• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaServizos e Recursos  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Servizos e Recursos


Teléfono da muller: 986 293 963

Servizo municipal de información e asesoramento telefónico para mulleres, dirixido especialmente ás vítimas da violencia.

Atendido as 24 horas do día por persoal especializado, asegura unha orientación inmediata e precisa sobre recursos e servizos existentes na comunidade achegándolles ás mulleres vítimas da violencia información urxente sobre recursos legais e sociais ao seu alcance e apoio e atención en situacións de angustia.

 Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

Servizo municipal de información e asesoramento ás mulleres adscrito á  Concellería de Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás vítimas da violencia.

O Centro é atendido por un equipo de profesionais composto por unha psicóloga, unha avogada, unha traballadora social e unha administrativa.
É a vía de entrada á Casa de Acollida para Mulleres Maltratadas de Vigo, así como ao Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI).

Ofrece atención presencial, telefónica e online a través de videochamada, ou en varios idiomas a través da caixa de correos de consultas xurídicas: osnososdereitos.muller@vigo.org

A atención é confidencial. As mulleres que o desexen poderán ser atendidas de forma anónima.

Programas xerais: 

  • Programas de información e asesoramento xurídico, social e psicolóxico.
  • Servicio Municipal de Atención Domiciliaria da Infancia: consiste no coidado de nenas/os menores de 12 anos cando a nai deba ausentarse, de forma que non queden soas
Programas dirixidos a mulleres vítimas da violencia:
  • Programa de asistencia psicolóxica especializada: asesoramento, intervención en crise, terapia individual, terapia grupal e terapia familiar.
  • Programa de asesoramento e apoio social: información, orientación e asesoramento acerca de recursos de aloxamento e/ou acollemento, recursos educativos, recursos e prestacións socio-económicas, escolarización e coidado das fillas e fillos, información e derivación a recursos de emprego, recursos e apoio social e de saúde.
  • Programa de asesoramento xurídico: asesoramento en todo tipo de consultas penais, de dereito e de familia. Asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia. Asistencia nas xestións xurídicas que procedan.
  • Programa de atención psicolóxica a fillas/os menores de vítimas de violencia de xénero: atención psicolóxica especializada a menores entre 6 e 17 anos, fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Programa de acollemento e protección para mulleres vítimas de violencia de xénero: o CIM é a vía de entrada para o Centro de Emerxencias para mulleres en situación de violencia de xénero, que ofrece acollemento e protección de urxencia a mulleres e fillas/os que precisen abandonar a súa vivenda. Ademais, o Concello de Vigo conta con 3 vivendas de protección e acollemento temporal, dirixidas a mulleres que, tras o seu paso polo CEMVI, continúen necesitando apoio e protección ata conseguir a súa total autonomía.
  • Programa de axudas económicas municipais para vítimas de violencia de xénero: axudas económicas de carácter urxente e non periódico, para facer fronte a necesidades derivadas principalmente da violencia de xénero no proceso de ruptura co agresor.
  • Solicitude do Servizo ATENPRO: servizo que consiste no préstamo dun dispositivo móbil que ofrece atención inmediata en situacións de emerxencia os 365 días do ano 24 horas do día. Dirixido a persoas que interpuxeran denuncia por violencia de xénero contra a súa parella ou exparella e non convivir co agresor.
  • Teléfono 24 horas 986 293 963: atendido as 24 horas do día por persoal especializado, ofrece información inmediata e precisa sobre recursos de acollemento e protección de urxencia, así como información urxente sobre recursos legais e sociais dirixidos a vítimas de violencia de xénero e apoio e contención en situacións de angustia.
Horario: de luns a venres de 09:00 a 14:00 h e xoves de 15:00 a 18:00 h.
Enderezo: rúa Romil, 20. 36203 Vigo
Teléfono: 986 293 963
Fax: 986 201 153
Consulta xurídica on-line: osnososdereitos.muller@vigo.org


Cofinanciación a través de subvencións da Secretaría Xeral da Igualdade a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade.

