• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
75 prazas ofertadas para participar no programa Tanto Monta, Monta Tanto
16/02/2011    Máis novas
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que este venres 18 de febreiro, se abrirá o prazo de inscrición para participar na nova edición do programa "Tanto monta, monta tanto", que ten por obxectivo fomentar a corresponsabilidade doméstica e familiar.

A Concelleira salientou que este "Tanto monta, monta tanto" forma parte do cuarto Plan de Igualdade, aprobado no mes de novembro de 2009 polo Concello de Vigo, e está integrado por dous cursos mixtos, un dirixido exclusicamente aos homes e outro para mulleres, todos eles gratuítos e relacionados coa convivencia doméstica. "Pretendemos continuar co programa porque ten moi boa acollida", afirmou. A inscrición pódese facer a través do teléfono 986 810 284 ou na Concellería de Igualdade do Concello de Vigo (primeiro andar).

Respecto ao curso destinado aos homes, a concelleira de Igualdade explicou que está centrado nos saberes e faceres domésticos, "para que non haxa ningún home que poña como escusa 'eu non sei'". Haberá 15 prazas, será impartido por profesorado especialista e terá lugar na Aula Sísifo de Formación, os martes e xoves, do 10 de marzo ao 12 de maio. O curso dirixido ás mulleres está relacionado coas actividades desenvolvidas maioritariamente por homes, como reparacións domésticas básicas e o seu número de prazas é de 20. Impartirase no CIFP Valentín Paz Andrade, os martes e xoves, de 18 a 21 horas do 15 de marzo ao 10 de maio.

No tocante aos cursos mixtos, un estará dedicado á comunicación e outro ao coidado das persoas dependentes. O curso "Podo comunicarme mellor" desenvolverase os luns e mércores do 14 de marzo ao 11 de abril na Casa das Mulleres. O que tratará sobre o coidado das persoas dependentes será os martes e xoves, do 17 de marzo ao 3 de maio, no Centro de Estudos de Povisa.

Inscricións: O prazo de inscrición comeza o venres 18 de febreiro
A inscrición realizarase na Concellería de Igualdade, de luns a venres de 8,00 a 15,00 a través do teléfono 986 810 284 ou persoalmente.

Requsitos: ser maior de idade, estar empadroado/a no Concello de Vigo e inscribirse nun curso que non fixera con anterioridade.
As prazas concederanse por orde de inscrición agás nos cursos mixtos que se asingnarán as prazas de forma equitativa entre as mulleres e os homes inscritos.

Mais información sobre os cursos no arquivo adxunto:

ARQUIVOS ADXUNTOS:
tanto_monta2011.pdf  577 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100