• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Comeza o ciclo Faladoiros dos libros no Centro de Documentación e Recursos Feministas
20/09/2010    Máis novas
No seo do ciclo “Faladoiros dos libros” do CDRF, da Concellería de Igualdade, o 23 de setembro ás 19.00h, terá lugar o acto de presentación do libro “Violencias (in)visibles: Intervenciones feministas frente a la violencia patriarcal”. .

No acto contaremos con Dª Carme Adán Villamarín, como presentadora, con Dª Belén Martín Lucas, editora do libro, e con varias das autoras do mesmo.
A violencia sexista ten moitas formas e manifestacións, pero todas elas teñen a súa orixe no pensamento patriarcal. Este libro analiza as manifestacións da violencia sexista cun dobre obxectivo: expoñer esa violencia persistente e cotiá que afianza as representacións misóxinas en cada acto das nosas vidas e avaliar a eficacia de varias interpretacións feministas na contrución dunha cultura igualitaria

Data: 23 de setembro
Hora: 19.00 h
Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo (CDRF)
R/ Joaquín Yañez, 6-2º andar
36202 Vigo
T. 986 22 90 74

ARQUIVOS ADXUNTOS:
FALADOIRO_LIBRO___VIOLENCIAS_(IN)VISIBLES.doc  195 KB

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100