Novas
Servizos técnicos para a implementación de plans locais de igualdade
30/11/2010 Máis novasO Instituto da Muller, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias, como entidade comprometida coas políticas de igualdade de xénero, no marco do convenio de colaboración subscrito entre ambas as dúas entidades, pon en marcha un proxecto de Servizos técnicos para a implementación de plans locais de igualdade.
Este proxecto ten como finalidade a realización de programas e actividades dirixidos a fomentar a implementación de plans de igualdade nas entidades locais.
Preténdese impulsar a actuación local en materia de igualdade entre mulleres e homes, facilitándolles aos equipos políticos e técnicos dos municipios participantes, unha metodoloxía homoxénea que contribúa a asegurar a elaboración, implementación e seguimento dos seus plans de igualdade.
Entre as súas actividades teñen previstas:
- 5 xornadas de información e sensibilización, que terán lugar en 5 puntos da xeografía española, co fin de cubrir o maior territorio posible á hora de facilitar a participación nelas do maior número posible de municipios.
- 16 accións formativas, 8 para aquelas persoas das entidades locais que se atopen en proceso de elaboración dos seus plans de igualdade, e 8 para as persoas daquelas entidades que se atopen en fase de implementación e avaliación dos seus plans.
- Un servizo de acompañamento e asesoramento ás entidades participantes para apoialas no desenvolvemento da fase de desenvolvemento do plan de igualdade no que se atopen.
No seguinte enlace poderás atopar unha información máis detallada sobre este proxecto, así como a posibilidade de inscribirte nas xornadas e formacións previstas:
web do proxecto!!
ARQUIVOS ADXUNTOS:
folleto_con_fondo_v2_def_Vigo.pdf 284 KB