/2010
Colgada na web a primeira relación de cursos que se realizarán nas asociacións e vogalías da muller
Programa de Formación e Tempo Libre para asociacións promotoras da Igualdade Outubro 2010/ xuño 2011

Acadar a igualdade real entre mulleres e homes é un fin que todas e todos deberíamos perseguir, pois só así conseguiremos unha sociedade máis xusta.

20/09/2010
Comeza o ciclo Faladoiros dos libros no Centro de Documentación e Recursos Feministas
No seo do ciclo “Faladoiros dos libros” do CDRF, da Concellería de Igualdade, o 23 de setembro ás 19.00h, terá lugar o acto de presentación do libro “Violencias (in)visibles: Intervenciones feministas frente a la violencia patriarcal”. .

17/09/2010
O Consello Municipal da Muller solicitará o ingreso de María Xosé Queizán na Real Academia Galega
O Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada o 14 de setembro acordou solicitar o ingreso de María Xosé Queizán Vilas na Real Academia Galega. Para a consecución deste acordo constituirase unha comisión no seo do consello que teña por finalidade reunir os numerosos méritos da escritora e apoiar a súa candidatura de ingreso na Real Academia Galega.

02/09/2010
Certame de carteis 25 de novembro
CONCURSO DE CARTEIS “25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”. Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas.

07/06/2010
Presentación do 2º tomo de "O Segundo Sexo" de Simone de Beauvoir
O xoves 10 de xuño, a Casa Galega da Cultura acollerá a presentación da tradución ao galego do segundo tomo de "O Segundo Sexo" de Simone de Beauvoir.

02/06/2010
Presentado o novo espazo web sobre Violencia de Xénero
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este martes a nova web que este departamento vén de poñer en marcha sobre a violencia de xénero, www.igualdadevigo.org/violencia. A edil destacou que esta nova ferramenta ten o obxectivo de achegar os recursos municipais e fomentar a comunicación coa cidadanía.






01/06/2010
Charla co gallo do Día Internacional de acción pola saúde das mulleres
No seo das actividades do Día Internacional de acción pola saúde das mulleres programadas pola Concellería día de Igualdade, o 2 día de xuño o Centro de Documentación e Recursos Feministas acollerá unha charla-coloquio sobre a realidade das mulleres coidadoras de persoas dependentes.


Charla-Coloquio: QUEN COIDA ÁS COIDADORAS?

Na mesa contaremos coa presenza de:

Dª Pilar Loira Iglesias (Psicóloga)

Dª Aroa Vázquez Costas (Traballadora social de AFAGA)








31/05/2010
Clausura do Programa Empatía no IES A Guia
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausuraron este venres o programa Empatía, no que participaron un total de 761 alumnas e alumnos de sete centros de ESO de Vigo e 15 profesores/as do IES Castelao.
No acto subliñaron que o eido da educación é un dos ámbitos fundamentais para promover a igualdade e destacaron a boa acollida que están tendo os programas que fomentan esta cultura nos centros educativos da cidade.


27/05/2010
Acto homenaxe a Rosalía de Castro
Neste ano 2010 no que se celebra o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, o Consello Municipal da Muller de Vigo quixo rendirlle unha homenaxe e reivindicar a súa figura destacada como feminista, defensora da nosa cultura e da nosa língua, celebrando unha mesa redonda que levou por nome:

ROSALÍA DE CASTRO, AURORA E PORVIR

A mesa estivo integrada por:

.- Mª Xosé Queizán Vila: "A xustiza pola man de Rosalia de Castro verso a verso"
.- Pilar García Negro: "A evidencia feminista frente á conveniencia sexista"
.- María do Cebreiro Rábade: " O sentido ético da poesía de Rosalía de Castro"






25/05/2010
Aberto o prazo para participar na convocatoria de subvencións. 2010
A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 10 de maio de 2010, aprobou, entre outros asuntos “As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, no ano 2010”.

O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

A convocatoria publícase no BOP o día 24 de maio de 2010, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude no Rexistro Xeral é o 14 de xuño.

12/05/2010
Clausura do programa "Camiña con nos pola igualdade" na EEI Monte da Guia
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, clausuraron este mércores unha nova edición do programa "Camiña con nós pola igualdade", que na súa quinta convocatoria se impartiu en 35 centros escolares e acadou os 2.622 alumnos e alumnas participantes.

