Novas
Certame de micro vídeos do Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade
01/10/2010 Máis novasCon motivo da celebración do Día internacional contra a violencia de xénero que se conmemora o día 25 de novembro, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan o concurso de micro vídeos “Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas”.
Este concurso pretende concienciar a toda a sociedade acerca da violencia machista e fomentar unha maior implicación social para que non se esconda, non se escuse e non se ignore a violencia de xénero.
Este concurso consta dunha única modalidade (vídeos en lingua galega que non superen os 3 minutos de duración) dotada con 1 premio e dous accésit.
Clic aquí para PARTICIPAR!
ARQUIVOS ADXUNTOS:
bases_concurso_microvideos.pdf 90 KB