Novas
Certame de carteis 25 de novembro
02/09/2010 Máis novasCONCURSO DE CARTEIS “25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”. Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas.
O Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo queremos fomentar unha maior implicación social, para que a nosa sociedade deixe de esconder, escusar e ignorar a violencia machista e tome non só conciencia acerca deste problema co obxecto de que redunde nun cambio de actitudes, sendo non tolerantes coas condutas violentas cara á muller só polo feito de selo, senón tamén que propicie unha activa implicación. Por este motivo convócase un certame de carteis sobre o 25 de novembro “Día internacional en contra da violencia de xénero”
Consulta as bases no seguinte arquivo:
ARQUIVOS ADXUNTOS:
bases_difusion.pdf 175 KB
folleto.pdf 248 KB