• 8 de Marzo
Día Internacional da Muller • 25 de Novembro Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller |
||
Novas |
Web Concellería
Web Violenciade Igualdade de Xénero Violencia Sexual na Xuventude |
Novas
Inaugurada a exposición "Non só doen os golpes" 16/11/2010 Máis novas Onte, 15 de novembro de 2010, a concelleira de Igualdade Iolanda Veloso, xunto con membras do Consello Municipal da Muller, inauguraron a exposición fotográfica "Non so doen os golpes" de Pamela Palenciano, na Escola Oficial de Idiomas. A concelleira destacou que esta mostra, incluída na programación dos actos do Día internacional contra a violencia de xénero e que poderá visitarse ata o 29 de novembro, ten o obxectivo de "sensibilizar á cidadanía sobre este problema que causa demasiadas mortes no noso país e situacións moi duras na nosa cidade". Iolanda Veloso afirmou que é dunha exposición "sumamente interesante polo seu enfoque sobre a violencia de xénero, dende a propia experiencia vital da autora". Partindo do lema que centra o 25 de novembro "Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas", explicou que a mostra está integrada por 46 imaxes distribuídas en 7 fases que marcan os principais momentos que atravesan as mulleres que sofren a violencia machista. ARQUIVOS ADXUNTOS: |