10/05/2010
Constituída en Vigo a Mesa de coodinación para a mellora da atención a vitimas de violencia de xenero
O xoves 6 de maio a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presidiu a constitución da Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero. Na reunión estiveron representados os seguintes organismos: Subdelegación do Goberno, Xulgado de Violencia sobre a Muller, Colexio de Avogados/as, Policía Nacional ,Policía Local a través da EVAP, o Centro de Emerxencia e a Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

19/04/2010
O centro de Documentación Feminista agasallará cun libro as persoas que visiten as instalacións do 19 ao 23 de abril

Con motivo da celebración o día 23 de abril, do Día do Libro, o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, que depende da Concellería de Igualdade, agasallará cun libro ás persoas que durante os días 19 e 23 de abril se acheguen a visitar as instalacións.

O horario do Centro, que está ubicado na Biblioteca Central, é de luns a venres de 10 a 14 horas e de martes a venres de 16 a 20 horas.

15/04/2010
Presentacion do libro "1325 mujeres tejiendo la paz"
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente da Concellería de Igualdade, acollerá a presentación do libro “1325 mujeres tejiendo la paz” o vindeiro xoves 22 de abril ás 20,00 h.


26/03/2010
Inaugurado o Centro de Documentación e Recursos Feministas
Onte foi inaugurado o Centro de Documentación e Recursos Feministas polo Tenente de Alcalde, a concelleira de Igualdade e o concelleiro de Cultura. O Centro emprázase na 2ª planta da Biblioteca Central (rúa Joaquín Yañez,6. Casco Vello)

Este centro, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas. Recolle a documentación recompilada pola extinta asociación "GECM-Alecrín" desde os anos 80 e o fondo documental xerado pola concellería de Igualdade.

Os fondos da nova dotación municipal están integrados por 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais, dos que moitos están xa fóra do mercado e descatalogados.

22/03/2010
Hoxe proxección do filme "EN TERRA DE HOMES"
Actividades complementarias do Día Internacional da Muller
Ciclo de Cine
Proxeción do film "En terra de homes" (título orixinal: "North country". USA; 2005).

15/03/2010
Proxección película “Sara” (Sara)
15/03/2010 - Concellería de Igualdade do Concello de Vigo
Hora: 20:30

Non deixes de consultar a Axenda de Actividades ou o calendario de actividades de mes de Marzo que tes nesta web!

09/03/2010
Actividades mes de marzo
Non deixes de consultar a nosa axenda de actividades

05/03/2010
Celebra con nós o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Organizada polo Consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade, a Praza 8 de Marzo acollerá, o domingo 7 de marzo, unha xornada repleta de actividades de música, títeres, lectura, graffiti, humor e agasallos.As actividades previstas, que se prolongarán durante toda a xornada neste espazo (situado entre os números 89 e 91 da rúa Camelias), transformarán esta céntrica praza nun lugar de encontro das mulleres da cidade e do público en xeral, xa que no programa están incluídos actos para nenas e nenos e persoas adultas.

01/03/2010
Comeza o CICLO DE CINE organizado polo Consello Municipal da Muller
Coa proxección da pelicula "CARAMEL", dará comezo o ciclo de cine que o consello Municipal da Muller e a concellería de Igualdade organizan en colaboración co Cine Club Lumiere co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

01/03/2010
Celebración do 8 de Marzo. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade organizan unha serie de actividades durante todo o mes de marzo baixo o lema: "DEREITOS DAS MULLERES. A REVOLUCIÓN CREATIVA".

28/02/2010
ACTIVIDADES INFANTÍS- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-
Actividades para público infantil con motivo da celebración do Dia Internacional da Muller.

14/12/2009
Programa EMPATÍA
Programa de Educación para a Iguadade

13/12/2009
XVII Xornadas de Mulleres Veciñais
15, 16 e 17 de decembro
Verbum. Casa das Palabras. Samil

27/11/2009
Obradoiro: "Galegas na Historia".
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Galegas na Historia", actividade organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.

