• 8 de Marzo
   Día Internacional da Muller

• 25 de Novembro
   Día Internacional da eliminación
   da Violencia contra a Muller
vinetaNovas  
Web Concellería
de Igualdade
Web Violencia
   de Xénero
Violencia Sexual
na Xuventude

Novas
CAMPAÑA PARA FAVORECER UN USO NON SEXISTA DOS XOGUETES
21/12/2010    Máis novas
A concelleira de Igualdade e Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este luns unha nova edición da campaña para favorecer o uso non sexista de xogos e xoguetes, baixo o lema "Regala/Comparte igualdade".

A campaña "Regala/Comparte Igualdade" promovida polas concellerías
de Igualdade e Xuventude do Concello de Vigo persegue sensibilizar á
cidadanía fronte ao uso sexista que se está a facer dos xogos e xoguetes. Dirixímola ás/aos axentes socializadores como a familia, a escola, os medios, e as xogueterías e as superficies comerciais, pois durante todo o ano familiares e amizades mercan xoguetes con motivo de múltiples celebracións: aniversarios, Nadal, santos,fin de curso, etc. O xogo é unha das actividades máis importantes da infancia, é a forma natural de medrar e de aprender. A través do xogo imítanse condutas, transmítense valores, modelos de comportamento, actitudes, etc., que van configurando a educación que reciben as nosas fillas e fillos. Sabemos que todo isto é determinante para a formación e o desenvolvemento da súa personalidade , e para a construción da súa identidade como home ou como muller na sociedade na que van vivir.

A idades moi temperás (0 a 3 anos) nenos e nenas xogan indistintamente
con diversos tipos de xoguetes que pouco tempo despois uns e outras
descartan por consideralos doutro sexo, perdendo cada un deles e delas a
oportunidade de aprender novas capacidades que lles favorezan a
convivencia entre sexos, e as e os enriquezan como persoas. Este cambio
prodúcese normalmente a partir dos 3 anos, coa incorporación na escola
e coa asignación de roles e estereotipos diferenciados para nenos e nenas.
Como se quere mostrar na imaxe elixida para esta campaña calquera xogo
ou xoguete pode utilizarse indistintamente para nenos como para nenas,
polo que ningún dos axentes socializadores citados deberían etiquetalos
segundo sexa o agasallo para unha nena ou para un neno.

imagen agenda
Síguenos en:
Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en Youtube Síguenos en Flickr
Máis novas
Máis convocatorias
fondo
© Concello de Vigo. 2008
Praza do Rei nº1-36202-Vigo
Tel.:986 810 100