Novas
Presentacion do libro "1325 mujeres tejiendo la paz"
15/04/2010 Máis novasO Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente da Concellería de Igualdade, acollerá a presentación do libro “1325 mujeres tejiendo la paz” o vindeiro xoves 22 de abril ás 20,00 h.
Este libro, da Fundación Cultura de Paz (CEIPAZ), está dirixido por Manuela Mesa Peinado.
No acto contaremos coa presenza de Dª Iolanda Veloso Ríos, concelleira de Igualdade, Dª Laura Alonso Cano, autora e coordinadora do proxecto en CEIPAZ e con Dª Elvira Landín Aguirre, integrante do Seminario Galego de Educación para a Paz.
Texto traducido, extraído da portada do libro:
“O libro pretende difundir a Resolución 1325 sobre o papel das mulleres na construción da paz que foi aprobada no ano 2000 polo Consello de Seguridade de Nacions Unidas. E faino a partir de historias de vida de mulleres que traballaron e traballan pola paz. Mulleres relevantes que buscaron respostas creativas aos problemas de violencia no mundo, que innovaron nas súas formas de traballar, que contribuíron a configurar novas visións. A súa brillantez e sabiduría e a súa fortaleza e rebeldía ante a inxustiza despertan a admiración e dannos esperanzas no futuro. É un alegato pola vida, pola utopía, por crear un mundo máis pacífico que mobilice e impulse á acción”. Máis información en: www.1325mujerestejiendolapaz.org
Dada a importancia que para a Concellería de Igualdade ten dar a coñecer a resolución 1325, así como os contidos do libro, durante a semana do 19 ao 23 de abril, esta concellería doará un exemplar do libro “1325 mujeres tejiendo la paz” aos centros públicos de ensino secundario así como a todas as bibliotecas da cidade.
Este acto organízase con motivo da celebración do día do libro o 23 de abril.
Lugar:
Centro de Documentación e Recursos Feministas:
Biblioteca Pública Central
R/ Joaquín Yáñez, 6-2º andar (Casco Vello)
Data e hora:
xoves 22 de abril, ás 20,00 h.