27/11/2009
Obradoiro: "Supervivencia para a mocidade"
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Supervivencia para a mocidade", actividade organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.

25/11/2009
Declaración institucional con motivo da celebración do 25 de novembro
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE VIGO CON MOTIVO DO DÍA 25 DE NOVEMBRO: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

20/11/2009
Concerto de Voces Femininas con Basia Bulat + Dawn Landes + Hello Saferide

O sábado 21 de novembro ás 22.30 horas, terá lugar o concerto principal do festival Voces Femininas 2009 no auditorio do Centro Cultural Caixanova . Subirán ao escenario Basia Bulat, Dawn Landez e Hello Saferide.

20/11/2009
Peche e clausura do programa SIMMA
Hoxe venres finalizou o programa de formación SIMMA -paquete de medidas para paliar o síndrome da muller maltratada- no que participaron quince mulleres vítimas de maltrato derivadas de servizos de atencíon e acollemento a mulleres, servizos sociais de atención primaria, entidades que integran o plan local de drogodependencias e outras entidades de iniciativa social.

20/11/2009
Pleno extraordinario para a aprobación da declaración institucional con motivo do día 25 de novembro e para a aprobación do“IV Plan municipal integral para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2009-2012”
O vindeiro mércores 25 de novembro, con motivo da commemoración do "Día internacional sobre a eliminación da violencia que se exerce sobre as mulleres "o Concello de Vigo celebrará unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación no que intervirá Luisa Ocampo Pereira en representación do Consello Municipal da Muller, e de seguido a concelleira de igualdade Iolanda Veloso quen presentará o “IV Plan municipal integral para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2009-2012” para a súa posterior aprobacion por parte de toda a corporación municipal.

19/11/2009
Presentación da segunda edición do Programa Empatía
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este martes a segunda edición do programa "Empatía", dirixida a toda a comunidade educativa dos centros de ensino secundario, e que busca promover a cultura da igualdade de oportunidades

18/11/2009
A nova campaña contra a violencia de xénero diríxese a mocidade, sector no que medran os casos de maltrato
A campaña que a Concellería de Igualdade ven de poñer en marcha co gallo da Día Internacional contra a Violencia de Xénero, do vindeiro 25 de novembro, está dirixida aos escolares de ESO e Bacherelato.

02/11/2009
Proxecto SIMMA - medidas para paliar o síndrome da muller maltratada- Inscricións ata o 9 de novembro
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Igualdade, pon en marcha a iniciativa “SIMMA”: paquete de medidas para abordar e tratar de xeito integral o Síndrome da Muller Maltratada, proxecto subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco das axudas para o desenvolvemento de programas experimentais e innovadores en materia de prevención e tratamento integral da violencia de xénero.

24/09/2009
3.000 prazas de formación e tempo libre dirixidas a mulleres
Iolanda Veloso anuncia que Igualdade ofrece 3.000 prazas de formación e tempo libre dirixidas a mulleres

23/09/2009
Presentación do programa "TANTO MONTA, MONTA TANTO"
Esta mañá a concelleira de igualdade presentou aos medios o programa de fomento da corresponsabilidade doméstica e familiar: "tanto monta, monta tanto".

18/09/2009
“MÓDULO FORMATIVO: “DEREITO E RELACIÓNS DE XÉNERO”. Aberto o prazo de inscrición!
A Concellería de Igualdade informa que en breve se abrirá o prazo de inscrición para participar no módulo: “Dereito e relacións de xénero” do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta concellería.

22/06/2009
Encontro: A SAÚDE REPRODUCTIVA DAS MULLERES
Vigo (Casa das mulleres - Rúa Romil, 20)
26 e 27 de Xuño de 2009

INFORMACIÓN, MATRÍCULAS E BECAS:
Secretaría de Alumnos da UIMP
C/San Francisco, S/N (Fundación Luis Seoane, 2ª Planta) - 15001 A CORUÑA
Teléfono 981 140 830 – Fax 981 140 825
Correo electrónico: galiciasa@uimp.es
www.uimp.es

Matrícula gratuíta logo de inscrición (con dereito a diploma)
Valor académico: 10 horas
Recoñecemento en Créditos de Libre Elección

09/06/2009
Nova publicación disponible na web: Avaliación do 3º Plan Municipal de Igualdade
A Concellería de Igualdade publica o "Resumo do Informe de avaliación do 3º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Vigo"

05/06/2009
Aberto o prazo para participar na Convocatoria de Subvencións
Tras a publicación o día 4 de xuño de 2009 no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller no ano 2009 (aprobada pola Xunta de Goberno local o 11 de maio), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes.

