• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
O Consello Municipal da Muller solicitará o ingreso de María Xosé Queizán na Real Academia Galega
17/09/2010    Máis novas
O Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada o 14 de setembro acordou solicitar o ingreso de María Xosé Queizán Vilas na Real Academia Galega. Para a consecución deste acordo constituirase unha comisión no seo do consello que teña por finalidade reunir os numerosos méritos da escritora e apoiar a súa candidatura de ingreso na Real Academia Galega.

María Xosé Queizán é escritora, catedrática de Lingua e Literatura Galega e unha figura relevante no movemento feminista. Forma parte do Consello municipal da muller desde a súa constitución no ano 1993 como representante da organización feminista FIGA. O Consello Municipal da Muller salienta que é unha destacada feminista galega cun activismo que se reflicte tanto na súa actividade social como na literaria, e con suficientes méritos literarios como para formar parte da Real Academia Galega.

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, explicou que o Consello valorou tamén a necesidade de acadar unha maior representación das mulleres na Real Academia Galega xa que agora mesmo só hai 4 mulleres académicas, logo do falecemento o pasado 5 deste mes de Olga Gallego Domínguez. "María Xosé Queizán ten méritos abondos para contribuír á loita pola igualdade tamén dentro do ámbito académico", afirmou a concelleira.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100