• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
O centro de Documentación Feminista agasallará cun libro as persoas que visiten as instalacións do 19 ao 23 de abril
19/04/2010    Máis novas

Con motivo da celebración o día 23 de abril, do Día do Libro, o Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, que depende da Concellería de Igualdade, agasallará cun libro ás persoas que durante os días 19 e 23 de abril se acheguen a visitar as instalacións.

O horario do Centro, que está ubicado na Biblioteca Central, é de luns a venres de 10 a 14 horas e de martes a venres de 16 a 20 horas.


O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas. Este centro recolle a documentación recompilada pola extinta asociación "GECM-Alecrín" desde os anos 80 e o fondo documental xerado pola Concellería de Igualdade de Vigo.


Enderezo: rúa Joaquín Yañez, 6-2º andar (Casco Vello)

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100