As entidades interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou ben por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

23/04/2009
Cubertas as prazas para participar no Módulo Economía e Xénero, prazas gratuitas
A Concellería de Igualdade ofrece 50 prazas gratuítas para participar no módulo: "Economía e Xénero" do Programa Oficial de Posgrao de Estudos de Xénero organizado pola Universidade de Vigo en colaboración con esta Concellería. O módulo realizarase ao longo do mes de maio.

16/04/2009
Aberto o prazo de inscrición para participar no Obradoiro "Ser home por un día"
A concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto: “Ser home por un día”

Presentación:
É un obradoiro só para mulleres que trata a identidade e a construción do xénero como práctica para-teatral. A masculinidade, como a feminidade, son o resultado dunha construción socio-cultural.
Cada mañá, millóns de persoas en todo o mundo caracterízanse para desenvolver o papel que a sociedade lles ten asignado: unhas vístense como homes, outras como mulleres. E durante todo o día actúan como tales, como lles aprenderon desde pequenas. Pero como sabe perfectamente calquera actriz e calquera actor, unha vez que coñeces a mecánica da actuación, estás preparada para afrontar con maior ou menor fortuna calquera tipo de personaxe.

O que se propón é un cambio de papeis. Por un día, polo menos, asumir o personaxe do outro, e concienciarnos de que o xénero é algo construído e, polo tanto, modificable. Se os homes ocupan a posición do dominio non é porque o mande a natureza, e aprender a actuar como un home, aprender a ser o dominante, é algo ao alcance de calquera muller.
Cada participante quedará co que lle sexa útil deste obradoiro, pero todas terminamos cunha experiencia compartida (e a emoción) de ter chegado máis aló do noso “eu” cotiá e ter agrandado o noso repertorio de xénero.

Metodoloxía:
Dúas actrices (Patricia de Lorenzo e Natalia Outeiro) e unha maquilladora traballarán con cada unha das participantes para transformalas totalmente. Aprenderase a ocupar o espazo, camiñar, comer, falar, etc. como homes. Relacionarémonos entre nós como as nosas personaxes e desenvolveremos novas identidades. O obradoiro remata cunha visita a un lugar público, onde se porá a proba as novas identidades.

26/03/2009
CONTACONTOS PARA NENOS E NENAS DE 6 A 12 ANOS
O sábado 4 de abril o Verbum acollerá a realización do contacontos

“O MENIÑO NITO. Entón, os homes choran ou non?

23/03/2009
Proxección do documental "MULLERES DA RAIA"
O MARCO acollerá este venres 27 de marzo, un acto organizado pola Concellería de Igualdade, no que se presentará o documental "MULLERES DA RAIA" de Diana Gonçalves.

13/03/2009
Convite: Obra de teatro RAZÓNS DE PESO
Con motivo da celebración do día internacional da muller, a Concellería
de Igualdade, pon en marcha a representación da obra de teatro: "Razóns
de Peso".

Producción: Pinguela Teatro. Unha escritora, unha directora,unha escenógrafa, unha deseñadora de luz, unha deseñadora de vestiario, dúas actrices….. Mulleres cómplices.
Vivimos nunha sociedade que marca a velocidade ata nas miradas. Non hai tempo para observar, para coñecerse realmente, a primeira impresión pretende definirte.
“Pinguela Teatro” quixo poñer esta peza enriba dun escenario para pegar un berro, para soltar cadeas, para mostrar que as persoas están máis alá da súa imaxe. Rachar con tópicos, aprender a dar oportunidades.
Razóns de peso é unha comedia. Pretende achegar este tipo
de problemas ao público dun xeito entretido, provocador,
divertido…



