• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
Implicadas no Desenvolvemento presenta a CAMPAÑA 1 DE 200
10/12/2010    Máis novas
A CANTANTE UXÍA E IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO PRESENTAN A CAMPAÑA 1 DE 200:
200 PERSOAS PODEN ERRADICAR O INFANTICIDIO FEMININO

A ONG Implicadas no Desenvolvemento convoca o vindeiro 11 de decembro ás 11.30 horas, no Centro Sociocomunitario do Calvario (R/ Numancia nº 3) unha rolda de prensa para presentar ós medios a campaña 1 de 200, na que colabora a concellería de Igualdade.
A presentación correrá a cargo da cantante Uxía; e Iolanda Veloso, Concelleira de Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Vigo ademais de María Reimóndez e Blanca Rodríguez, Presidenta e Secretaria, respectivamente, de IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO.

Tras este primeiro encontro cos medios, ás 12.00 horas no exterior do Mercado do Calvario Uxía animará á cidadanía a facerse socias e socios. A organización sorprenderá á cidadanía cun flashmob de muiñeira.
1 de 200 ten como obxectivo que antes do mes de xuño 200 persoas se asocien a Implicadas para que a organización continúe o seu traballo de loita contra a discriminación e a violencia de xénero, en concreto en contra do fenómeno do infanticidio feminino en Salem, no sur da India. O infanticidio feminino é unha práctica pola cal as comunidades toleran que se asasine ás nenas cando acaban de nacer. O traballo de Implicadas en Salem dende 2007 contribuíu a que máis de 900 nenas non perdesen a vida, ademais de mellorar as condicións de vida de máis de 10.000 mulleres. Agora precisa 200 novas socias e socios para poder continuar co seu traballo.
Implicadas no Desenvolvemento desenvolveu diferentes actos de lanzamento da campaña en Santiago (onde o actor Luís Tosar amosou o seu apoio á iniciativa facéndose socio e participando como voluntario) e Lugo, coa colaboración dun grupo de ilustrador@s de recoñecida traxectoria. Tras Vigo, tocaralle a quenda a Pontevedra e A Coruña .



imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100