                 
 
 

Consulta xurídica on-line

osnososdereitos.muller@vigo.org

 O Concello de Vigo pon a disposicición das mulleres que estean interesadas un correo electrónico para que poidan facer consultas xurídicas sobre o dereito de familia, malos tratos, dereito penal, dereito civil, discriminación sexual, acoso laboral, etc.

As consultas serán respostadas directamente pola avogada do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. A resposta a ditas consultas, en xeral e salvo situacións concretas especiáis (vacacións, días non laborables, etc), non se dilatará, na medida do posible, máis aló de 24-36 horas.

 Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de violencia de xénero

O Concello de Vigo, en colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Secretaría Xeral da Igualdade, pon en marcha este centro coa finalidade de ofrecer un aloxamento inmediato e de curta estancia ás mulleres ( e ás súas fillas e fillos) que se atopan inmersas nunha situación de malos tratos, garantíndolles un acollemento de emerxencia mentres se valora a súa situación, se inicia o tratamento ou se efectúa unha derivación a outro dispositivo máis axeitado

Durante a súa estadía no centro as mulleres  contan co apoio e asistencia psicolóxica, xurídica e social.


Horario e contacto
O Centro  está aberto as 24 horas do día.
Teléfono municipal de información 24 horas: 986 293 963.
Enderezo electrónico: centro.de.emerxencia@igualdadebenestar.org

Rede de Mulleres veciñais contra os Malos Tratos

Grupo de mulleres veciñais de Vigo cuxa actividade principal consiste en prestar atención, apoio e acompañamento ás mulleres no proceso de concienciación e ruptura coas situacións derivadas dos malos tratos.

Acceso ao servizo:
Vía telefónica ou acudindo ao local da asociación.

Actuacións xenéricas de apoio ás vítimas dos malos tratos:

  • Denuncia da violencia.
  • Escritos e publicacións en prensa.
  • Presenza na rúa, en xuízos, en xornadas e actos públicos.

Actuacións concretas de atención, información e acompañamento ás mulleres vítimas dos malos tratos:

  • Actuacións nos casos de xuízos.
  • Entregas e recollidas de fillas e fillos.
  • Acompañamento en hospitais ou ante a policía
  • Acompañamento nos casos derivados polo Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.
  • Derivación ao servizo pertinente dos casos que requiran axudas de carácter técnico e/ou profesional.
     

Contacto
Rúa Oliva, 12
36202
VIGO
Teléfono de Atención as Vítimas: 606 929 137 ou 986 222 328
Enderezo electronico: redemediadorasvigo@hotmail.com  

 

  Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

Servizo dependente da Concellaría de Igualdade, previa valoración económica da unidade familiar, o servizo consiste no coidado persoal das fillas e dos fillos menores de doce anos, desde a hora solicitada ata o seu regreso.
A solicitude do servizo de atención ou acompañamento farase cunha antelación mínima de 24 horas, podendo realizarse de xeito individual ou para colectivos.

O acceso será a través da traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

Contacto e horario para solicitar o servizo :
Teléfono: 986 29 39 63. Fax: 986 20 11 53.
Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 e xoves de 15:00 a 18:30 horas.

Operación cofinancidada mediante subvencións a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade. Secretaría Xeral da Igualdade. SI436A – Programa Plan Corresponsables no ámbito local

       

Obxectivos do Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia
O obxectivo principal é contribuír á harmonización da vida laboral profesional e persoal das mulleres, en especial das mulleres vítimas da violencia.
Favorecer a incorporación da muller ao traballo.
Fomentar a formación académica e ocupacional das mulleres.
Potenciar e facilitar a participación das mulleres nas actividades de asociacionismo: ANPAS, movementos veciñais, asociacións veciñais, etc.
Acadar tempo propio e persoal, específico para cada muller.

Documentación necesaria
DNI.
Libro de Familia.
Volante de empadroamento.
Xustificante de ingresos da unidade familiar.
Comprobante do motivo polo que se solicita o servizo.
Outros que poderá solicitar a traballadora social.