Directora: Anabel Gago. Textos: Clara Gayo
Reparto: Chelo de Rejo e Ana Puente.
Día: Venres, 20 de marzo.
Hora: 20,00 horas
Entrada libre e gratuíta ata completar o aforo
Lugar: Conservatorio Profesional de Música.
Fotógrafo Felipe Prósperi s/n. Vigo (no entorno da avda da Florida)Plano de situación, ver mapa:

http://centros.edu.xunta.es/cmusprofesionalvigo/imagenes/mapa.jpg

05/03/2009
8 de marzo. DIA INTERNACIONAL DA MULLER
O Consello Municipal da Muller e a concellería de igualdade do Concello de Vigo organizan a FESTA _CRE*ACTIVAS* _que baixo o lema "Imaxinar a
Igualdade non abonda. CREA ACTÚA!" celebrará este domingo, 8 de marzo, na praza "8 de marzo" de Vigo (rúa Camelias entre números 89 e 91) unha
gran festa co obxectivo de gozar dunha xornada de convivencia e de reivindicación.

A festa transformará a centrica praza nun lugar de encontro das mulleres da cidade e do público en xeral , xa que no programa están incluídos
actos para nenas e nenos e persoas adultas.

As actividades previstas desenvolveranse de xeito ininterrumpido de 10,00 h a 20,00 horas e perseguen a participación activa das persoas que
asistan. Así, o público poderá contribuír coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados
relativos á situación da muller.

Contaremos con animación da praza durante todo o día , Graffiti, exposicións, mostra de traballos tradicionais de mulleres, música en
directo a cargo de Dj, rap, folk, cantareiras...

Haberá agasallos para quen asista.
VÉMONOS NA PRAZA!

05/02/2009
Homenaxe a 6 mulleres represaliadas
A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural do Concello promove un acto de Memoria Histórica e recoñecemento conxunto para as 6 mulleres homenaxeadas que o Pleno da Corporación Municipal con data 31 de marzo de 2008 acordou incluir no rueiro da cidade.

05/02/2009
Presentación do nº 24 da Festa da Palabra

05/02/2009
Nova relación de cursos da 2ª fase do programa "Ser muller é unha boa idea"
Desde xaneiro a xuño de 2009 desenvolveranse 60 horas de formación nas asociacións e vogalías da muller correspondentes á segunda fase do programa municipal: “Ser muller é unha boa idea” promovido pola Concellería de Igualdade.

04/02/2009
Xa está en funcionamento o CENTRO DE EMERXENCIA PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

27/12/2008
Campaña municipal para favorecer o uso non sexista dos xoguetes
A Concellería de Igualdade promove o uso non sexista dos xoguetes coa campaña "Imaxina Vigo".

21/12/2008
RELACIÓN DE CURSOS NAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS. ANO 2009
Desde xaneiro a xuño de 2009 desenvolveranse 60 horas de formación nas asociacións e vogalías da muller correspondentes á segunda fase do programa municipal: “Ser muller é unha boa idea” promovido pola Concellería de Igualdade.

11/12/2008
Clausura e entrega de diplomas da 7ª edición do programa "Vivir en parella é cousa de 2"
O venres 12 de decembro terá lugar o acto de clausura da sétima edición do programa "Vivir en parelle é cousa de 2" no que se lles fará entrega dos diplomas aos/ás máis de 100 participantes.

Contarase coa presencia da socióloga Cristina García, profesora da Universidade Autónoma de Madrid que impartirá unha conferencia sobre o uso dos tempos entre os homes e as mulleres na sociedade

O acto de clausura terá lugar no Centro Social Caixanova ás 19,00 horas.

01/12/2008
PROGRAMA "EMPATÍA" promoción da cultura de igualdade na ESO
O Concello pon en marcha o programa "Empatía" para promover a igualdade na comunidade educativa da ESO

21/11/2008
Campaña municipal para a colaboración cidadá fronte a violencia contra as mulleres
O Concello impulsa a campaña "Cóntao. E se mañá está morta?" para involucrar á cidadanía contra a violencia de xénero

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentaron hoxe a campaña "Cóntao", co gallo da conmemoración do 25 de novembro do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller. A campaña busca un compromiso da cidadanía na loita contra a violencia de xénero e para acadalo repartiranse 10.000 caixas coas mensaxes da campaña que conteñen unha tarxeta-carné de compromiso, un colgante para o teléfono móbil e un calendario de mesa cun decálogo de responsabilidade individual.

