Novas
XORNADAS SOBRE A IMPLEMENTACIÓN DE PLANS LOCAIS DE IGUALDADE
03/02/2011 Máis novasOs días 7 e 8 de febreiro, o Centro Cultural Novacaixagalicia acollerá una xornada informativa e formativa sobre a implementación de plans locais de gualdade.
Esta actividade está organizada polo Instituto da Muller e a Federación Española de Municipios e Provincias, e ten como finalidade a realización de programas e actividades dirixidas a fomentar a implementación de plans de igualdade nas entidades locais.
Con este proxecto preténdese impulsar a actuación local en materia de igualdade entre mulleres e homes, facilitándolles aos equipos políticos e técnicos dos municipios participantes, unha metodoloxía homoxénea que contribúa a asegurar a elaboración, implementación e seguimento dos seus plans de igualdade.
Pódese obter máis información do proxecto e enviar o formulario de inscrición a través dos seguintes enlaces:
web do proxecto:http://www.planesigualdad.likadi.com/proyecto.html
Descargar programa e inscrición: http://www.planesigualdad.likadi.com/vigo.html