• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Constituída en Vigo a Mesa de coodinación para a mellora da atención a vitimas de violencia de xenero
10/05/2010    Máis novas
O xoves 6 de maio a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presidiu a constitución da Mesa de Coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero. Na reunión estiveron representados os seguintes organismos: Subdelegación do Goberno, Xulgado de Violencia sobre a Muller, Colexio de Avogados/as, Policía Nacional ,Policía Local a través da EVAP, o Centro de Emerxencia e a Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller.

A Concellería de Igualdade, co impulso da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, puxo en marcha a Mesa de coordinación para a mellora da atención a vítimas de violencia de xénero, co propósito de coordinar ós/ás máis importantes axentes xurídicos, administrativos e sociais que traballan directamente coa problemática da violencia de xénero en Vigo.

A abordaxe da problemática a partir do punto no que se atopa a realidade actual require un impulso dos recursos existentes, e ese é o obxectivo.
Estas mesas xa se están a formar noutras cidades de Galicia, e a súa utilidade está a ser moi frutífera.
Os cometidos da mesa, entre outros que se vaian formulando, son: a análise da incidencia da violencia de xénero no municipio; a avaliación da efectividade das intervencións nos distintos eidos, e a procura da mellora destas cando sexa posible; a realización de propostas de actuación conxunta entre os servizos implicados para a consecución dos obxectivos; protocolarizar os criterios básicos de coordinación entre todas as institucións en aras dunha total eficacia na actuación conxunta, a elaboración e aprobación de propostas e plans de actuación, e o seguimento dos acordos adoptados.
Pretendemos que os/as axentes que interveñan nela se involucren directamente na mellora da situación da muller maltratada en Vigo, dende as súas parcelas e capacidades, co fin de acadar unha realidade máis xusta, comprometéndose de forma real cos fins para os que se crea esta mesa.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100