17/10/2008
COMEZO DO MÓDULO DE IGUALDADE de 12 horas de duración . INSCRÍBETE nas asociacións veciñais que se relacionan na listaxe adxunta
1ª Fase do Programa de Formación e Tempo Libre para asociacións promotoras de Igualdade.

10/10/2008
Programa de formación e tempo libre para asociacións promotoras de igualdade
Outubro 2008/ Xuño 2009

07/10/2008
Vivir en parella é cousa de 2. 7ª Edición. Outono 2008
Cursos gratuítos, prazas limitadas!!
O prazo para inscribirse comeza o 10 de outubro.
Requisitos: ser maior de idade, estar empadroado no Concello de Vigo e non inscribirse nun curso realizado en previas edicións.

06/10/2008
FORMACIÓN: PROMOTORAS DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES.
Abre camiño cara novas oportunidades laborais. Aprende a traballar na cultura da igualdade entre mulleres e homes cunha metodoloxía activa e participativa
Organiza: Concellería de Igualdade. Concello de Vigo

01/10/2008
O Concello repartirá 500 unidades didácticas en centros escolares vigueses para fomentar a igualdade
O Concello de Vigo repartirá 500 unidades didácticas en diversos centros de ensino da cidade co obxectivo de facilitar ao profesorados ferramentas coas que profundizar na igualdade entre nenos e nenas, segundo anunciou este mércores a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.

18/09/2008
OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA. dirixido preferentemente a asociacións e colectivos de mulleres. Aberto prazo de Inscrición!
Destinatarias (por orde de preferencia):

1º.- Asociacións de mulleres, preferentemente de Vigo
2º.- Vogalías e secretarías da muller da cidade
3º.- Mulleres profesionais de Vigo que traballen con mulleres en institucións públicas ou privadas e que apliquen a perspectiva de xénero e de igualdade de oportunidades na súa practica profesional.

IMPORTANTE: Co obxecto de ofrecer o curso ao maior número de colectivos, só aceptarase a incrición de 2 participantes por entidade ou asociación.

18/09/2008
LOS PLACERES DE LOLA. Obradoiro de erotismo para mulleres. Aberto o prazo de inscrición para 2 obradoiros!
Lilith. Acción Social e Educativa e Los Placeres de Lola impartirán un obradoiro tuppersex feminista cun fin formativo ademais de lúdico, no que se pretende quitar de encima os mitos, tabús e prexuízos e permitir que as mulleres poidan gozar, coñecerse, reivindicar e descubrir a súa sexualidade.

04/07/2008
A CONCELLEIRA DE IGUALDADE GARANTE QUE NENGUNHA MULLER TEN QUEDADO SEN ATENCION TRAS O PECHE DA CASA DE ACOLLIDA
"Nengunha das mulleres vítimas de malos tratos que solicitaron axuda ao Concello de Vigo quedaron sen cobertura tras o peche da Casa de Acollida.
"Se en17 anos non se pode modificar os servizos que ofrece o Concello, pouco eficaces serán"

19/06/2008
Entrega de Premios do programa "incentivos para promover accións de igualdade nos centros de ensino"
Os centros "EEI Monte do Alba", o colexio Salesiano "María Auxiliadora" e o "IES Castelao" premiados.

17/06/2008
Clausura do programa "CAMIÑA CON NOS POLA IGUALDADE"
O día 17 de xuño a Concelleira de Igualdade clausurou no CEIP "O Pombal" o programa "Camiña con nós pola igualdade, no que participaron 2200 alumnas e alumnos da cidade.

10/06/2008
Igualdade pon en marcha unha rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero integrada por tres pisos e un Centro de Emerxencia
Tres pisos e un Centro de Emerxencia son os servizos que integran a rede de atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero, segundo anunciou este luns a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso.

05/06/2008
CURSO AUTOESTIMA / A NOSA VALORACIÓN PERSOAL
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para este curso de carácter gratuíto, dirixido a todas as mulleres maiores de 18 anos, empadroadas no Concello de Vigo.

