Publicacións
Compilación de todos os servizos e recursos sociais públicos, ou dependentes de asociacións, destinados a mulleres en Vigo. ( 70 páxinas, 274 Kb)
Tedes nas vosas mans a segunda publicación da colección nós mesmas da Concellería
da Muller do Concello de Vigo. Coa elaboración e publicación da Guía de Servicios
e Recursos para Mulleres de Vigo levamos a cabo unha das medidas consideradas
no “1º Plan de Acción Municipal para combater a violencia contra as mulleres,
2000-2003”, co que se inaugurou a colección.
A cotío, na nosa cidade, moitas mulleres viven situacións de discriminación, de exclusión
social, de violencia... Todas e todos somos responsábeis. Temos a obriga de tomar
as medidas necesarias para apoiar as víctimas de hoxe e evitar máis víctimas
no futuro.
Na nosa cidade contamos cunha serie de servicios e recursos sociais, de carácter público
ou dependentes de asociacións, que non son suficientemente coñecidos e utilizados.
A finalidade desta guía é proporcionar esa información para conseguir unha
maior e mellor utilización dos recursos e servicios existentes.
Pretendemos, pois, ofrecer un instrumento útil para todas aquelas persoas que, desde
o labor profesional ou desde un colectivo social, traballades a prol da dignidade e
da liberdade das mulleres, compartindo con Concepción Arenal a idea de que “a
sociedade non pode, en xustiza, privar do exercicio honrado das súas facultades a
metade do xénero humano”.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
guia.pdf 290 KB