• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Aberto o prazo para participar no curso de nanas
02/11/2010    Máis novas
Os servizos de Igualdade e Normalización Lingüistica do Concello de Vigo abren o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto:

“Curso de Nanas.Contos de berce, arrolos, nanas.... práctica, valores e composición”, dirixido a futuros pais/nais e a homes e mulleres que teñen fillas/os menores dun ano.


.- Este curso tratará o achegamento a dez nanas galegas cantadas por Uxía Pedreira, con explicación sociolóxica e práctica de grupo.

.- Tratarase tamén o significado da voz e o seu poder emocional tanto no útero como nos primeiros anos da vida.

.- Na fin de curso, pais e nais compoñerán a súa propia canción de arrolo.

Duración: 4 horas
.
Data: mércores 10 e xoves 11 de novembro
Horario: 17,30 a 19,30 h
Inscricións: as persoas interesadas deberán poñerse en contacto co servizo de Igualdade, a través do teléfono 986 810 284 en horario de 8,30 a 14,30 h, ou ben acudir persoalmente á oficina, emprazada na 1ª planta da Casa do Concello. Praza do Rei s/nº.

O período de inscrición abrangue desde o 29 de outubro ata o 8 de novembro (ambos incluídos).
Lugar de realización: Casa das Mulleres (rúa Romil, 20).

Prazas limitadas

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100