26/05/2008
Concentración en repulsa da violencia machista
A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 29 de maio ás 20:00 h na rúa do Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporáneo (MARCO)

22/05/2008
Cento vinte mulleres participan no primeiro obradoiro erótico
Cento vinte mulleres participan no primeiro obradoiro erótico "Os praceres de Lola" organizado pola Concellería de Igualdade

Un total de cento vinte mulleres participarán no primeiro obradoiro erótico, denominado "Os praceres de Lola", organizado pola Concellería de Igualdade, segundo anunciou hoxe a concelleira Iolanda Veloso. "Dar a coñecer aspectos da sexualidade feminina nun ambiente distendido e relaxado dende unha perspectiva feminista é o obxectivo fundamental desta iniciativa, que terá lugar no Centro Cívico do Casco Vello", subliñou a concelleira de Igualdade

13/05/2008
Iolanda Veloso presenta a nova páxina web da Concellería de Igualdade: www.igualdadevigo.org
Iolanda Veloso presenta a nova páxina web da Concellería de Igualdade: www.igualdadevigo.org
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este luns a nova páxina web deste departamento, http://www.igualdadevigo.org , que nace co obxectivo de achegar á cidadanía todos os servizos que ofrece a Concellería de Igualdade do Concello vigués. "Este novo recurso intégrase na campaña informativa que estamos a desenvolver", sinalou a edil, quen explicou que o emprego dos novos soportes é unha das características da campaña divulgativa

24/04/2008
O Concello porá vivendas de protección a disposición de mulleres maltratadas
A Xerencia de Urbanismo deu conta este xoves ao Consello de que esta semana estarán a disposición do Concello tres vivendas no Casco Vello que serán destinadas a mulleres que sufriron a violencia machista. O proceso quedou resolto, tras o debate xurídico suscitado polo pago do IVE, e a próxima semana se entregarán ás mulleres.

17/04/2008
Vivir en Parella é cousa de 2
Cursos gratuitos! Plazas limitadas!
Inscrición, do 7 ao 18 de Abril 2008
Poden realizarse a través do teléfono 986 810 284 ou acudindo á Concellería de Igualdade.

17/04/2008
Subvencións da Concellería de Igualdade para o ano 2008

04/03/2008
A praza 8 de Marzo acollerá a festa do Día Internacional da Muller
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Consello Municipal da Muller de Vigo celebrará o vindeiro sábado 8 de marzo unha gran festa co obxectivo de facer visible o traballo que están a desenvolver as asociacións que compoñen o Consello e de gozar dunha xornada de convivencia e reivindicación

30/11/1999
Campaña municipal "Por un uso non sexista dos xogos e xoguetes"

30/11/1999
aaaa
bbbbb

30/11/1999
aaaaaa
aaaaaa

30/11/1999
Programa de actividades do Centro de Documentación Feminista setembro/decembro 2019
Desde a Concellería de Igualdade informamos do programa de actividades que o noso Centro de Documentación e Recursos Feministas pon en marcha para o periodo setembro a decembro de 2019

0-60/0/1600
Obradoiro "Supervivencia para a mocidade".
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Supervivencia para a mocidade", actividade organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

0-60/0/1600
Obradoiro "Galegas na Historia"
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro de carácter gratuíto: "Galegas na Historia", actividade organizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

0-60/0/1600

0-60/0/1600

0-60/0/1600

0-60/0/1600

0-60/0/1600

0-60/0/1600



Ameco Press

24/01/2023
Encuentro con la escritora Kajsa Ekis Ekman: "La necesidad de sanción al putero"

La Comisión para la Investigación de Malos Tratos a Mujeres organiza un evento con la periodista y escritora abolicionista sueca Kajsa Ekis Ekman, que tendrá lugar el próximo martes 31 de enero, a las 18H en el Instituto Internacional -C. de Miguel Ángel, 8, 28010, Madrid- "Sobre la necesidad de sanción al cliente de la prostitución, el putero".
En estos momentos se [...]

20/01/2023
Gobierno y organizaciones denuncian el "protocolo antiaborto" como recorte de derechos

Madrid, 18 ene. 23 AmecoPress.- La aprobación, el pasado mes de diciembre por parte del legislativo, de una reforma para la Ley de Libertad Sexual y Reproductiva de 2010 ha sido objeto de debate público desde entonces. El objetivo de esta reforma es garantizar con la máxima plenitud los derechos y libertades de las mujeres en lo respectivo a salud sexual y reproductiva.
[...]