Casos e situacións nos que se pode solicitar o Acompañamento
Ampliación da formación persoal (oposicións, cursos, alfabetización, graduado escolar…).
Entrevistas para probas de traballo.
Comparecencia ante calquera administración.
Urxencias: ingresos hospitalarios, accidentes, atención a casos de extrema gravidade mentres non poidan ser resoltos por outros servizos especializados.
Participación nas asociacións de mulleres ou socio-culturais: ampas, sindicatos, asociacións veciñais. Neste caso o servizo será colectivo e o acompañamento realizarase no centro onde as nais realicen a actividade.

Servizo Individual de Atención Domiciliaria
A duración máxima da atención é de 4 horas, de luns a venres entre as 7:00 e as 23:00h.
En ningún caso deixarase ás e aos menores sós.
O acompañamento realizarase na casa da beneficiaria.
O acceso será a través da traballadora social do Centro de Información dos Dereitos da Muller.
Realízase previamente unha valoración económica da unidade familiar, con referencia ao Salario Mínimo Interprofesional, xa que logo varía en función deste.

Servizo Colectivo de Acompañamento
O servizo prestarase no centro onde as nais realicen a actividade.
Deberá dispor dun espazo habilitado e material para o entretemento que pode solicitarse ás ludotecas municipais.
Deberá reunir a condicións de hixiene e seguridade necesarias para atender aos menores.
 
Descarga o folleto

SADI jpg1

 



Casa das Mulleres

A Casa das Mulleres é un espazo utilizado tanto pola Concellería de Igualdade como polas asociacións e colectivos de mulleres da cidade. Nela impártense cursos, realízanse reunións, exposicións e conferencias.

Acceso gratuíto a internet a través de WIFI para as mulleres e colectivos de mulleres que o precisen.

       

Horario:
Permanece aberta de luns a venres de 17:30 a 21:30 horas.

Instalacións:
A Casa das Mulleres conta con tres aulas espaciosas, unha oficina e un almacén-arquivo. Nas súas dependencias desenvólvense programas de actividades organizados desde a concellería por diferentes asociacións de mulleres.

Contacto:
Está na rúa Romil, 20. 36202 VIGO
Telefóno 986 44 21 94
Fax 986 44 21 95

Enderezo electrónico: casadasmulleres@vigo.org

 

 

 
Centro de Documentación e Recursos Feministas

Inaugurado o 25 de marzo de 2010, o Centro de Documentación e Recursos Feministas emprázase na 2ª planta da Biblioteca Central (rúa Joaquín Yañez,6. Casco Vello).

Este centro, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas.

Os fondos desta dotación municipal están integrados por máis de 10.400 títulos, 150 revistas e 970 pezas audiovisuais, dos que moitos están xa fóra do mercado e descatalogados. O seu fondo vai ampliándose ano a ano.

O Centro ofrece os seguintes SERVIZOS:

. Atención directa ou por medios telemáticos
. Consulta de documentación en sala de lectura
. Préstamo a domicilio
. Préstamo interbibliotecario
. Asesoramento documental
. Busca en base de datos
. Actividades de extensión cultural: exposicións, bibliográficas, animación á lectura, charlas, debates, etc.

Horario:
Luns e venres de 10.30 a 13.30
Martes, mércores e xoves de 16.30  a 20.30
Xullo: luns de 9.30 a 13.30 e de martes a venres de 10.00 a 13.30
(no mes de agosto o centro permanecerá pechado)

Enderezo:
Biblioteca Pública Central
R/Joaquín Yañez,6-2º andar (Casco Vello)
36202-Vigo

Contacto:

Teléfono: 986 436 441
enderezo electrónico: centro.documentacion.feminista@vigo.org

Boletíns coas últimas adquisicións:

Boletín 2020-1 Boletín 2021-1 Boletín temático 2022
Boletín 2023-1
Boletín 2020-2 Boletín 2021-2 Boletín 2022-1 Boletín 2023-2
  Boletín 2021-3 Boletín 2022- 2
 Boletín 2024-1
    Boletín especial Día das Escritoras 2022  



 













 
Subir

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100