• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Novas |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Novas
Inaugurado o Centro de Documentación e Recursos Feministas 26/03/2010 Máis novas Onte foi inaugurado o Centro de Documentación e Recursos Feministas polo Tenente de Alcalde, a concelleira de Igualdade e o concelleiro de Cultura. O Centro emprázase na 2ª planta da Biblioteca Central (rúa Joaquín Yañez,6. Casco Vello) Este centro, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas. Recolle a documentación recompilada pola extinta asociación "GECM-Alecrín" desde os anos 80 e o fondo documental xerado pola concellería de Igualdade. Os fondos da nova dotación municipal están integrados por 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais, dos que moitos están xa fóra do mercado e descatalogados. No acto inaugural, a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, agradeceu ao Consello Municipal da Muller, por decidir que a sala da Biblioteca recibise o nome de Centro de Documentación e Recursos Feministas así como a todas as mulleres que dun xeito individual ou colectivo contribuíron coas súas achegas. ARQUIVOS ADXUNTOS: |