20/01/2023
2.390 personas migrantes fallecieron durante 2022 en sus trayectos hacia el Estado español

Madrid, 18 de ene. 2023. AmecoPress.- Caminando Fronteras hace público su informe anual de monitoreo de personas migrantes que pierden la vida en su trayecto migratorio hacia España por la frontera occidental euroafricana, Derecho a la Vida ? Año 2022. Este informe, elaborado por el Observatorio de Derechos Humanos del colectivo, da cuenta de la tendencia cada vez más peligrosa de las rut [...]

20/01/2023
Empleadas de hogar y cuidados demandan cumplimientos reales

Madrid, 18 ene. 23 AmecoPress.- Tras el III Encuentro de Trabajadoras del Hogar y los Cuidados, del pasado 27 de noviembre de 2022, en el que mujeres de 18 asociaciones de trabajadoras de este sector conversaron para la construcción conjunta de argumentación y estrategias para la lucha por sus derechos y condiciones; emiten un comunicado manifiesto común con las demandas concretas al Gobiern [...]

20/01/2023
La tasa de feminicidios en 2021 es la más baja desde que hay registros

Madrid, 18 de ene. 2023. AmecoPress.- La tasa de feminicidios por cada millón de mujeres de 15 o más años en 2021 fue de 2,37, la más baja de toda la serie histórica, con un descenso del 39,5% desde 2003, que fue el año con la tasa de muertes por violencia de género más alta: 3,92 por cada millón de mujeres mayores de 15 años. Ese año la violencia de género dentro de la pareja o exp [...]

20/01/2023
Título en Prevención de los Efectos de la Pornografía por primera vez en la Universidad

Madrid, 18 de ene. 2023. AmecoPress.- La Comisión para la Investigación de Malos Tratos a Mujeres colabora con la Universidad Rey Juan Carlos de Madrid en la impartición de su primer Título de Experto o Experta en Prevención de los Efectos de la Pornografía en la Salud Afectivo-Sexual. La URJC será la primera universidad pública que ofrezca formación en esta materia en España.

20/01/2023
28 entidades, 42 programas y 19 proyectos para fomentar la igualdad en el ámbito académico

Madrid, 18 de ene. 2023. AmecoPress.- La directora del Instituto de las Mujeres, Antonia Morillas, ha resuelto la concesión de subvenciones a Universidades y a Organismos Públicos de investigación para el año 2023, que se integran en el marco del III Plan Estratégico para la Igualdad Efectiva de Mujeres y Hombres 2022-2025, como herramienta específica de la línea de trabajo dirigida a tr [...]

20/01/2023
Una mujer pierde la vida en choque de trenes del Metro

México. 17 ene. AmecoPress/SEMlac.- Yaretzi de 25 años murió el 7 de enero durante el impacto del choque de trenes del Sistema de Transporte Colectivo Metro STC, en el túnel que une las estaciones La Raza y Potrero. Ella recibió un impacto que le causó la muerte cuando viajaba en un vagón que, embestido por otro, donde la mayoría de lesionadas son mujeres. Sin que se haya informado sobr [...]

20/01/2023
El trovador cubano Fernando Bécquer, encarcelado por abusos sexuales

La Habana, 17 ene. 23 AmecoPress/SEMlac.- El trovador cubano Fernando Bécquer, sancionado por abusos lascivos, ha sido encarcelado. La evolución en el tiempo de este caso puede marcar un antes y un después en la respuesta pública a las violencias machistas en la nación caribeña. El lunes 9 de enero, a pesar de estar cumpliendo una sanción de libertad limitada, Fernando Bécquer arremeti? [...]

17/01/2023
Ciclo de diálogo: Juventud y feminismo

El Ciclo de Diálogos 'Juventud y Feminismos' tiene como objeto el periodismo feminista.
Tendrá lugar el jueves, 19 de enero, en la sala de diálogos del INJUVE.
C/ Ortega y Gasset, 71, a las 12:00h.
También se podrá seguir a través de la retrasmisión, pincha aquí.

-
imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100