• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Presentado o novo espazo web sobre Violencia de Xénero
02/06/2010    Máis novas
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este martes a nova web que este departamento vén de poñer en marcha sobre a violencia de xénero, www.igualdadevigo.org/violencia. A edil destacou que esta nova ferramenta ten o obxectivo de achegar os recursos municipais e fomentar a comunicación coa cidadanía.






A web comeza cun atlas dos recursos que existen en Vigo sobre violencia de xénero, así como cos distintos teléfonos de emerxencias a disposición das vítimas. No menú da esquerda é posible acceder a información de interese, lexislación tanto autonómica como estatal, novas de prensa, enlaces, publicacións, asesoramento e solicitude de citas on line, e buzón de suxestións, entre outros apartados.

Tanto a utilización do asesoramento on line como da solicitude de citas e o buzón de suxestións é posible facelo en cinco linguas, galego, castelán, inglés, francés e chinés. Segundo a concelleira nacionalista, o obxectivo desta iniciativa consiste en "facilitar a información ás mulleres inmigrantes".

No obxectivo de potenciar a comunicación coa Concellería de Igualdade destacou na web o observatorio da igualdade, como "espazo para que a cidadanía poida denunciar as situacións de violencia de xénero". Explicou que esta ferramenta fará a recepción, canalización e investigación das circunstancias transmitidas, así como a "formulación de propostas para modificar esas condutas a través da análise das desigualdades detectadas", indicou.

En resposta aos medios, Iolanda Veloso sinalou que ao longo do 2009, un total de 957 mulleres foron atendidas no Centro de Información da Muller, que deron lugar a case 600 consultas. Deses 957 casos, 296 estaban sufrindo malos tratos, mentres que o resto acudiron ao centro por diversas razóns, como consultas legais ou asesoramento sobre os menores.

"Estas cifras dan a idea da necesidade de información que existe. Pensamos polo tanto que hai moitas mulleres que en situación de violencia que poden beneficiarse desta ferramente", comentou a concelleira.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100